18/03/2026
A primavera chega cargada de música. O CCRB ten por diante tres concertos que son, cada un á súa maneira, unha invitación a entrar nun espazo —de pedra, de silencio, de son— e deixarse levar.
Comezamos en Cambados cun concerto de Semana Santa no Ciclo de Música Coral nas Igrexas 🕊️, e continuamos en Vigo con dúas actuacións no 19º Festival de Música Sacra de ACOPOVI, adicado este ano á memoria de Xulio Mosquera e Vicente Rodríguez 🎼
Oito séculos de música sacra, entre pezas a capella e outras acompañadas ao piano. Todos os detalles nos carteis.
Imos alá 🎶