A súa andaina comezou alá polo 1999 ..A partires do 2007, e xa como autonomo, pon en marcha a súa empresa Quadra Producións, Vj do grupo de música electronica Colectivo Oruga (2006-2012), elexido disco do ano 2010 en Galicia pola revista Mondosonoro e finalista nos Premios da música 2011 como mellor proposta electronica
Realizou videoclips para artistas emerxentes galegos, “Estilo peculiar” do
rapeiro Duke Sam, “Tired” de Colectivo Oruga e “La casa cuartel” de Disco las Palmeras. Formou parte do tratamento audiovisual das obras teatrales “CITIZEN TOTAL” e “EUROZONE”, así como diversos proxectos coa compañía de teatro Chévere. VJ na xira "Terra de soños" de Fuxan os Ventos
Consolidou un proxecto para Turgalicia no que ensinaron Galicia a través de “EXPERIENCIAS ÚNICAS”, 15 capítulos emitidos no 2013 na TVG. Esta colaboración deu lugar á rodaxe de varios pilotos para TV que agora mesmo están en marcha. Inmerso coa sua productora, inician unha viaxe preciosa que o levará xunto con Pedro Pablo Alonso (xornalista Radio Galega) a meterse de cheo na vida de Santiago Formoso, na rodaxe dun documental a cabalo entre New York e Galicia, “ALÉN DO COSMOS”, que os levará a redescubrir a vida do que foi o mellor futbolista americano de todos os tempos. Durante 4 anos traballou como Reporteiro Gráfico para TVG nas conexións en directo informativas (2008, 09, 10, 11 e 2012), rodou no 12 varias tempadas dos programas “VAIA TROULA”, “ONDE VAI A XENTE” “CASAMOS”, como axudante de Realización na serie “ESCOBA”, “ENTRE TODOS” e "TconT" de TVE (13-14), novos proxectos para TVG, "Tópicos" e "Sopa de Festa"
No 15 nos programas "A Vide de Cachín" "Desafio nos fogóns" "Medias verdades" "Desenredando a Rede" "Cuestións persoais"de Tvg. No 16 Dirixiu varios spots, o primeiro videoclip de RayoTaser e a realización de varios eventos deportivos a nivel nacional para Teledeporte e Tvg a través da sua productora. Enlaces de interese:
Tired, Colectivo Oruga http://youtu.be/m5XxcTJNSCE
La casa cuartel Disco las Palmeras http://youtu.be/_nA6o0uBkUM
Alén do Cosmos documental http://youtu.be/sRdUcGVS9cE
http://youtu.be/vdKltJ-uY8g
Experiencias únicas http://youtu.be/8PBZ8G5Wgqw
“1984” videocreación http://youtu.be/35etJyagT3M
Spots promocionales Mívico http://youtu.be/VyS3sWFWDrQ
http://youtu.be/P0j6hBOmsNI
http://youtu.be/gpJuxVUa6eA
Nsaio no Camiño http://youtu.be/6kwcCZpHtlo
http://youtu.be/kSjPX6Aha6I
Centenarias documental http://youtu.be/2_8C8UtDIys