Movemento Vilalba

Movemento Vilalba Escola de Danza. Movemento. Vilalba, Lugo

Ballet, Contemporáneo, Lírico, Jazz, HipHop, Acro dance, danza adaptada, danza para persoas maiores, danza para persoas con discapacidade, danza moderna, exames de danza.

Miro cara arriba e vexo un pobo enteiro. Unha quietude artística que agocha un enorme MOVEMENTO social.Miro esa morea de...
27/08/2026

Miro cara arriba e vexo un pobo enteiro. Unha quietude artística que agocha un enorme MOVEMENTO social.

Miro esa morea de mandalas que engalanan o ceo e que enchen de maxia as rúas cando as atravesa o sol, cando as acariña a lúa. E penso en toda a ledicia que agochan cando as súas sombras danzan sobre o chan.

Mans de todas as idades, de todos os pensamentos, de todas as inquedanzas… Mans diferentes, pero unidas por un fin común: engalanar o noso pobo e facelo máis fermoso. Mans tecedoras de espezanza.

Quizais sexa esta a mellor idea que pode xurdir arredor dunhas festas: unir as persoas.

Porque estas mandalas son moito máis ca unha decoración. Son un símbolo. O símbolo da felicidade de saber que, cando nos unimos, podemos facer cousas grandes, importantes e fermosas.

Grazas a todas esas mans que traballaron con ilusión para alegrarnos a todos os que paseamos por estas rúas mirando cara arriba.

E así, entre fíos, cores e mandalas, un pobo queda unido baixo o mesmo ceo.

Grazas por enchelo de cor. Grazas por enchelo de vida.

E Grazas por ter a idea e facela perdurar.

Agora si! Xa podemos dicir que comezan as nosas festas patronais! Eses momentos inesquecibles que nos acompañan dende a ...
26/08/2026

Agora si! Xa podemos dicir que comezan as nosas festas patronais!

Eses momentos inesquecibles que nos acompañan dende a máis tenra infancia ata a vellez. Momentos de encontro, de alegría e de felicidade compartida. Eses días nos que todo parece deterse, esquecemos por uns instantes as preocupacións e veciños e visitantes gozamos xuntos da festa.

E que sería dunha festa galega sen música, sen baile e sen esa gaita que forma parte da nosa memoria?

Como escribiu Rosalía de Castro en *Un repoludo gaiteiro*:
"Un repoludo gaiteiro
de pano sedán vestido..."

A danza é unha forma de manter viva a nosa cultura, de transmitir o que recibimos e de crear novos recordos para quen vén detrás.

Por iso, como escola de danza, queremos reivindicar o baile como parte esencial das nosas festas. Porque bailar é celebrar, é compartir, é atoparnos e, sobre todo, é facer comunidade.

Así que non deixedes de bailar, de rir, de g***r e de vivir cada momento. Que a música soe, que os pés se movan e que estas festas queden, unha vez máis, na memoria de todos nós.

Porque as festas tamén son para iso: para bailar!

24/08/2026
Todo está en marcha.As nosas ilusións xa están traballando para que este novo curso estea cheo de aprendizaxes, emocións...
23/08/2026

Todo está en marcha.

As nosas ilusións xa están traballando para que este novo curso estea cheo de aprendizaxes, emocións, novos retos, amizades, aventuras inesquecibles e moitas sorpresas.

Cada detalle está a prepararse con agarimo para que Movemento volva ser ese lugar onde medramos, soñamos e gozamos bailando xuntos.

Pero antes... toca vivir e desfrutar das nosas festas patronais.

Bailade, sorride, compartide e enchede cada día de momentos inesquecibles. Non deixedes de bailar ata que o corpo non dea máis!

Nós xa estamos contando os días para volver abrir as portas da escola, reencontrarnos con vós e comezar, un ano máis, unha nova aventura chea de maxia.

Estamos desexando volver vervos.

23/08/2026
Por se alguén se anima…https://www.facebook.com/share/p/1BoPaX6WvM/?mibextid=wwXIfr
18/08/2026

Por se alguén se anima…

https://www.facebook.com/share/p/1BoPaX6WvM/?mibextid=wwXIfr

🆕 Taller gratuíto ‘Corpos en transformación’ en Rábade.

💃 O Centro Sociocultural acolle este xoves, 20 de agosto, de 17:00 a 20:00 horas, un taller de danza butoh e dinámicas corporais con Águeda Ortega e Orfilia Seijas.

A proposta inclúe diferentes dinámicas corporais e de improvisación para explorar outras formas de movemento, favorecendo a escoita, a presenza e a imaxinación.

👕 As persoas participantes deberán levar roupa cómoda para moverse no chan descalzas e unha botella de auga.

📞 Reservas e máis información: 691 325 827 e 639 813 924.

Más información:
www.aguedaortega.com
https://orphelieu.com

🤝 Colabora o Concello de Rábade.

O voso traballo merece ser recoñecido!Todo o esforzo, a constancia e o compromiso que as nosas alumnas e alumnos demostr...
17/08/2026

O voso traballo merece ser recoñecido!

Todo o esforzo, a constancia e o compromiso que as nosas alumnas e alumnos demostran ao longo do curso teñen un valor enorme.

Por iso, en MOVEMENTO ofrecemos a posibilidade de obter unha certificación dos estudos de danza.

Porque bailar non é só aprender pasos: é medrar, evolucionar, superar retos e construír un camiño na danza. E todo ese traballo merece quedar rexistrado e recoñecido. ✨

O voso esforzo ten valor. A vosa evolución tamén. E agora podedes acreditala

💚Xa queda menos para volver comezar as clases!Estamos desexando volver ver as nosas alumnas e alumnos, compartir momento...
16/08/2026

💚Xa queda menos para volver comezar as clases!

Estamos desexando volver ver as nosas alumnas e alumnos, compartir momentos, aprender, bailar e desfrutar xuntos de todo o que nos agarda neste novo curso.

Pero antes… aínda queda verán! Así que desfrutade moito do que queda destas vacacións e, en breve, das Festas Patronais do noso pobo

En nada cargaremos as pilas e volveremos con toda a enerxía para comezar un novo curso en MOVEMENTO.

Pechando grupos…
15/08/2026

Pechando grupos…

Dirección

Rua As Pedreiras
Villalba
27800

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Movemento Vilalba publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Movemento Vilalba:

Atajos

Compartir

Categoría