Vigocultura Concello de Vigo

Vigocultura Concello de Vigo Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Vigocultura Concello de Vigo, Teatro de actuaciones, Praza do Rei 1, Vigo.

DOMINGO 29 OUTUBRO, ás 18:00 h (Duración: 50 minutos)Talía Teatro “Voa, voa!”Voa, voa! é un espectáculo dirixido especia...
25/10/2023

DOMINGO 29 OUTUBRO, ás 18:00 h (Duración: 50 minutos)
Talía Teatro “Voa, voa!”

Voa, voa! é un espectáculo dirixido especialmente ao público infantil
pero para g***r en familia, para divulgar e relembrar a arte de
xogar coas palabras.
Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa xogar ao parque. Alí
coincide con Anxo, un neno introvertido que prefire estar na casa vendo
a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos
aqueles xogos que lle ensinou a súa avoa.
Unha montaxe na que se propón recuperar ditos, retrousos, xogos de man,...toda unha relación de ditos populares centrados nestas pequenas rimas que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral. Un espectáculo para incentivar o xogo pero, sobre todo, para incentivar ás familias (nais, pais e especialmente ás avoas e avós) a indagar na súa memoria para recuperar e transmitir os seus xogos da infancia e o vocabulario que se empregaba.

Recomendadao para público de 6 a 11 anos
Prezo da entrada: 5 €
bit.ly/3SBNDZN

SÁBADO 28 OUTUBRO, ás 20:00 h:“A RIR A VIGO”Presenta: Arantxa Treus Monólogos: Agustín Jiménez / Maru Candel / David Nav...
24/10/2023

SÁBADO 28 OUTUBRO, ás 20:00 h:
“A RIR A VIGO”
Presenta: Arantxa Treus
Monólogos: Agustín Jiménez / Maru Candel / David Navarro
Neste espectáculo pasarán polo escenario cómicos e cómicas, de "aquí" e de "alí". Cómicos e cómicas galegos, pero tamén andaluces, madrileños ou romaneses. Cómicos consagrados de toda a vida, cunha longa, coñecida e sólida traxectoria, pero tamén outros que están a empezar a despuntar no mundo da comedia e son o futuro da mesma. Homes, mulleres, algúns máis maiores, outros máis novos, cada un coa súa visión do mundo única e particular, pero cunha misión en común: facer rir. E, entre risa e risa, mostrar un espello de diversidade, como o da sociedade na que queremos vivir, porque, se de algo estamos todos convencidos e convencidas é de que, "entre broma e broma, a verdade asoma"

ARANTXA TREUS
Esta polifacética artista viguesa comparte escenario tódolos meses cos mellores monologuistas do país no seu espectáculo Los monólogos de la Treus. Traballou en series de televisión como Gondar, Serramoura ou Fariña. O seu monólogo S**o débil, o carallo recibiu o premio do FETEGA 2022 ao mellor monólogo cómico. Actualmente está de xira Revolta, o seu novo espectáculo teatral, unha viaxe pola evolución do ser humano desde unha mirada crítica e humorística contada por mulleres e é unha das cómicas de "El club de la comedia".

AGUSTÍN JIMÉNEZ
Uno dos cómicos máis relevantes e irreverentes do panorama nacional. Participou en numerosos programas e series de televisión, como Gym Tony (Cuatro), Lleno, por favor (Antena 3), Mis adorables vecinos (Antena 3), Siete vidas (Telecinco) ou El Chiringuito de Pepe (Telecinco) entre moitas outras. Ademais, ten unha extensa carreira en cinema e teatro.

MARU CANDEL
Maru Candel é unha actriz cómica e cantante sevillana criada no corazón de Triana. Comezou a súa carreira no ano 2005 percorrendo o país cos seus espectáculos de Stand Up Comedy. Desde os seus inicios soubo mesturar a comedia coa música nos seus monólogos: “S.O.S”, “Divagando”, “Mujer dejada”, “Todo pasa por algo amor”, “Mandarinas, amor en gajos” e “La antigua y la moderna”. Participa en Comedy Central e en Las noches del club de la comedia.

