Vigosónico

Vigosónico VIGOSÓNICO I DISTRITO CREATIVO I CONCELLO DE VIGO

Vigosónico é un gran espazo adicado á música: locais de ensaio, estudio de gravación, sala de concertos...e estará destinado á mocidade viguesa en xeral pero sobre todo a mocidade que se relaciona dalgun xeito coa música: compoñendo, tocando, ensaiando, escoitando...

🎸 Hoxe coñecemos a... THE GLADE! 🎸Inscritos como Stuttwalls, a banda viguesa estrea nova identidade: The Glade! Este nom...
01/09/2026

🎸 Hoxe coñecemos a... THE GLADE! 🎸

Inscritos como Stuttwalls, a banda viguesa estrea nova identidade: The Glade! Este nome agocha unha historia moi curiosa, e é que Glade era a serpe pitón 🐍 que tiña a cantante cando era pequena. 

Desde os barrios vigueses de Coia e Teis, e con integrantes chegados de Ferrol e Ordes, nace The Glade. Este grupo de rapaces de entre 19 e 20 anos comezaron o proxecto na Universidade de Vigo 👩🏼‍🎓👨🏻‍🎓👩🏼‍🎓, onde se coñeceron o baixista e as dúas cantantes. Trala incorporación do guitarrista (curmán do baixista) chegou o batería🥁, ao que coñeceron grazas á escola de música. Entre eles deuse unha desas casualidades do destino: o guitarrista e o batería nados en Ferrol, aínda que compartiran clases alí, ¡xamais se dirixiran a palabra ata que coincidiron na banda!

No musical, o seu son viaxa principalmente entre o garage rock e o indie rock, aínda que non se poñen barreiras e adoitan experimentar con outros xéneros. Esa riqueza móstrase tamén nas súas letras; un bo exemplo é "Story", a segunda canción que gravaron, que está inspirada directamente no personaxe de Casandra das troianas de Eurípides.

Se lles preguntas por qué empezaron a tocar, eles téñeno claro: din que recibiron unha chamada ☎️ do mismísimo Noel Gallagher confesando que quedara sen ideas e que precisaba o seu talento para compoñer. Pola nosa parte, cremos 100% na súa palabra... 🤭🇬🇧

Non lles perdades a pista nesta nova etapa como The Glade! 🚀

Vémonos de seguida! Hoxe estamos de regreso en Vigosónico 🚪

-26 RockGalego IndieRock GarageRock XuventudeVigo

🗞️ O Faro de Vigo faise eco do crecemento de VigoSónico e da súa consolidación como espazo de referencia para as bandas ...
29/08/2026

🗞️ O Faro de Vigo faise eco do crecemento de VigoSónico e da súa consolidación como espazo de referencia para as bandas e artistas emerxentes da cidade.

🎸 89 bandas rexistradas a xullo de 2026, formadas por 283 músicas e músicos
🎤 251 alumnas e alumnos nas clases de guitarra, baixo, batería e canto
🏕️ 45 participantes no Laboratorio de Creación Musical
🛠️ 654 participantes en 21 obradoiros
👥 1.205 persoas usuarias únicas
🚪 Máis de 10.000 entradas rexistradas durante 2025
🔥 Un 100 % de ocupación das salas nos primeiros meses de 2026

Detrás de cada cifra hai persoas creando, aprendendo, ensaiando e compartindo música. Grazas a todas as bandas, artistas, alumnado e participantes que facedes de VigoSónico un espazo vivo e cheo de talento.

Moi pronto estaremos de volta das vacacións, con máis música, formación e novos proxectos. Vémonos en VigoSónico! 💙

👉 Le a reportaxe completa no Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2026/08/26/vigosonico-local-municipal-ensayo-consolida-133652315.html

Así foi o paso de Coiotas polo estudio de Vigosónico 💽Estes cinco mozos e mozas na vintena forman esta nova banda vigues...
12/08/2026

Así foi o paso de Coiotas polo estudio de Vigosónico 💽

Estes cinco mozos e mozas na vintena forman esta nova banda viguesa.

Aínda que dous integrantes son nados en Fene e Catoira, todos viven nas Travesas e o seu punto de encontro foi COIA, barrio con moita tradición musical, de ahí o seu nome de Coiotas 🐺.

👩🏼‍🎤 Xa na escola, Malena e Eva quedaban para cantar e tocar ata que decidiron formar unha banda completa. Coñeceron a Alba e Daniel a través da escola de interpretación 🎭 e a Luis a través de outro amigo músico.

Compoñen os seus temas tanto en galego como en castelán e falan sobre reflexións con moita sensibilidade e un toque de melancolía.

