Feira do Leste

Feira do Leste Compañía teatral galega

Contratación: [email protected]
Tlf. 695430892 Contratación: [email protected]
Tlf. 695430892

Feira do Leste é unha compañía de teatro experimental e novas dramaturxias asentada en Vigo (Galicia).

O noso compañeiro César No ten nas súas veas a esencia da narración oral da montaña de Lugo.  Desfrutade con esta fermos...
13/12/2021

O noso compañeiro César No ten nas súas veas a esencia da narración oral da montaña de Lugo. Desfrutade con esta fermosa entrevista no El Progreso de Lugo

Fascinado dende neno polas historias que lle narraba súa avoa Donina Rodríguez, o sarriao César No traballa de luns a venres como profesional do márketing nunha empresa da vila e reserva a fin de semana para dar renda solta á súa faceta de contacontos

📙 A mellor maneira de apoiar o proxecto editorial que temos é mercando estes estupendos libros!!Illas Desertas é a obra ...
17/07/2021

📙 A mellor maneira de apoiar o proxecto editorial que temos é mercando estes estupendos libros!!

Illas Desertas é a obra de ArtesaCía Transmedia e conta cunha edición con imaxes a toda cor. Xa tedes lectura de verán!

Libro co texto teatral ILLAS DESERTAS ilustrado con imaxes do espectáculo multimedia orixinal da compañía ArtesaCía.

Polo Narra Sarria andaremos os domingos de xullo e o primeiro de agosto. Botade un ollo á programación! 👇𝐃𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟏𝟏 𝐝𝐞 𝐱...
10/07/2021

Polo Narra Sarria andaremos os domingos de xullo e o primeiro de agosto. Botade un ollo á programación! 👇
𝐃𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟏𝟏 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨
🔸 12.30 horas ➡️ 𝑂 𝑡𝑒𝑎𝑡𝑟𝑜 𝑚𝑎́𝑖𝑠 𝑝𝑒𝑞𝑢𝑒𝑛𝑜 𝑑𝑜 𝑚𝑢𝑛𝑑𝑜, Santi Prego
🔸 20 horas ➡️ 𝐷𝑜𝑢𝑠 𝑓𝑎𝑙𝑎𝑏𝑎𝑟𝑎𝑡𝑜𝑠 𝑒 𝑢𝑛 𝑑𝑒𝑠𝑡𝑖𝑛𝑜, César No e servidor
𝐃𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟏𝟖 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨
🔸 12.30 horas ➡️ 𝐻𝑖𝑠𝑡𝑜𝑟𝑖𝑎𝑠 𝑑𝑒𝑙𝑖𝑟𝑎𝑛𝑡𝑒𝑠 𝑑𝑒 𝑛𝑒𝑛𝑎𝑠 𝑒 𝑛𝑒𝑛𝑜𝑠 𝑓𝑎𝑠𝑐𝑖𝑛𝑎𝑛𝑡𝑒𝑠, Ernesto Is
🔸 20 horas ➡️ 𝑆𝑒𝑖𝑐𝑎, Lorena Pinheiro
𝐃𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟐𝟓 𝐝𝐞 𝐱𝐮𝐥𝐥𝐨
🔸 12.30 horas ➡️ 𝑂 𝑎𝑔𝑎𝑠𝑎𝑙𝑙𝑜 𝑑𝑎𝑠 𝑎́𝑟𝑏𝑜𝑟𝑒𝑠, Cris De Caldas e Xabi do Camiño
🔸 20 horas ➡️ 𝑈𝑛 𝑓𝑒𝑖𝑥𝑒 𝑑𝑒 𝑐𝑜𝑛𝑡𝑜𝑠, Cris De Caldas
𝐃𝐨𝐦𝐢𝐧𝐠𝐨 𝟏 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨
🔸 12.30 horas ➡️ 𝐿𝑢́𝑎 𝑒 𝑜 𝑡𝑒𝑠𝑜𝑢𝑟𝑜 𝑑𝑜 ℎ𝑜́𝑟𝑟𝑒𝑜, Nerea Brey
🔸 20 horas ➡️ 𝐶𝑜𝑛𝑡𝑜𝑠 𝑛𝑎 𝑙𝑎𝑟𝑒𝑖𝑟𝑎, Iván Davila

NarraSarria nace sendo o primeiro Festival de Narración Oral e Contacontos da vila luguesa. Unha actividade que levará oito espectáculos ás rúas de Sarria durante os domingos de xullo e o primeiro de agosto. O festival está impulsado pola compañía Feira do Leste e conta coa financiación do ...