DAVID NAVARRO
Cómico de Jaén, nacido en 1976, que tras licenciarse en Dereito, deixou o seu posto de funcionario para lanzarse á comedia. Actualmente é cómico principal no Club de la Comedia, colaborador do programa “A vivir que son dos días” da Cadena SER (presentado por Javier Del Pino) e é o quentador do programa “Ilustres Ignorantes” de Movistar+. Tras máis de 20 monólogos emitidos en Paramount Comedy e de representar as súas obras por todo o país, actualmente dirixe e protagoniza “Comecocos, ovnis e David Bowie”, unha comedia de ciencia ficción baseada nos anos 80.

Recomendado para público adulto
Duración: 90 minutos
Prezo da entrada: 12 €
bit.ly/3SBNDZN

VENRES 27 OUTUBRO, ás 20:00 h (Duración: 90 minutos):“A RIR A VIGO”Presenta: Jazmín AbuínMonólogos: Agustín Jiménez / Ál...
23/10/2023

VENRES 27 OUTUBRO, ás 20:00 h (Duración: 90 minutos):
“A RIR A VIGO”
Presenta: Jazmín Abuín
Monólogos: Agustín Jiménez / Álex Salaberri / Bianca Kóvacs

Neste espectáculo pasarán polo escenario cómicos e cómicas, de "aquí" e de "alí". Cómicos e cómicas galegos, pero tamén andaluces, madrileños ou romaneses. Cómicos consagrados de toda a vida, cunha longa, coñecida e sólida traxectoria, pero tamén outros que están a empezar a despuntar no mundo da comedia e son o futuro da mesma. Homes, mulleres, algúns máis maiores, outros máis novos, cada un coa súa visión do mundo única e particular, pero cunha misión en común: facer rir. E, entre risa e risa, mostrar un espello de diversidade, como o da sociedade na que queremos vivir, porque, se de algo estamos todos convencidos e convencidas é de que, "entre broma e broma, a verdade asoma".

JAZMÍN ABUIN
Actriz, monologuista, cantante e xornalista viguesa cunha longa traxectoria, tanto en teatro musical e de texto, como en televisión, en series como Acacias 38, Amar es para siempre, La que se avecina, Serramoura ou a recente serie de Netflix Machos alfa. Tamén traballou en cinema (Ola de crímenes, La casa de tiza ou a curtametraxe Cordelias, de Gracia Querejeta). Actualmente é unha das cómicas de "El club de la comedia en Madrid".

AGUSTÍN JIMÉNEZ
Uno dos cómicos máis relevantes e irreverentes do panorama nacional. Participou en numerosos programas e series de televisión, como Gym Tony (Cuatro), Lleno, por favor (Antena 3), Mis adorables vecinos (Antena 3), Siete vidas (Telecinco) ou El Chiringuito de Pepe (Telecinco) entre moitas outras. Ademais, ten unha extensa carreira en cinema e teatro.

ÁLEX SALABERRI
Álex Salaberri é médico, mesmo estudou para selo, pero tamén é cómico, bo, e tamén pinta e canta, bastante mal, por certo. As súas actuacións son representacións a corazón aberto, cargadas de risas e divertidas ideas. Unha sesión de risoterapia para alcanzar a sanación a golpe de gargallada. Residente nalgúns dos principais teatros e salas de comedia de España, Alex mostrarache o camiño para rirte das pequenas miserias humanas e, ao mesmo tempo, descubrirás unhas cantas razóns para seguir crendo nun futuro mellor.

BIANCA KOVACS
Bianca Kovacs ten unha notable carreira como actriz e comediante. Participou en Y se si?, un programa de José Mota presentado por Santiago Segura, ten dous especiais de comedia en Phi Beta Lambda e un no programa Stand-Up 3000 de Comedy Central, en Movistar Plus+. Tamén participou no programa Roast Battle, da mesma cadea. Presentou durante dúas temporadas Las noches del Club de la Comedia en Madrid e Barcelona. Actualmente está de xira por toda España co seu monólogo Una rumana muy legal e participa no espectáculo La noche de la risa en el teatro Capitol de Gran Vía, en Madrid.

Recomendado para público adulto
Prezo da entrada: 12 €
bit.ly/3SBNDZN

DOMINGO 22 OUTUBRO, tres funcións: ás 12:00 h (entradas esgotadas),  ás 16:00 h e ás 18:00 h. (entradas esgotadas)Aforo ...
18/10/2023

DOMINGO 22 OUTUBRO, tres funcións:
ás 12:00 h (entradas esgotadas),
ás 16:00 h e
ás 18:00 h. (entradas esgotadas)
Aforo superreducido
L’auténtica “¡OH UH AH EI! TIERRA, AIRE, FUEGO, AGUA”

OH UH AH EI! TIERRA·AIRE·FUEGO·AGUA é unha viaxe lúdica polos elementos da natureza da man de dous curiosos personaxes que exploran, fan preguntas, sorpréndense e mesmo nos convidan a un final de discoteca cheo de música e luces onde poder bailar. A pantalla no medio do espazo escénico crea unha experiencia fascinante onde o público se move libremente polo espazo xerando así, por unha banda, o poder contemplar e interactuar co son e a palabra e, por outra, crear un universo cheo de sombras que chaman ao movemento. Por onde voan as bolboretas? Onde se plantan as flores? Como fai o son da choiva?" Vén mergullarte nesta MARABILLOSA VIAXE.

Idioma: visual
Recomendado para público de 1 a 5 anos
Duración: 40 minutos
Prezo da entrada: 5 € (Todas as persoas, incluídos os menores independentemente da idade, pagarán entrada)
bit.ly/3SBNDZN

SÁBADO 21 OUTUBRO, ás 20:00 h.A Feroz: “Frío”Quen sabe exactamente que vai facer cada día durante o resto da súa vida no...
17/10/2023

SÁBADO 21 OUTUBRO, ás 20:00 h.
A Feroz: “Frío”
Quen sabe exactamente que vai facer cada día durante o resto da súa vida non abeira grandes temores nin demasiadas ilusións.

Akaki podería xurar que o seu porvir está escrito en liñas rectas con tinta esluída, el deixase ir nos riscos seguros e firmes da súa rutina, que o protexe dos grandes males e das alegrías inesperadas.

Pero a súa existencia metódica, ordenada e frugal vese alterada cando o seu abrigo, de tan gastado, xa non o pode protexer do frío. Nace aí unha necesidade inevitable en forma de abrigo novo. Traballará máis aló do esgotamento para conseguir a ansiada fin. Será capaz de logralo?

Conseguirá librarse do cruel frío de San Petersburgo?

Idioma: sen texto
Recomendado para público adulto
Duración: 85 minutos
Prezo da entrada: 10 €
bit.ly/3SBNDZN

VENRES 20 OUTUBRO, ás 20:00 hTerritorio violeta e Producciones Circulares : “A que voy yo y lo encuentro”Varias pezas cu...
16/10/2023

VENRES 20 OUTUBRO, ás 20:00 h
Territorio violeta e Producciones Circulares : “A que voy yo y lo encuentro”

Varias pezas curtas, salpicadas doutras máis breves, algunhas minúsculas, e evocadoras cancións, que parece que nos traen e nos levan, pero que en realidade pérdennos, nesta obra para dúas actrices e dous músicos. Amparo foi a coidadora de Ángela, unha anciá que está agora nunha residencia. Alba, que chegou hai un par de días á cidade, non foi a visitar á súa nai, coa que leva anos sen falarse. Alba veu á casa de Ángela a recoller as últimas cousas, xa que o piso está á venda. Amparo está alí para revisar os discos, porque quere gravar unha lista de cancións. Di a doutora que isto poderá axudar a Ángela a manter viva a súa memoria. A música gárdase nun caixón do cerebro, separado do resto dos recordos, e ao abrilo, a súa luz pode alumar outros recordos agora en sombra. Pode unha playlist de cancións sandar unha relación entre nai e filla? Quen non ten unha playlist da historia da súa vida?

Idioma: castelán
Recomendado para público adulto
Duración: 90 minutos
Prezo da entrada: 10 €
bit.ly/3SBNDZN

14/10/2023

DOMINGO 15 OUTUBRO, ás 18:00 h:
Festuc Teatre Companyia : “La lámpara maravillosa”

Algunha vez soñaches atopar unha lámpada marabillosa cun xenio dentro capaz de conceder tres desexos? A nosa historia trata dunha nena chamada Nur e sobre a vontade por cumprir o seu único desexo: que a súa nai se cure da enfermidade que sofre. Un desexo que non se pode cumprir, xa que o xenio só pode conceder desexos para a persoa que atopa a lámpada. Alfombras voadoras, carreiras no medio do deserto, durmir nun oasis baixo as estrelas ou ao acubillo dunha jaima… Un conxunto de aventuras dignas das mil e unha noites.
Festuc Teatre presenta un espectáculo que nos fala dos desexos, da aceptación e do amor, capaz de exceder as dificultades que nos presenta a vida.

