ensaia

ensaia Queriamos cambiar Galicia.

Somos un movemento social que, en forma de comunidade e cunha visión de longo prazo, busca visibilizar e impactar positivamente no talento de Galicia.

28/05/2026

As nais... 🥲

Unha marabilla escoitar falar (e tocar) a sobre a súa forma de entender o mundo. Xa dispoñible completamente en «As fillas novas».

«As follas novas» ten un título que cobra máis sentido ca nunca nesta entrega con Yas Deluaces. Unha desas novas creador...
27/05/2026

«As follas novas» ten un título que cobra máis sentido ca nunca nesta entrega con Yas Deluaces. Unha desas novas creadoras chamada a impactar na contorna, que fusiona a música popular coa natureza.

Lévanos a mergullarnos no lugar dende onde entende o mundo, Mazaricos, con sons cotiáns e xeografías que transforma en cancións e partituras visuais.

Unha conversa que convida a parar o ruído urbano para escoitar como a nosa lingua se volve melodía.

Nova marabilla visual de que esta vez tivo axuda por facer as fotos nun espazo tan inspirador como .coliving, onde a propia Yas estivo desfrutando a «Residencia ensaia».

Desfruta da conversa completa dirixida por na nosa bio.

Xa tes a entrevista con Yas Deluaces (), música e artista sonora. Unha conversa inspiradora que nos achega ao seu proces...
26/05/2026

Xa tes a entrevista con Yas Deluaces (), música e artista sonora. Unha conversa inspiradora que nos achega ao seu proceso de reconexión artística e á reconversión da antiga casa familiar nun espazo vivo de creación no rural () que agora é de visita obrigatoria nesa terra local da que sinte tanto orgullo, Mazaricos.

Finalista da «Bolsa ensaia» en 2025 polo seu talento, sensibilidade e a súa proposta artística. Xa tes todas as súas reflexións dispoñibles en «As follas novas», o podcast de ensaia 💧

🎤
📸

30/04/2026

Como entrenar a creatividade segundo a artista

Afondamos con Montse Piñeiro na súa fascinación polo analóxico e a importancia de recuperar a ollada curiosa sobre o fun...
29/04/2026

Afondamos con Montse Piñeiro na súa fascinación polo analóxico e a importancia de recuperar a ollada curiosa sobre o funcionamento físico do mundo.

Unha aposta pola técnica artesá que foxe da sobreestimulación dixital para reivindicar o aburrimento, a observación da natureza e a introspección como as fases necesarias onde realmente quenta o motor da creatividade.

A artista tamén comparte a súa visión sobre a democratización da cultura co seu proxecto Lanterna Máxica, unha iniciativa que busca levar a cultura a calquera recuncho fóra das grandes cidades. Monste defende unha arte accesible, capaz de facerse sen grandes medios técnicos pero con moito impacto emocional.

Unha conversa inspiradora que podes saborear aquí e desfrutar completa na túa plataforma favorita.

📸

Entrevistamos a Montse Piñeiro (), artista plástica e creadora escénica. Unha conversa que nos ensina que a arte é unha ...
28/04/2026

Entrevistamos a Montse Piñeiro (), artista plástica e creadora escénica.

Unha conversa que nos ensina que a arte é unha ferramenta fundamental para facer do mundo un lugar un pouco máis amable.

Finalista da «Bolsa ensaia» en 2024 polo seu talento e capacidade investigadora, fálanos sobre a importancia de habitar o aburrimento para cultivar a creatividade.

Xa dispoñible 💧

🎤
📸

26/03/2026

Quen protagoniza unha novela mariñeira?

Nerea Pallares comparte o punto de vista das que tecen rede, comunidade, coidados e son sostén na sua premiada obra «Punto de araña».

Escoita a conversa completa no noso podcast «As follas novas».

Adestrar a mirada para descubrir a fascinación no que nos rodea. Esta proposta de Nerea Pallares quédanos gravada. Explo...
25/03/2026

Adestrar a mirada para descubrir a fascinación no que nos rodea. Esta proposta de Nerea Pallares quédanos gravada.

Exploramos a épica do invisible e a importancia de soster o relato das mulleres dende a cotidianidade coa autora da exitosa novela «Punto de araña», que invita a manter vivo o tecido social da nosa costa.

Xa podes escoitar a conversa completa nas plataformas e desfrutar deste resumo visual grazas ao traballo do gran Ricardo Lede.

| Agradecemento especial a

Unha sorte escoitar a unha das voces máis xenuínas e potentes da narrativa galega actual:  A través da súa obra, convída...
24/03/2026

Unha sorte escoitar a unha das voces máis xenuínas e potentes da narrativa galega actual:

A través da súa obra, convídanos a desacostumar a mirada para descubrir o misterio e a fascinación que se agochan no que damos por feito.

Coa sorte de coñecela por ter sido finalista da «Bolsa ensaia» en 2023 polo seu talento investigador e literario, fala da épica do invisible. Premio García Barros en 2025 coa obra «Punto de araña» que está a traducirse a cinco idiomas, invítanos a entender a escrita como un acto de amor destinado a impactar positivamente no mundo.

Corenta minutos de agasallo que xa podes desfrutar na nosa bio💧

| Entrevista:
| Foto:
| Agradecemento:

26/02/2026

Que convirte a unha xoia en xoia?

Desfruta desta conversa completa con María Candamo en «As follas novas», o podcast de ensaia.

Dirección

Avenida Atlántida 160
Vigo
36208

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando ensaia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a ensaia:

Compartir