MUTA

MUTA espacio mutante en Vigo

MUTA es un espacio mutante en Vigo dedicado a la creatividad

La construcción industrial y el arte contemporáneo se fusionan para crear un espacio singular en el centro de Vigo con infinitas posibilidades. 400 m2 distribuidos en varios espacios donde celebrar conferencias, presentaciones, reuniones de empresa y cualquier evento que quieras realizar

Un gran espacio divisible en cuatro, con un equipamiento versátil al servicio de las necesidades de cada evento (mobiliario, audiovisual, cocina...)

Ledicia Costas chega a MUTA con Pel de cordeiro.E non será unha presentación ao uso.Haberá lectura, conversa e un encont...
10/05/2026

Ledicia Costas chega a MUTA con Pel de cordeiro.

E non será unha presentación ao uso.

Haberá lectura, conversa e un encontro co público que irá collendo forma pouco a pouco, sen guión ríxido. Abrirase aos temas que xorden do libro e que van máis alá del.

Un formato distinto para achegarse á novela desde outro lugar.

Podes vir escoitar, participar se che apetece ou simplemente estar.

E ao rematar, quedamos cun viño, algo de picar e tempo para falar e asinar exemplares.

Venres 22 de maio · 20:00 h
MUTA · Vigo
Entrada 20 € + gastos de xestión · inclúe viño e petisco
Entradas no link da bio

Flores, animais, paisaxes, formas orgánicas…A natureza non aparece na arte e na moda só como adorno: ás veces é símbolo,...
06/05/2026

Flores, animais, paisaxes, formas orgánicas…

A natureza non aparece na arte e na moda só como adorno: ás veces é símbolo, inspiración, estrutura, fantasía ou artificio.

Nesta sesión de perMUTAcións, Marta Riera propón unha viaxe visual por distintas imaxes e referencias para ver como o mundo natural leva séculos entrando na creación visual, desde a historia da arte ata a moda contemporánea.

Un encontro próximo e accesible, sen necesidade de coñecementos previos, para mirar a arte e a moda desde outro lugar.

📍 MUTA, Vigo
🗓️ Xoves 14 de maio
🕢 19:30 h

Entrada: 20 € + 1 € de gastos de xestión
Inclúe viño e petisco ao rematar.

Entradas no link da bio
ou no 664 697 611

Bimba y Lola estivo en MUTA cunha xornada de equipo que combinou reunión na sala, comida no espazo e unha parte máis din...
22/04/2026

Bimba y Lola estivo en MUTA cunha xornada de equipo que combinou reunión na sala, comida no espazo e unha parte máis dinámica pola tarde con Territorio Comanche.

Un formato que permite desenvolver toda a xornada nun mesmo lugar, combinando traballo e momentos máis distendidos.

Para sesións de equipo ou eventos de empresa en Vigo, podes escribirnos a [email protected] ou chamarnos ao 664 697 611

McQueen, Schiaparelli, Anderson, van Herpen… todos eles levaron a natureza á pasarela.Nesta nova sesión de perMUTAcións,...
07/04/2026

McQueen, Schiaparelli, Anderson, van Herpen… todos eles levaron a natureza á pasarela.

Nesta nova sesión de perMUTAcións, Marta Riera achegaranos ao universo destes e doutros deseñadores que levaron a fantasía e o virtuosismo técnico ás súas creacións ata situar a moda nun diálogo cada vez máis claro coa arte e co ámbito museístico.

Domingo 19 de abril · 12:00 h en MUTA

Ao rematar, viño e petisco de La Mar de Latas e Calabizo.

Entradas no link da bio
ou no 664 697 611

Despois do éxito da primeira, este domingo repetimos a ruta de“O Vigo dos Valcarce: da Panificadora aos tranvías”.Un pas...
16/03/2026

Despois do éxito da primeira, este domingo repetimos a ruta de
“O Vigo dos Valcarce: da Panificadora aos tranvías”.

Un paseo guiado por David Amoedo para descubrir a pegada da familia Valcarce na historia industrial de Vigo: da Panificadora á rede de tranvías e outros episodios da transformación da cidade.

📅 Domingo 22 de marzo
🕚 11:00 h
📍 Saída desde a Praza do Concello
⏱ Duración aprox. 2 h
💶 20 € (+1 € xestión)

🍷 Ao rematar, voltamos a MUTA para tomar un viño e compartir uns petiscos de Calabizo e La Mar de Latas, que xa forman parte da nosa familia mutante.

🎟 Entradas no link da bio

O ruído non só está fóra.Está na fatiga de decidir, na inercia de mirar sen ver.Dentro de perMUTAcións abrimos unha paus...
03/03/2026

O ruído non só está fóra.
Está na fatiga de decidir, na inercia de mirar sen ver.

Dentro de perMUTAcións abrimos unha pausa para conversar a partir dunha obra.

Un espazo de encontro onde a obra é o punto de partida e a conversa o que nos reúne.

O 14 de marzo ás 12 h proxectaremos CURMÁ, de Alejandro Jato, que estará presente xunto á directora de fotografía, Alicia Francés.

Despois da proxección, abriremos un diálogo guiado pola psicóloga Randall Hernández, para poñer en común o que a película nos move e nos deixa.

A sesión inclúe un viño de Lagar de Pintos e un petisco.

📍 MUTA, Vigo

📅 14 de marzo · 12 h

Entrada 20 € · Link na bio

Aforo limitado

perMUTAcións
unha pausa para observar, escoitar e conversar sen ruído.

Dentro de perMUTAcións nace MUTA_pausa, un formato centrado na palabra e na reflexión.Un espazo para conversar con autor...
02/03/2026

Dentro de perMUTAcións nace MUTA_pausa, un formato centrado na palabra e na reflexión.

Un espazo para conversar con autoras e autores, creadoras e pensadoras, e abrir preguntas que nos acompañen máis alá da sesión.

Porque entre tanto ruído, ás veces o máis radical é parar.

25/02/2026

Entre tanto ruído, tamén precisamos pausa.

Nos próximos días contamos máis.

O 30 de decembro, en colaboración con  e  , faremos en MUTA unha festa para despedir o ano. Queremos xuntarnos con músic...
07/12/2025

O 30 de decembro, en colaboración con e , faremos en MUTA unha festa para despedir o ano. Queremos xuntarnos con músicos locais e xente próxima que veñen compartir a súa música e as ganas de celebrar, nun ambiente cercano e alegre, despedindo o ano vello e dando a benvida ao novo.

MUTAsons é o nome baixo o que reuniremos en MUTA todo o que fagamos ligado á música, á cultura local e á experimentación sonora.

Iremos compartindo máis detalles nos próximos días.

🎟 Entradas dispoñibles na ligazón da bio
Cartaz:

Dirección

Joaquín Loriga 9
Vigo
36203

Teléfono

+34664697611

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando MUTA publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir