ESAD de Galicia · Páxina oficial

ESAD de Galicia · Páxina oficial Centro público de Ensinanzas Artísticas Superiores que ofrece titulacións oficiais en Arte Dramatica.

TITULACIÓNS DE GRAO:
- Dirección escénica e dramaturxia
- Escenografía
- Interpretación

📣 Inicio do curso 2026-27O luns 14 de setembro, ás 9h00, temos unha cita, toda a comunidade escolar,na Sala Pedra Seixa....
02/09/2026

📣 Inicio do curso 2026-27

O luns 14 de setembro, ás 9h00, temos unha cita, toda a comunidade escolar,na Sala Pedra Seixa.

🎭 Temos preparado un programa de actividades para a xornada de benvida.

🔹 Obradoiros
🔹Información e organización escolar
🔹Convivio
🔹 Relato de experiencias
🔹 E máis sorpresas…

Crea a túa propia historia
Crea a túa propia escena
Crea a túa propia realidade

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

🚨 AVISO!!! 🔔 Probas extraordinarias en setembro.Para as especialidades de Escenografía e Dirección escénica e Dramaturxi...
27/07/2026

🚨 AVISO!!!
🔔 Probas extraordinarias en setembro.
Para as especialidades de Escenografía e Dirección escénica e Dramaturxia.
⏱️Ábrese o prazo de inscrición.
Toda a info en: https://esadgalicia.com/descricion-procedemento-acceso/
🗓️
28, 29, 30 e 31 de xullo + 1 de setembro: Prazo de inscrición nas probas extraordinarias.
2 de setembro: Listaxe provisional de aspirantes.
3 de setembro: Reclamacións á listaxe provisional.
4 de setembro: Listaxe definitiva de aspirantes.
7 de setembro: Realización das probas.
8 de setembro: Listaxe provisional de cualificacións.
9 de setembro: Reclamacións ás cualificacións
10 de setembro: Resolución das reclamacións e envío á DX de FP. Publicación da listaxe definitiva de cualificacións.
11 de setembro: Matrícula das persoas aspirantes que obteñan praza.

Comezou o Encontro Europeo de Commedia dell’arte na ESAD de Galicia.Máis de 60 persoas e 5 escolas.Diferentes espazos da...
21/07/2026

Comezou o Encontro Europeo de Commedia dell’arte na ESAD de Galicia.
Máis de 60 persoas e 5 escolas.
Diferentes espazos da cidade de Vigo.
Formación, creación e intercambio.
BIP Commedia dell’arte
Tony | Erasmus Plus Opportunities 🇪🇺

🎭A ESAD de Galicia acolle do 20 ao 24 de xullo un Programa Intensivo Combinado Erasmus+ que reunirá alumnado e profesora...
16/07/2026

🎭A ESAD de Galicia acolle do 20 ao 24 de xullo un Programa Intensivo Combinado Erasmus+ que reunirá alumnado e profesorado de nove institucións europeas especializadas nas artes escénicas.

Vigo, xullo de 2026.- A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg) converterase entre os días 20 e 24 de xullo nun punto de encontro europeo para a formación teatral coa celebración do Programa Intensivo Combinado (BIP) Erasmus+ dedicado á Commedia dell’Arte, unha das tradicións escénicas máis influentes da historia do teatro occidental.
Durante cinco días, alumnado e profesorado procedente de diferentes países europeos compartirán obradoiros, sesións formativas e experiencias artísticas arredor desta disciplina teatral baseada no uso da máscara, a creación colectiva, a improvisación e a relación directa co público.

Nesta edición participarán representantes da Academy of Performing Arts in Bratislava (Eslovaquia), Filmuniversität Babelsberg Konrad Wolf (Alemaña), Kunstuniversität Graz (Austria), Hochschulefür Musikund Theater Felix Mendelssohn Bartholdy Leipzig (Alemaña), ESMAE (Portugal), Universidade do Minho (Portugal), Janáček Academy of Performing Arts (República Checa), École Supérieur e Internationale d’Art Dramatique de Versailles (Francia) e a propia ESAD de Galicia.

