Asociación Pesdebarro

Asociación Pesdebarro A asociación que botamos a andar naceu a raíz da nosa inquedanza pola aprendizaxe e divulgación d

29/09/2026
📢 ESTE SÁBADO 19, VÉMONOS NA CHARLA E NA FOLIADA! 💜🎶Dende a Asociación Pésdebarro participaremos na charla “De abrazar a...
12/09/2026

📢 ESTE SÁBADO 19, VÉMONOS NA CHARLA E NA FOLIADA! 💜🎶

Dende a Asociación Pésdebarro participaremos na charla “De abrazar a tradición popular galega a entendela co feminismo”, dentro da Semana da Muller e Cultura.

🗣️ Un encontro para reflexionar sobre a nosa tradición popular desde unha perspectiva feminista, no que estaremos acompañando ás compañeiras e compartindo experiencias.

📍 Sábado 19 de setembro | 19:00 h
📍 Parque Miguel Hernández, Vilagarcía de Arousa

E ao rematar... foliada! 🎶🪗💃

👉 Animamos a toda a veciñanza a achegarse, participar na charla e quedar despois a compartir música, baile e tradición.

Vémonos alí! 💜

O VINDEIRO MÉRCORES 7 DE OUTUBRO COMEZAMOS DE NOVO O CURSO DE PANDEIRETA E PERCUSIÓN TRADICIONAL NA PRAZA DA PEIXERÍA DE...
09/09/2026

O VINDEIRO MÉRCORES 7 DE OUTUBRO COMEZAMOS DE NOVO O CURSO DE PANDEIRETA E PERCUSIÓN TRADICIONAL NA PRAZA DA PEIXERÍA DE VILAGARCÍA DE AROUSA

A partir do mércores 7 de outubro, os luns e os mércores, alternando un día cada semana, terá lugar na Praza da Peixería de Vilagarcía de Arousa o curso de pandeireta e percusión tradicional.

*Horarios:*

* *De 18:00 a 19:00:* clases infantís (crianzas acompañadas dunha persoa adulta).
* *De 19:00 a 20:00:* iniciación (a calquera instrumento, non só á pandeireta).
* *De 20:00 a 21:00:* perfeccionamento.

Este curso está organizado pola *Asociación Pesdebarro* e será impartido por *Xosé Lois Lucio*.

Neste curso ofrecerase unha primeira toma de contacto cos instrumentos e ritmos tradicionais, e estará enfocado a persoas cun nivel baixo de coñecementos previos sobre o tema. Aínda que se fará fincapé nas cuestións máis xerais e teóricas, desde o primeiro día as alumnas e alumnos poderán executar pezas coa pandeireta, introducíndose nun repertorio musical axeitado ao nivel das aulas.

Faremos unha introdución aos instrumentos de percusión da cultura popular galega, empezando pola pandeireta, e pasaremos polo pandeiro cadrado, a pandeira...

Tamén nos asomaremos a outros instrumentos «pobres» da percusión: tarrañolas, culleres, cunchas, morteiros, botellas de anís... e algúns trebellos máis que poden aparecer pola cociña. Porque, se ao golpealos non rompen, pódese facer música!

As persoas interesadas en participar neste curso de iniciación á pandeireta e percusión tradicional poden inscribirse durante o curso mesmo, enviando un correo electrónico a *[[email protected]](mailto:[email protected])* ou acudindo á Praza da Peixería en horario de clase.

# # # Aportación mensual

* *Crianzas:* 10 €
* *Crianzas non socias/os: 15 €
* *Socias/os:* 15 €
* *Non socias/os:* 20 €

20/08/2026

Entre tradición e futuro

Hai nomes que xa forman parte da memoria cultural da nosa terra. Os Demos da Petaca levan máis de dúas décadas recollendo, interpretando e facendo vivir a música popular galega, mantendo viva unha tradición que segue a soar con forza e alegría.

E ao seu carón está PésdeBarro, un proxecto comprometido coa divulgación do baile, da música e da cultura popular, creando espazos onde a tradición non se contempla simplemente: vívese, compártese e transmítese.

Neste vídeo achegámonos as dúas iniciativas que representan moi ben esa maneira de entender a cultura galega: desde o respecto polo que herdamos, pero tamén desde as ganas de seguir creando comunidade, facendo festa e mantendo a nosa identidade viva.

🎶 Porque a tradición non é cousa do pasado.
🕺 É música, é baile, é memoria.
❤️ E, sobre todo, é xente que decide mantela viva.

Dálle ao play e descubre un pouco máis de Os Demos da Petaca e PésdeBarro.

https://youtube.com/watch?v=y4q9DktOvuc&feature=shared

FolkGalego Tradición Galicia CulturaPopular Vilagarcía

Imos compartir un dos nosos momentos favoritos... xa que unha romaría tamén se constrúe arredor da mesa.O xantar demorad...
09/08/2026

Imos compartir un dos nosos momentos favoritos... xa que unha romaría tamén se constrúe arredor da mesa.

