01/07/2026
✨ Hai días que nos lembran por que merece a pena seguir.
Vimos de recibir un recoñecemento por parte de Escena Galega e non podemos estar máis felices e agradecidas. 💛 Deixámosvos un carrusel de fotos do que foi unha noite moi especial.
Ata o Pazo da Peregrina achegáronse tres das nosas patas: Marcos, Anxo e Rocío. Xa sabedes que a Fer está agora mesmo na aventura máis importante de todas: coidando do seu bebé. Así que, de momento... non a deixamos traballar. 😜
Para nós este recoñecemento é moito máis ca un premio: é un pulo para seguir cara adiante, para continuar remando e sachando pola cultura galega no sur.
O martes 30 foi un deses días que quedan na memoria. Presentamos a nosa programación e, despois, puxemos rumbo ao fermoso Pazo da Peregrina para vivir unha gala organizada con agarimo e profesionalidade da man de Escena Galega e da produtora Cunde. Grazas por facernos sentir tan ben acollidas.
Mil grazas por este recoñecemento. Servirá para cargar pilas e seguir dando moita caña! 💪
E que orgullo compartilo con Teatro de Ningures, Salvador Forján, Moisés González, Luciano Fernández, o colectivo RPM e Carlos Lorenzo. Persoas loitadoras, comprometidas e referentes do teatro galego. Compartir este momento con vós foi unha honra.
E agora... preparados para este final de tempada 2026? Porque nós estamos máis ca preparadas! 🔥
Dende a Sala Artika e a compañía, como membros de Escena Galega, seguiremos sachando a leira ata que nos teñan que sacar o sacho da man á forza.
Grazas por acompañarnos sempre. Seguimos! ❤️
Vigo ArtesEscénicas SeguimosSachando