03/09/2026
🎬🎨 ARTE E CINE 🎨🎬
A arte e o cine dialogan, emociónannos e forman parte das nosas vidas. Por iso, desde a Asociación de Artistas Galegos Alterarte, presentamos unha exposición moi especial: “Arte e Cine”.
Cada artista participante escolleu unha película ou serie que, dalgún xeito, lle tocou a alma, lle deixou pegada ou forma parte da súa historia persoal. A partir desa elección, cada un deixou voar a súa creatividade para transformar esa emoción nunha obra de arte.
Un fotograma, un cartel, unha escena, un personaxe, unha atmosfera… ou simplemente aquilo que esa película lle fixo sentir. Cada obra é unha mirada persoal ao cine a través da pintura e da creación artística. ✨
🖌️ Atoparedes obras realizadas en acuarela, óleo, acrílico, colaxe e técnicas mixtas, nunha exposición chea de diferentes estilos, sensibilidades e formas de entender a arte.
📍 Sala de ABanca
📌 Rúa Velázquez Moreno, Vigo
📅 Do 10 de setembro ao 10 de outubro
Agardámosvos a todos para compartir con nós esta viaxe entre o cine, as emocións e a arte. 🍿🎞️🖼️
Porque ás veces unha película non remata cando aparecen os créditos… queda connosco para sempre.
Vigo Cine