25/08/2026
🎶 Este Festival Mar de Blues - A Guarda tampoco nos lo perdemos ... 🎸
A Guarda - Mar de Blues foi creado por xente da Guarda para a Guarda. Mais alá do turismo (inda que tamén queríamos incetivar o comercio e hostelería), nós tíñamos un obxetivo claro, tras a pandemia queríamos intentar facer algo na nosa vila que fose distinto o que xa existía, crear un pequeno evento musical e cultural para alegrar as nosas xentes e os nosos cativos.
Endexamáis foi un evento con afán lucrativo, xa que nós mesmos financiamos na sua maioría os gastos das 4 primeiras edicións.
En 2025 unha situación persoal impedíanos facer esa tan ansiada quinta edición, a cal queríamos aprazar para este 2026 . O concello en vez de cancelar no 2025 decidiu facer o seu propio festival de Blues, copiando non soio a nosa idea senón todo o formato... ¿Que pasaría se fixeran o mesmo co Galifornia, actividade de Piueiro ou calqueira festa?... .
Pensamos (ilusos de nos) que en 2026 contarían co grupo de veciños da Guarda que creamos o Mar de Blues para dar continuidade o noso proxecto veciñal e cultural. Cando demos por feito que non teríamos oportunidade de facer o Mar de Blues, vemos que con soio 15 días de antelación anuncian un novo festival de Blues, organizado por xente que non é da nosa vila e o mais doloroso a nivel persoal, por músicos os cales nós mesmos lles demos a oportunidad de tocar en numerosos eventos o longo destos anos, tamén lles abrimos a porta do noso fogar e do escenario do Mar de Blues da Guarda.
A pesar de todo, estamos agradecidos por cada mensaxe e agarimo que nos da a veciñanza e amigos pola rua. Como sempre dixemos , o Mar de Blues e da Guarda e antes ou despois voltaremos inda que sexa noutro formato e de modo independiente.
Un concejal no seu momento díxonos que podíamos levar o Mar de Blues para outra vila, que él mesmo xa se encargaría de facer un festival de Blues (supoño que con cartos públicos non do seu peto e plagiando todo o noso traballo é mais fácil). Soio decirlle que nós sí somos da Guarda e que o Mar de Blues da Guarda naceu na Praza do Reló e ahí voltará .
Disfrutade da músia en directo, ser felices e longa vida o Mar de Blues!!!