Asociación Galega en Irlanda

Asociación Galega en Irlanda Contact information, map and directions, contact form, opening hours, services, ratings, photos, videos and announcements from Asociación Galega en Irlanda, Cultural Center, Cabra.

A Asociación Galega en Irlanda - Galéire, ten como obxetivo promover, preservar e difundir a cultura galega en Irlanda.
------------------------------
Tá sé mar aidhm ag Asociación Galega en Irlanda - Galéire cultúr na Gailíse a chur chun cinn in Éirinn.

Voltamos para activarnos despois do descanso de verán!Que ganas tiñamos de voltar á pista de baile. Desta vez facémolo d...
30/08/2026

Voltamos para activarnos despois do descanso de verán!

Que ganas tiñamos de voltar á pista de baile. Desta vez facémolo de novo coa colaboración de Balfolk Dublin , con quen nos xuntamos a principios de ano e organizamos unha sesión de baile das máis bonitas da historia da asociación. Que sorte contar de novo co noso marabilloso profesor de baile e gaiteiro Samuel e as nosa pandereteira Raquel.

Todos os niveis son benvidos!!

Obradoiro de Baile Galego
Profesor Samuel Blanco
Sábado 5 de Setembro
De 16:00 a 18:00h.
The Hendrick Dublin Smithfield
Doazóns máis que benvidas!

Vinde e, por suposto, compartide!!!
Grazas por adiantado a Balfolk, Samuel e Raquel!

Go raibh míle maith agat

-------------------------------------------------------------------------

We're back after the summer break!

We couldn't wait to get back on the dance floor. This time we're doing it again in collaboration with Balfolk Dublin, who we teamed up with at the beginning of the year to organize one of the most beautiful Galician dance sessions in the history of the association. How lucky we are to have our wonderful dance teacher and piper Samuel and our tambourine player Raquel with us again.

All levels are welcome!!

Galician Dance Workshop
Teacher Samuel Blanco
Saturday, September 5th
From 4:00 PM to 6:00 PM
The Hendrick Dublin Smithfield
Donations more than welcome!

Come along and, of course, please share!!!
Thanks in advance to Balfolk, Samuel and Raquel!

Go raibh míle maith agat

21/06/2026

Hoxe festexamos o San Xoán adiantado en Irlanda 🇮🇪🔥
Pasamos unha tarde chea de xogos, boa comida, conversas e moitas risas. Tampouco faltaron as tradicionais herbas de San Xoán, mantendo viva unha das nosas tradicións máis especiais lonxe da terra.
Porque, esteamos onde esteamos, sempre levamos un anaquiño de Galicia connosco. 🩵

Xa está aquí o noso San Xoán! 🌞🔥Hai celebracións que saben a verán. E para nós, o San Xoán é unha delas. Este ano xuntar...
05/06/2026

Xa está aquí o noso San Xoán! 🌞🔥

Hai celebracións que saben a verán. E para nós, o San Xoán é unha delas.

Este ano xuntarémonos para compartir risas, tradicións e unha tarde especial á beira do mar. Traede ganas de pasalo ben e, se podedes, algunha herba de San Xoán para facer o noso ritual. 🌿✨

Haberá historias, xogos, conversas, mar, sol (agardemos!) e todo o que fai especiais os encontros de Galéire.

📅 Domingo 21 de xuño
🕜 13:30 h
📍 Sandymount Beach

Porque non hai mellor maneira de celebrar o día máis longo do ano que facéndoo en boa compañía. 🌅

⚠️ A actividade dependerá da meteoroloxía, así que enviádelle boas enerxías ao ceo irlandés! ☘️☀️

Agardámosvos! 🩵

———————————————————————————

Our San Xoán celebration is here! 🔥🌞

Some celebrations simply feel like summer. And for us, San Xoán is definitely one of them. ✨

This year, we’ll come together to share laughter, traditions, and a special afternoon by the sea. Bring your good vibes and, if you can, some traditional San Xoán herbs for our ritual. 🌿💫

There will be stories, games, chats, the sea, sunshine (hopefully! 🤞), and everything that makes Galéire gatherings so special.

📅 Sunday, 21 June
🕜 1:30 PM
📍 Sandymount Beach

There’s no better way to celebrate the longest day of the year than sharing it together. 🌅

⚠️ The event will be weather-dependent, so let’s send some good energy to the Irish skies! ☘️☀️

We can’t wait to see you there! 🩵

Así festexamos o Día das Letras Galegas en Irlanda ☘️ Foi unha xornada chea de cultura, música e tradición na que compar...
19/05/2026

Así festexamos o Día das Letras Galegas en Irlanda ☘️

Foi unha xornada chea de cultura, música e tradición na que compartimos lecturas de Begoña Caamaño, xogos e contacontos para a rapazada, un obradoiro de pandeireta e moitos momentos especiais.