Aproveitaron a oportunidade de participar en Demosónico para gravar dúas demos:

💿"Dime algo bonito"🫶🏼
💿 "Festa" 🎉

-26

💽 Os máis noviños desta edición de Demosónico son Voice of the Voiceless. Novos en idade pero non en ideais 🫵🏼Adrián, Ed...
24/07/2026

💽 Os máis noviños desta edición de Demosónico son Voice of the Voiceless. Novos en idade pero non en ideais 🫵🏼

Adrián, Eduardo, Iván e Tom son catro rapaces vigueses que se coñeceron a través doutras amizades e grazas a unha moza 🫶🏼, mentres buscaban con quen compartir a súa afición pola música.

O nome da banda xa da pistas de que son grandes fans de Rage Against the Machine, ademáis de inspirarse noutras bandas, pero sempre coa garra e forza 🥁 desta banda.

As súas letras queren expresar a disconformidade e a protesta contra as inxustizas da sociedade actual 💪🏼.

Nesta primera experiencia elexiron a súa canción chamada "Monstruos".

A banda completouse recentemente con Martín e pronto estarán a dar guerra e rompendo 🥁 baquetas ;)

-26

O pasado xoves recibimos a visita de Salvador García, máis coñecido coma Salva Ronko. Actualmente é director de produció...
11/07/2026

O pasado xoves recibimos a visita de Salvador García, máis coñecido coma Salva Ronko. Actualmente é director de produción e emisións das emisoras: Radio Vigo SER, SER Baixo Miño, Los40 Vigo, Los40 Classic Vigo e
Cadena DIAL Rías Baixas.

Na súa presentación aprendimos sobre as novas tendencias de consumo da música e da radio 📻. Vimos como cos datos de escoitas podemos entender mellor ao público.
Saber onde, como e cando escoita a xente é clave para que a nosa música chegue a máis oídos.

Para o público máis fan, moitos/as artistas están a producir a súa música en formatos especiais e coleccionables como vinilos e incluso cassettes 🤯

E para rematar falamos do respeto polo traballo dos demáis, porque o respeto e ser agradecidos axuda a construir relacións e amizades sólidas e duradeiras 🫂.

Despedimos a visita cunha homenaxe a Bonnie Tyler, que visitou a nosa cidade e foi entrevistada por Salva. Falamos sobre a súa aportación á música, a súa enerxía e a súa labor solidaria, todo un exemplo de artista cun corazón enorme ❤️ 🙏🏼

Xornada intensa na recta final do Laboratorio de Creación Musical 🧪Hoxe a nosa mocidade creativa atopouse coa prensa, cá...
08/07/2026

Xornada intensa na recta final do Laboratorio de Creación Musical 🧪

Hoxe a nosa mocidade creativa atopouse coa prensa, cámaras, entrevistas (👀🔍 saímos en 🗞️ e 📺) e unha sorpresa moi especial:

💥O noso Alcalde, Abel Caballero, irrumpiu nas salas de ensaio para ver de preto o traballo das bandas 🤩, charlar e lembrar a importancia de prepararse e estudar. A música é cultura, e por suposto é totalmente compatible cos estudos regrados!
De iso saben moito porque temos futuros enxeñeiros de estradas, avogados, graduados/as en Belas Artes, técnicos e técnicas de son, de imaxe e de todo o que se propoñan. 🤓🧠
Grazas Alcalde por animar á nosa xuventude creativa a ser os mellores do 🌍!!!

Logo nos botaron unha man Mingos Lorenzo, Salva Ronko, Toño López, Álex García, Martiño Toro e remataron o día con María Soa 🥁

Desvelou como son as xornadas de composición de Fillas de Cassandra. Lembrou a importancia do cancioneiro popular galego e de transmitir a nosa cultura.
Nun intre, compuxeron xuntos/as dúas cancións no seu obradoiro de cantigas modernas. Moitas grazas por visitarnos e compartir a túa maxia🪄 coas palabras e coa música 🎵🎵🎵 Concellería de Xuventude - Concello de Vigo

“Podemos convertir nuestra historia, nuestro dolor, en una empatía.”Esta mañana, en el Laboratorio de Creación Musical p...
06/07/2026

“Podemos convertir nuestra historia, nuestro dolor, en una empatía.”

Esta mañana, en el Laboratorio de Creación Musical para a Xuventude, recibimos la visita de Miguel Marcos, que presentó su libro Viaje a la canción perfecta a través de un recorrido por canciones, letras y emociones.

Después de escuchar a Zahara, la conversación nos llevó a una de las claves más profundas de la creación musical: cómo una canción puede transformar una experiencia personal en algo compartido. Cómo lo íntimo, cuando encuentra las palabras y la forma adecuada, puede llegar a otras personas y acompañarlas.

De Billie Eilish a Bob Dylan, pasando por distintas maneras de escribir, cantar y sentir, Miguel fue señalando las partes de una canción: la letra, la estructura, la emoción, el punto de vista y esa búsqueda difícil de equilibrio entre oficio y verdad.

