Trécola Producións

Trécola Producións Titiriteirxs. Tras vinte anos de traxectoria falece Fernanda Cabrera, peza fundamental da compañía e a historia do títere en Galicia.

Facemos teatro, con marionetas e sen elas, pantomima, clown, contacontos, obradoiros... Tamén temos un taller artesán: construcción de bonecos, mecanismos, escenografías, autómatas, carpintería metálica e de madeira, feltrado, costura, .. Trécola fórmase como compañía profesional no ano 1981, da man de Fernanda Cabrera Varela e Rafael Vázquez Núñez, recuperando a tradición dos títeres e marionet

as de fíos para Galicia coa obra “Teatriño de Feiras" estreada en Solláns o Día das Letras Galegas do ano 1982. Dende o principio foi unha compañía que traballou por elevar a categoría artística dos títeres e obxectos como protagonistas dentro da dramaturxia. Déixanos a herdanza da definición dun estilo e estética vencellada ao arte contemporáneo e iniciativas de desenvolvemento profesional e dinamización cultural, ademáis de actividades de solidaridade no oficio como foron os chamados “Domingos de Furabolos” ou os “Encontros dos Titiriteiros Galegos”. Con esta idea, a compañía sigue adiante en mans de Rafael Vázquez e máis Ero Vázquez Cabrera, creando unha serie de espectáculos baseados no Teatro en Negro con títeres e obxectos. A partires do ano 2006, Ero Vázquez Cabrera faise cargo da compañía xunto a Isa García Coldeira renacendo con novos proxectos sen esquecer as creacións xa existentes. Na súa experimentación sobre a base do Teatro en Negro crean “Historias de Títeres”, unha obra de guiñol representada sen telón que cubra titiriteir@s, sendo est@s invisibles. Tamén xogando coa iluminación e marionetas xigantes destacamos “Turandot, a princesa de xeo” creada en colaboración coa Asociación Lírica de Galicia , “Traxicomedia de Calixto e Celestino” con bonecos de bocón e varilla, “O agasallo de Anya”, “Tolitates” pantomima con títeres e obxectos, "Show de Barallocas" pantomima de actor e obxectos.. Esta segunda xeración da compañía estrea máis de vinte montaxes actuando en Teatros, Auditorios, Casas de Cultura, Bibliotecas, Festivais de Títeres, Colexios, Salóns de Actos, Prazas…
No ano 2020, crean unha serie de autómatas, nove pezas deseñadas e construídas artesanalmente baixo o nome de Xirapaus, uníndose neste proxecto Manu Taboada, xogueteiro artesán dende 2010. Trécola sigue a tirar do fío dunha proposta estética baseada nunha contínua labor de creación, experimentación e de produción de taller, con medios propios e unha clara filosofía de autoprodución. OBRAS
1982 Teatriño de Feiras
1982 A sombra da carabá
1983 A guerra das Galixias
1984 Nº8 Rúa dos contos
1985 Erro and Surprise
1987 Yunnila
1988 Viaxedubi
1989 Quén Rí?
1990 The Piccole Theatre Vagamundi
1991 O incrible caso do Dr. Mario Netten
1993 Maltraste
1994 La vaca Palmira
1995 O vello que quería velo tren
1995 O pasmón peatón
1996 Gorgorín e Cabezón
1998 Gus, un guiñol con moito gas
1999 El carro de Talía (con Yheppa Títeres)
1999 As cousas de Nisi
2000 Tartarín de Tarascón
2001 Klee
2004 T’am
2006 El Anónimo (con Mundo Piruleta)
2007 A verba que escomenza
2008 Historias de títeres
2008 Canle segredo
2009 Lolo e a Ratoa
2010 Cuarteto de Corda
2011 As mil e unha noites
2012 Traxicomedia de Calixto e Celestino
2013 Turandot, A princesa de xeo (coa Asociación Lírica de Galicia)
2014 O carro dos títeres (coa Asoc. Cultural Chimchiribote)
2014 Nimbos
2014 As tres Raíñas Magas (coa Asociación Cultural Chimchiribote)
2016 Monólogos
2017 O agasallo de Anya
2017 Gaela de Breana e a sua Viaxe
2018 Xogo revolto
2018 Gaela quere ser druida
2018 Tolitates
2019 Gaela de Breana no bosque animado
2019 Contos da Lúa
2020 Show de Barallocas
2020 KINETIKO Exposición de autómatas
2021 Saga de Flin Havardr

Hoxe estamos con KINETIKO no Castelo de Vimianzo 🤩   Concello de Vimianzo Culturactiva S. Coop. Galega
05/09/2026

Hoxe estamos con KINETIKO no Castelo de Vimianzo 🤩 Concello de Vimianzo Culturactiva S. Coop. Galega

Mañá ás seis da tarde falamos de soños na Biblioteca Municipal de Lalín 🤩 Contos da Lúa para nenas e nenos de 3 a 9 anos...
02/09/2026

Mañá ás seis da tarde falamos de soños na Biblioteca Municipal de Lalín 🤩 Contos da Lúa para nenas e nenos de 3 a 9 anos. 🌙

O vindeiro sábado voltamos con KINETIKO á Costa da Morte 🤩Vimianzo Mola Concello de Vimianzo Culturactiva S. Coop. Galeg...
31/08/2026

O vindeiro sábado voltamos con KINETIKO á Costa da Morte 🤩
Vimianzo Mola Concello de Vimianzo Culturactiva S. Coop. Galega

Onte estivemos con Pituquito nun lugar privilexiado 🥰 Lumaxu, ou Tsumaxu agora que sabemos pronunciar a ts vaqueira 😍, e...
30/08/2026

Onte estivemos con Pituquito nun lugar privilexiado 🥰 Lumaxu, ou Tsumaxu agora que sabemos pronunciar a ts vaqueira 😍, en Villablino, a tres horas a pe dese pico que se ve desde o que se pode divisar a costa astur, ao outro lado está Somiedo 🤩 Marabilla de aldea e marabilla de público de todas as idades. Grazas 🤗

Hoxe máis de cen persoas viñeron visitar Kinetiko e desfrutar das súas historias no   😍 Concello de PontecesoE por supos...
28/08/2026

Hoxe máis de cen persoas viñeron visitar Kinetiko e desfrutar das súas historias no 😍 Concello de Ponteceso
E por suposto nós aproveitamos para desfrutar da colección do espazo 🥰 do mar e da xente fermosa
Culturactiva S. Coop. Galega

🥳🥳🥳
27/08/2026

🥳🥳🥳

Endereço

Pol
27270

Notificações

Seja o primeiro a receber as novidades e deixe-nos enviar-lhe um email quando Trécola Producións publica notícias e promoções. O seu endereço de email não será utilizado para qualquer outro propósito, e pode cancelar a subscrição a qualquer momento.

Entre Em Contato Com O Negócio

Envie uma mensagem para Trécola Producións:

Atalhos

Compartilhar