Contamos tamén coa colaboración do grupo .galaico , que tocou xunto coas nosas pandereteiras e gaiteiros da asociación, facendo que a festa rematase como mellor sabemos: cantando e bailando xunt@s!

Grazas a todas as persoas que colaborastes e viñestes ata o .community.centre celebrar connosco a nosa lingua e cultura tan lonxe da terra. 🩵

Ata a próxima!
💙

Día das Letras Galegas en Dublín O domingo 17 de maio celebramos a nosa lingua e cultura!Comezamos ás 11:00 🕚📍 Sandymoun...
05/05/2026

Día das Letras Galegas en Dublín

O domingo 17 de maio celebramos a nosa lingua e cultura!

Comezamos ás 11:00 🕚
📍 Sandymount Community Centre

Desfrutaremos de:
🎲 Xogos
📖 Contacontos
✍️ Lecturas de Begoña Caamaño
🥁 Obradoiro de pandeireta
🎶 Música e foliada

Un encontro para compartir tradición, literatura e festa 🩵

Agardámoste!

————————————————————————————

Galician Literature Day

On May 17th, we celebrate Galician language and culture!

Starting at 11:00 🕚
📍 Sandymount Community Centre

Enjoy:
🎲 Games
📖 Storytelling
✍️ Readings of Begoña Caamaño
🥁 Tambourine workshop
🎶 Music and traditional “foliada”

A gathering to share tradition, literature and celebration 🩵

We look forward to seeing you!

Feliz Día dos Maios dende Irlanda! 🌼🌿Esta tradición galega, chea de flores, coplas e vida, lembra a nosa fonda conexión ...
01/05/2026

Feliz Día dos Maios dende Irlanda! 🌼🌿

Esta tradición galega, chea de flores, coplas e vida, lembra a nosa fonda conexión coa terra e coa chegada da primavera en Galiza.

Aquí, entre paisaxes verdes e a cultura celta irlandesa, vese con claridade o paralelismo co festival de Beltane, que celebra tamén o inicio da metade luminosa do ano, a fertilidade da terra e o espertar da natureza 🌼🔥

Irlanda e Galiza comparten ese vínculo profundo coa natureza e cos antigos ciclos da primavera, onde a terra renace e todo se enche de vida.

Que nunca falten as flores, nin a memoria da nosa terra! 🩵

Onte tivemos a sorte de asistir ao evento do Día do Libro organizado polo Instituto Cervantes 📚🌹✨ Un planazo para celebr...
24/04/2026

Onte tivemos a sorte de asistir ao evento do Día do Libro organizado polo Instituto Cervantes 📚🌹✨ Un planazo para celebrar a cultura!

Encantounos escoitar a Cynthia Menéndez , Xavier Mas Craviotto e Nicole Flattery . Unha mistura preciosa de linguas: galego, catalán, español e inglés 💫

Grazas a Cathy pola moderación, ao Instituto Cervantes e á embaixada por facelo posible. Da gusto formar parte de encontros así 🙌



Yesterday we had the chance to attend a World Book Day event at Instituto Cervantes 📚🌹✨ Such a lovely way to celebrate culture!

We loved listening to Cynthia Menéndez , Xavier Mas Craviotto and Nicole Flattery . A beautiful mix of languages: Galician, Catalan, Spanish and English 💫

Thanks to Cathy for moderating, and to Instituto Cervantes and the embassy for making it happen. Always happy to be part of events like this 🙌

II Obradoiro de baile galego en Dublín Estas imaxes e vídeos só poden capturar algún dos momentos vividos onte, pero os ...
19/04/2026

II Obradoiro de baile galego en Dublín

Estas imaxes e vídeos só poden capturar algún dos momentos vividos onte, pero os mellores quedan connosco. Que bonito foi poder seguir contando co marabilloso profe de baile e gaiteiro Samuel e coa pandereteira Raquel. Desta vez tivemos tamén colaboración especial de Andrés tocando a gaita dende . Moitas grazas tamén a todas e todos vós que participáchedes no obradoiro e o díchedes todo na pista.

A sesión pechámola cunha pequena sorpresa, unha fermosa intervención musical galego-irlandesa. Moitísimas grazas por pechar o día dun xeito tan emotivo.

A familia galega en Irlanda cada día faise máis grande!!

Pronto... Haberá máis!!

Address

Cabra

Telephone

+353831572497

Website

Alerts

Be the first to know and let us send you an email when Asociación Galega en Irlanda posts news and promotions. Your email address will not be used for any other purpose, and you can unsubscribe at any time.

Shortcuts

Share