Una mañana para escuchar de otra manera y entender que componer también es aprender a mirar hacia dentro para poder conectar hacia fuera.

Gracias, Miguel, por compartir este viaje con el alumnado del Laboratorio.

Así foron os primeiros días no Laboratorio de Creación Musical!Estiveron de visita artistas e profesionais como  Javier ...
04/07/2026

Así foron os primeiros días no Laboratorio de Creación Musical!

Estiveron de visita artistas e profesionais como Javier de la Torre e M I N G O S

Nestes obradoiros falamos con María Ferreirós sobre a súa experiencia de sentirse un bicho raro -e a de tanta xente con sensibilidade- e cómo xestionalo a través da música e da composición.

Javier de la Torre, mestre en EISV de caracterización entre outras especialidades, nos mostrou artistas da historia da música e a importancia do seu estilismo, tendencias e modas. Ademáis deixou algún tip para crear o teu personaxe e inspirarte con IA.

Mingos Lorenzo, profesional da composición para multinacionais, nos explicou a estructura que pode ter unha canción e datos curiosos como qué é o "hook" dunha canción ou qué fai un "topliner", así como os distintos papeis dentro dun encontro de composición e na industria musical.

Arranca o Laboratorio de Creación Musical para a Mocidade de Vigosónico e faino con todas as prazas ocupadas. En só tres...
29/06/2026

Arranca o Laboratorio de Creación Musical para a Mocidade de Vigosónico e faino con todas as prazas ocupadas. En só tres días esgotáronse.

Custa explicar o que significa ver a mozos e mozas de entre 13 e 25 anos entrando pola porta coa guitarra ao lombo, sen saber aínda con que banda van tocar dentro de dúas semanas nin que canción van compoñer, producir e levar ao directo.

Pero quen algunha vez tivo 16, 18 ou 22 anos e quedou para ensaiar coa súa banda sabe perfectamente do que falamos: durante un tempo, esa canción, ese local e esa xente podían ser o máis importante do mundo. 😊

Porque iso é o que vai acontecer durante estas dúas semanas en Vigosónico: tocar, compoñer, gravar, preparar un directo, entender os dereitos de autoría e descubrir que a música, ademais de paixón, tamén é un sector con saídas profesionais reais.

E non o facemos sós.

Acompáñanos un equipo de profesionais en activo, xunto cos nosos profes Martiño, Álex e María: Wöyza, Mingos Lorenzo, María SOA, Salva Ronko, Toño López, Miguel Areán, Miguel Marcos, Javier de la Torre e moitos máis, que nos irán visitando para compartir o que de verdade acontece dentro deste oficio: desde a composición e a produción ata a intelixencia artificial aplicada á música.

Que un proxecto público, impulsado pola Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, encha todas as súas prazas en tres días di algo importante: hai moitísimo talento novo con ganas de crear, e cómpre darlle espazo, ferramentas e acompañamento.

Grazas a todas as familias que confiaron, ao equipo que o fai posible e a esta xeración que hoxe comeza a descubrir a súa voz.

Isto acaba de empezar. 🎶



Concellería de Xuventude - Concello de Vigo Abel Caballero - Alcalde de Vigo

🎸 Continuamos prendendo lume 🔥 ao estudio nesta edición de Demosónico: Presentamos a Chatinís, unha banda de punk-rock n...
12/06/2026

🎸 Continuamos prendendo lume 🔥 ao estudio nesta edición de Demosónico: 

Presentamos a Chatinís, unha banda de punk-rock nacida entre os barrios do Calvario e a Praza de España.

En 2020, Javier e Agustín, amigos desde cativos, comezan xuntos este proxecto. Sempre se chamaban chatiño un ao outro e ambos eran os chatiños ou chatinís, de ahí o nome da agrupación. Non se limitan a compoñer música e letras en galego, senón que tamén debuxan e deseñan a imaxe da banda, demostrando o seu talento creativo. 

Co paso do tempo a formación completouse con Juan ao baixo e Cris dándolle voz á banda e completando a personalidade tan definida de Chatinís.

Boa proba diso é Pozo Negro, unha das cancións gravadas que narra unha historia moi peculiar: A partir dunha lenda de mouras e encantamentos, a letra convértese nun inventario da pegada humana sobre un pozo: residuos, contaminación e unha serie de inesperados achados. Un relato tan orixinal e evocador como crítico, contado coa enerxía e a contundencia do punk.

🎧 Desexando escoitar o resultado!

Vigo PozoNegro BandasEmerxentes

Dirección

EStrada Do Portal S/n
Vigo
36313

Horario de Apertura

Martes 16:30 - 21:00
Miércoles 16:30 - 21:00
Jueves 16:30 - 21:00
Viernes 16:30 - 21:00
Sábado 16:30 - 21:00
Domingo 16:30 - 21:00

Teléfono

+34986616388

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Vigosónico publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Vigosónico:

Atajos

Compartir