A inauguración será o luns 20 ás 19h30, coa posterior representación de Tartufo, ás 20h na Sala Pedra Seixa. A entrada é libre. 🎟️

💡 Gala de graduación ESAD Galicia 2022-2026 💡 Este pasado venres houbo festa de peche dun ciclo, houbo danza, maxia, pal...
30/06/2026

💡 Gala de graduación ESAD Galicia 2022-2026 💡
Este pasado venres houbo festa de peche dun ciclo, houbo danza, maxia, palabra, risos, emoción…
Marcha unha promoción, que sempre recordaremos e á que acompañaremos no camiño futuro, na procura da súa propia luz 🩵🫂🩵
Viva o teatro!

Hoxe remataron as Residencias de Artistas Emerxentes  Un espazo magnífico para o noso alumnado e para as confluencias e ...
19/06/2026

Hoxe remataron as Residencias de Artistas Emerxentes
Un espazo magnífico para o noso alumnado e para as confluencias e interferencias con outras estudos artísticos de Galicia.
Grazas á Academia Galega de Belas Artes e á Deputación da Coruña pola iniciativa, a coordinación e o apoio.

Xa estamos na 7ª edición da residencia de artistas emerxentes - Encontros de Mariñán.Unha actividade de diferentes escol...
16/06/2026

Xa estamos na 7ª edición da residencia de artistas emerxentes - Encontros de Mariñán.
Unha actividade de diferentes escolas artísticas arredor do tema da luz (espazo e instante) e da obra do fotógrafo José Suárez.
As alumnas Ana Molares, Noelia Nuño, Xiana González e Nuno Couso desenvolverán ata o venres o seu proxecto “Onde está a luz?”, nun ambiente de interaccións artísticas, exploración e coñecemento, entre ensaios e ponencias de especialistas coma Xurxo Lobato, Xosé Luis Suárez Canal ou Miguel Anxo Seixas. Coa organización da Academia Galega de Belas Artes e a colaboración da Deputación da Coruña

Chegan as Mostras de primavera! 🌺🌸🌼Invitámosvos a vir ver os traballos finais do alumnado de Interpretación, Escenografí...
13/05/2026

Chegan as Mostras de primavera! 🌺🌸🌼
Invitámosvos a vir ver os traballos finais do alumnado de Interpretación, Escenografía e Dirección escénica e Dramaturxia.
Iremos compartindo nas historias os cartaces de cada Mostra, cos seus horarios. As follas de reserva estarán colocadas nunha mesa, na entrada da ESADG.
Ven ás Mostras da ESADG!

Algunhas imaxes do noso paso polo ESADFest, que na súa terceira edición organizou marabillosamente a escola vasca  en Bi...
08/05/2026

Algunhas imaxes do noso paso polo ESADFest, que na súa terceira edición organizou marabillosamente a escola vasca en Bilbao.
O encontro das escolas superiores de Arte Dramática é un evento excepcional de intercambio, formación, convivencia, debate e reflexión sobre o presente e o futuro das ensinanzas de Arte Dramática en todo o Estado español. Dende a ESAD de Galicia estamos plenamente comprometidos con este tipo de foros, tan enriquecedores para o noso alumnado pero tamén para o avance e a mellora permanente da nosa escola e da promoción e ampliación da oferta formativa no ámbito artístico da .xunta

👁️‍🗨️ O luns temos un gran acto na ESADG. Acollemos á  e a produtora  coas que colaboramos na realización do documental ...
06/05/2026

👁️‍🗨️ O luns temos un gran acto na ESADG. Acollemos á e a produtora coas que colaboramos na realización do documental que se presentará ás 19h00 na Sala Pedra Seixa e a partir do cal teremos un coloquio.
Entrada libre ata completar aforo.

Dirección

Poza Cabalo, 1
Vigo
36212

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 21:00
Martes 08:30 - 21:00
Miércoles 08:30 - 21:00
Jueves 08:30 - 21:00
Viernes 08:30 - 21:00

Teléfono

+34986246399

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ESAD de Galicia · Páxina oficial publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a ESAD de Galicia · Páxina oficial:

Atajos

Compartir

Categoría