Idioma: castelán
Idade recomendada: familiar, a partir de 5 anos
Duración: 55 minutos
Prezo da entrada: 5 €
bit.ly/3SBNDZN

SÁBADO 14 OUTUBRO, ás 20:00 h:* Migallas Teatro : “Falemos como galegas”Por que a situación da lingua galega é a que é? ...
10/10/2023

SÁBADO 14 OUTUBRO, ás 20:00 h:
* Migallas Teatro : “Falemos como galegas”

Por que a situación da lingua galega é a que é? Cales son os falsos tópicos máis comúns sobre ela? Que son a “diglosite” e a “castrapite”? De onde veñen os prexuízos sobre a lingua? A quen afectan? Teñen cura? Que remedios hai para tratalos? Cal é o futuro do galego?

“Falemos como galegas” é un espectáculo humorístico interactivo onde se abordan estas e outras moitas cuestións relativas á lingua galega a través de sketchs e cancións cómicas de autor.

María Campos e Carlos Yus danlle vida a un feixe de personaxes entre os que se atopa a popular Sra. de Palmírez, coñecida polas súas intervencións no programa Luar da TVG e toda unha icona do “castrapismo”.

As cancións, alén de cuestións sociolingüísticas, tratan temas como a defensa da cultura propia e do patrimonio natural, a influencia dos medios de comunicación, a publicidade, a moda, o clasismo etc.

Cada función de “Falemos como galegas” é unha invitación amena e divertida a reflexionar sobre a historia, a actualidade e o futuro da lingua galega, co obxectivo de fomentar o seu uso normalizado entre as galegas e galegos de todas as idades.

Idioma: galego
Idade recomendada: público adulto
Duración: 60 minutos
Prezo da entrada: 5 €
bit.ly/3SBNDZN

VENRES 13 OUTUBRO, ás 20:00 h:* Natalia Outeiro “Pajarito”: “Isolada”SINOPSE:Isolada é a chegada dunha pallasa a unha il...
09/10/2023

VENRES 13 OUTUBRO, ás 20:00 h:
* Natalia Outeiro “Pajarito”: “Isolada”

SINOPSE:
Isolada é a chegada dunha pallasa a unha illa onde naufragar é sobrevivir, e o fracaso unha forma de existir. Unha historia contada a través dela, do seu xeito de ver o mundo, dende a verdade do xogo, dende a pureza do ser. Todo cambia a cada instante porque con todo se pode xogar no presente.

Unha aventura chea de ilusión, xogo, imaxes; onde se fala da ensoñación, soidade e loucura. Unha illa onde a risa e a poesía son o fío que entrelaza as historias, e onde se volta a esencia do clown.

Idioma: sen texto
Idade recomendada: público adulto
Duración: 50 minutos
Prezo da entrada: 8 €
Faite coa túa entrada a través desta ligazón: bit.ly/3SBNDZN

Xa é posible facerte coas túas entradas a través de Giglon, na ligazón de sempre:bit.ly/3SBNDZN
08/10/2023

Xa é posible facerte coas túas entradas a través de Giglon, na ligazón de sempre:

bit.ly/3SBNDZN

Hoxe SÁBADO 7 OUTUBRO, ás 20:00 h:* Troula: “Psychodelia”Percorrido: Rúa do Príncipe, dende o Marco ata a Porta do SolSI...
07/10/2023

Hoxe SÁBADO 7 OUTUBRO, ás 20:00 h:
* Troula: “Psychodelia”
Percorrido: Rúa do Príncipe, dende o Marco ata a Porta do Sol

SINOPSE:
A festa chega á rúa!, ao ritmo da música “psicodélica”, as diferentes personaxes invitarán a todos a participar da troula. Alegría e diversión nun pasacalles cheo de cor.

Duración: 60 minutos

Dirección

Praza Do Rei 1
Vigo
36202

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Vigocultura Concello de Vigo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Vigocultura Concello de Vigo:

Compartir