O xantar demorado volveu ser un dos grandes momentos do . Polbo, churrasco, tortillas, empanadas, rosquillas... sabores de sempre para compartir en boa compañía e g***r dun domingo de festa.

Pero se hai algo do que nos sentimos especialmente orgullosas e orgullosos é de seguir demostrando que é posible facer unha romaría sostible.

💧 Contamos cun punto de auga potable para reducir o consumo de plásticos dun só uso e, unha vez máis, entre todas e todos conseguimos algo do que podemos presumir: o parque quedou aínda máis limpo do que o atopamos ao chegar.

💙 Grazas, alobreñas e alobreños, por coidar do espazo común e por facer do Folk no Alobre unha festa na que a música, a convivencia e o respecto polo noso entorno van sempre da man.

A mellor romaría é a que deixa pegada nas persoas, non na natureza. 🌿

🎶 A música tomou o relevo... e a festa xa estaba en marcha!A sesión vermú con Brais das Hortas encheu o Folk no Alobre d...
03/08/2026

🎶 A música tomou o relevo... e a festa xa estaba en marcha!

A sesión vermú con Brais das Hortas encheu o Folk no Alobre de risas, cancións e moita participación. Pequechos e non tan pequechos gozamos dun espectáculo no que non faltaron a diversión, o humor e as ganas de cantar.

E para ir collendo ritmo para os concertos, tamén tivemos un fantástico obradoiro de baile da man de Manolo Cobas e Bea Díaz, no que aprendemos e compartimos pasos para que a foliada seguise medrando durante toda a xornada.

💙 Seguimos lembrando os mellores momentos desta décima edición... e aínda queda moito por compartir!

📸 Se tes fotos ou vídeos deste momento, ou os compartiches nas túas redes, envíanolos. Encantaríanos seguir completando entre todas e todos o álbum do Folk no Alobre.

Comezamos a lembrar o Folk no Alobre X! 🩵Como xa é tradición, a xornada arrancou coa nosa visita guiada da man de Luis G...
26/07/2026

Comezamos a lembrar o Folk no Alobre X! 🩵

Como xa é tradición, a xornada arrancou coa nosa visita guiada da man de Luis Gómez, de Corticata Turismo Medioambiental, e Os Demos da Petaca descubrindo a historia e o patrimonio do Castro do Alobre e o Parque Enrique Valdés Bermejo.

Foi o mellor xeito de dar comezo a un día inesquecible, no que celebramos xa 10 edicións deste encontro que cada ano reúne música, cultura e moita xente con ganas de compartir.

Ao longo dos próximos días iremos compartindo fotografías e vídeos desta edición para seguir gozando de todo o vivido.

📷 Se tes fotos ou vídeos do Folk no Alobre, ou os subiches ás túas redes, encantaríanos que nolos fixeses chegar para seguir construíndo entre todas e todos a memoria desta romaría.

Grazas alobreñas e alobreños!

💙🤍 Feliz Día da Patria Galega! 💙🤍Hoxe celebramos Galicia ao son das nosas gaitas, pandeiretas e tamborís, bailando ao ri...
25/07/2026

💙🤍 Feliz Día da Patria Galega! 💙🤍

Hoxe celebramos Galicia ao son das nosas gaitas, pandeiretas e tamborís, bailando ao ritmo dunha terra que leva a súa identidade no corazón.

Porque a nosa música e os nosos bailes son memoria, tradición e orgullo. Cada muiñeira, cada xota, cada paso e cada copla mantén viva a nosa cultura e transmítelle ás novas xeracións o amor pola nosa terra.

Que nunca deixemos de bailar, cantar e tocar en galego, facendo que a nosa música siga enchendo prazas, festas e corazóns.

Hoxe e sempre: viva a música, viva o baile, viva a cultura galega!

Feliz Día da Patria Galega! 💙🤍

07/07/2026

Pasou o día, pero a romería segue no corpo!... Grazas outra vez máis a todas as boas xentes que nos acompañastes ao longo da xornada do domingo!!!
Grazas aos grupos, as artesás... E tamén a todas as voluntarias que fixeron posible este día de alegría!.. E unha aperta inmensa a Xurxo Souto! Cun desexo de pronta recuperación! Medre o mar!

Iremos subindo imaxes da xornada ao longo dos días, logo dun pequeno descanso...
E tí? Tés fotos ou vídeos da xornada? Comparteas con nós ou etiquetanos! Queromas ver e saber como foi para vós a xornada!!!

Dirección

Villagarcía De Arosa

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Pesdebarro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Asociación Pesdebarro:

Compartir