16/12/2025
FESTIVAL TEATRO GORRILLA para pechar o ano!
Levamos a danza, teatro, performance e outras actividades coma obradoiro de movemento e dj set a diferentes espazos de Vigo, os próximos 20 e 21 de decembro.
Sábado 20 de 11:30 a 13:00 no CS A Nubeira (Rúa Pizarro, 6) – Práctica de movemento guiada por Diego M. Bu**ta, bailarín e intérprete vigués que compartirá unha sesión onde a danza será a protagonista. Actividade de balde, sen inscripción: simplemente aparece! Aberta a todos os niveis e idades.
Sábado 20 ás 19:00 na Galeria Maraca (Rúa Doutor Cadaval, 12) – Colectivo Averio cun show de varietés. Entrada inversa, mínimo de 6€.
Sábado 20 ás 00:00 na Fábrica de Chocolate (Rúa Rogelio Abalde, 22) – Desfrutar do Colectivo Chapamama, tres Djs que nos farán mover o corpo enteiro coa súa selección musical que pasa por ritmos de dancehall, hip hop, afrobeats, amapiano e electrónica. A entrada é de balde!
O domingo 21 Teatro Gorrilla ten unha programación que enche o barrio de Churruca con 5 propostas escénicas en 5 bares que se transformarán en escenarios para acoller ás artistas que nos acompañan:
Noel Quintela, Iván Dávila, Bal Castro, Cata Ukelele e Noa Covelo.
18h – Tinta Negra (Rúa dos Irmandiños, 2)
19h – The City (Rúa Irmandiños, 17)
20h – Casa de Arriba (Rúa Martín Códax, 23)
21h – Sala Kominsky (Rúa Irmandiños,3)
22h – Candela Cantina (Rúa Martín Códax, 12)
Todas con caixa inversa e un mínimo recomendado de 5,00 €