12/12/2024
PKN (galego)
O fósforo-P, o potasio-K e o nitróxeno-N son os macronutrientes fundamentais dos solos. O ciclo da vida prodúcese durante millóns de anos, con todo, o actual desequilibrio químico foi deteriorando o solo e, finalmente, os nosos alimentos.
”Nesta acción unipersoal escribo os meus poemas catárticos en follas de papel que xunto reciclando libros vellos. Deste xeito, estes materiais convértense nun obxecto: o meu poemario.
Editado totalmente en vivo, tamén se converte nun libro de artista, onde o verbo é reciclar: palabras novas sobre outras palabras. O meu vestido, feito con papel téxtil, será a folla onde os asistentes tamén poderán escribir como queiran, participando así no traballo."
O convite pretende achegar ao espectador unha parte do ciclo vital, do solo e os seus nutrientes, da árbore, do papel e das palabras: unha síntese persoal da vida.
No intento de pechar un círculo que en realidade é unha espiral deteriorada, reciclo a madeira-papel doutras árbores, e reciclo outras palabras nas miñas. Corto partes de min, árbore para invitar. Cada porción leva o alimento da terra e o alimento das palabras.”
-Gaba da Patagonia-
🗓️Venres 13 de decembro dende ás 19H
Ademáis da actuación, propón un 𝐨𝐛𝐫𝐚𝐝𝐨𝐢𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐏𝐞𝐫𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐧𝐜𝐞 𝐀𝐫𝐭: "𝐄𝐱𝐩𝐥𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐞 𝐜𝐫𝐞𝐚𝐜𝐢ó𝐧 de 𝐚𝐫𝐭𝐞 de 𝐚𝐜𝐜𝐢ó𝐧"
Se estades interesadas nesta forma de creación, convidámosvos a participar neste obradoiro. Pensado para ser unha inmersión completa na performance (teoría e práctica), permitirá ás participantes crear as súas propias obras, explorando e compartindo nun ambiente estimulante, xerando un ambiente de apoio e colaboración para realizar o traballo.
🗓️ Sábados 11, 18 e 25 de xaneiro e 1 de febreiro de 11:00 a 14:00 horas.
🎟️ 60€ as 4 sesions
INSCRICIÓNS:
🗓️ Sábados 11, 18 e 25 de xaneiro e 1 e 8 de febreiro de 11:00 a 14:00 horas. 🎟️ 60€ as 4sesions