09/07/2021

🌿 Sarria se encherá de contos e historias durante este verán. Feira do Leste organiza o Festival Narra Sarria grazas ao ...
07/07/2021

🌿 Sarria se encherá de contos e historias durante este verán. Feira do Leste organiza o Festival Narra Sarria grazas ao apoio do Concello De Sarria e esta é a programación ⤵️⤵️

📙 ILLAS DESERTAS é a obra da compañía ArtesaCía Transmedia que vimos de editar en Á Feira Edicións. Unha completa edició...
23/06/2021

📙 ILLAS DESERTAS é a obra da compañía ArtesaCía Transmedia que vimos de editar en Á Feira Edicións. Unha completa edición con fotografía á toda cor que seguro que vos vai encantar.

O prezo é de 12,50 euros e podedes mercalo la nosa web 😍 así axudades a que sigamos co proxecto editorial!

Libro co texto teatral ILLAS DESERTAS ilustrado con imaxes do espectáculo multimedia orixinal da compañía ArtesaCía.

19/06/2021

📺 Estivemos falando con Pilar Garcia Rego no Zigzag Diario sobre o noso selo editoria e as novidades que publicamos esta tempada:
👉 Dramaturxia Galega Actual Vol II 👈 de Ana Abad de Larriva, Laura Porto, César No e Fernando Castro Paredes.
👉 Illas desertas 👈 de ArtesaCía Transmedia.

Os podedes atopar en: www.afeiraedicions.feiradoleste.com

11/06/2021

🎙 Hoxe tivemos unha agarimosa conversa co Diario Cultural da Radio Galega falando de Dramatuxia Galega Actual Vol II.

Pódese mercar en: www.afeiraedicions.feiradoleste.com

🌻 O senso da floración (Laura Porto)
🐍 Ofelia ou o cabeiro da cóbrega (Fernando Castro Paredes)
🛶 Camiños de Luz (César No)
❄️ Romper o xeo, bailar a nada (Ana Abad de Larriva Larry Jane)

📚 A Erregueté - Revista Galega de Teatro faise eco da publicación do novo volume de Dramaturxia Galega Actual.🌻 O senso ...
25/05/2021

📚 A Erregueté - Revista Galega de Teatro faise eco da publicación do novo volume de Dramaturxia Galega Actual.

🌻 O senso da floración (Laura Porto)
🐍 Ofelia ou o cabeiro da cóbrega (Fernando Castro Paredes)
🛶 Camiños de Luz (César No)
❄️ Romper o xeo, bailar a nada (Ana Abad de Larriva)

Catro pezas de Laura Porto, César No, Ana Abad e Fernando Castro Paredes forman parte do segundo volume de Dramaturxia Galega Actual.

📘 LANZAMENTO | Xa podedes adquirir o segundo volume de Dramaturxia Galega Actual con obras de Ana Abad de Larriva, César...
18/05/2021

📘 LANZAMENTO | Xa podedes adquirir o segundo volume de Dramaturxia Galega Actual con obras de Ana Abad de Larriva, César No, Laura Porto e Fernando Castro Paredes.

📍 O senso da floración
📍 Ofelia ou o cabeiro da cóbrega
📍 Camiños de luz
📍 Romper o xeo, bailar a nada

Dramaturxia Galega Actual - Vol II contén catro obras: O senso da floración (Laura Porto); Ofelia ou o cabeiro da cóbrega (Fernando Castro Paredes); Camiños de Luz (César No); Romper o xeo, bailar a nada (Ana Abad de Larriva)

🚀 RECORDADE! Ampliamos o prazo do certame ata o 1 de xuño no que podedes presentar os vosos textos teatrais orixinais.
16/05/2021

🚀 RECORDADE! Ampliamos o prazo do certame ata o 1 de xuño no que podedes presentar os vosos textos teatrais orixinais.

Aberto o prazo de presentación de obras teatrais orixinais. Tes ata o 26 de marzo de 2021 para enviar a túa peza.

Dirección

Vigo

Teléfono

+34695430892

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Feira do Leste publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Feira do Leste:

Compartir

Categoría