Fundación Carlos Casares

Fundación Carlos Casares Páxina FB da Fundación Carlos Casares, entidade sen ánimo de lucro dedicada á divulgación da figura e a obra do escritor Carlos Casares (1941-2002).

Hoxe Carlos Casares cumpriría 85 anos. Nacía en Ourense o 24 de agosto de 1941, onde viviu ata os 4 anos, idade coa que ...
24/08/2026

Hoxe Carlos Casares cumpriría 85 anos. Nacía en Ourense o 24 de agosto de 1941, onde viviu ata os 4 anos, idade coa que pasou a residir en Xinzo de Limia debido ao traslado do seu pai, que foi a ocupar a praza de mestre.

En Santiago de Compostela pasou os anos universitarios, sendo aquela universidade a súa Alma Mater. Posteriormente residiu en Viana do Bolo e Cangas de Morrazo antes de establecerse definitivamente en Nigrán, en 1983.

Na fotografía vémolo entre Fernando Sánchez Dragó e Gonzalo Iglesias Sueiro no Hotel Xinzo, o día 12 de xaneiro de 2001, co gallo dunha xornada de homenaxe que lle dedicou a Asociación Cultural "Civitas Limicorum".

[Arquivo Persoal de Carlos Casares. Fotografía cedida. A propiedade é sempre do autor]

Concello Viana do Bolo Concello de Xinzo de Limia Consello Da Cultura Galega Concello De Nigrán Santiago de Compostela

15/07/2026
08/07/2026
08/07/2026

A Real Academia Galega decidiu no pleno ordinario celebrado hoxe dedicarlle o Día das Letras Galegas 2027 ao creador dunha obra profundamente galega e ao mesmo tempo universal. O vindeiro 17 de maio agradecerémoslle que nos agasallase coas ‘Memorias dun neno labrego’, que fixeron de Balbino un gran símbolo colectivo que traspasa xeracións e converteron a lingua oral da aldea nunha lingua literaria. Pero celebraremos tamén as moitas outras dimensións de quen é un piar fundamental da cultura galega contemporánea, desde a faceta de editor á de cronista indiscutible da diáspora en América. Será, abofé, un grande ano de redescubertas e máis descubertas das que quizais pensades. Será, de novo, un ano para gozardes, gozarmos da literatura que nos une e nos fai dalgún xeito mellores.

📌 Máis información
https://academia.gal/-/as-letras-galegas-2027-celebraran-a-xose-neira-vilas

Fundación Xosé Neira Vilas

Comezou a XXII edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova - CeMAC. Recibiron e saudaron aos alumnos e alumnas m...
08/07/2026

Comezou a XXII edición do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova - CeMAC. Recibiron e saudaron aos alumnos e alumnas matriculados Paulino Pérez, director do curso e Antonio Puga, alcalde de Celanova. O audiovisual continuará pasando por Celanova ata o vindeiro venres día 10.

07/07/2026
02/07/2026

O Paraninfo da Universidade de Santiago acollía na tarde deste 1 de xullo o acto de entrega da primeira Medalla de Ouro da Real Academia Galega de...

Unha xornada emocionante, impecable, o que se di redonda.
02/07/2026

Unha xornada emocionante, impecable, o que se di redonda.

Dirección

Vigo
36201

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Fundación Carlos Casares publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Fundación Carlos Casares:

Atajos

Compartir