AA.VV.San Miguel de Oia

AA.VV.San Miguel de Oia AA.VV. San Miguel de Oia, Vigo

Alguns dos momentos da celebración do 50 Aniversário da A.V.V. de San Miguel de Oia.
03/09/2026

Alguns dos momentos da celebración do 50 Aniversário da A.V.V. de San Miguel de Oia.

DÍA DO SOCIO, FESTA DO 50 ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOSBo día.O sábado 29 de agosto, a partir das 19:00 h, imos c...
31/07/2026

DÍA DO SOCIO, FESTA DO 50 ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS
Bo día.
O sábado 29 de agosto, a partir das 19:00 h, imos celebra como se merece, o 50 aniversario da constitución oficial da Asociación de Veciños de San Miguel de Oia.
Estamos preparando unha gran festa con invitación especial para socios e socias, que en definitiva sodes os protagonistas e dades sentido a nosa entidade.
• Persoas socias: Poderedes recoller dende o 10 ata o 21 de agosto de 19:30h a 21:00h, as vosas invitacións nas oficinas do local social, dúas por socio gratis para a cea homenaxe.
• Persoas non socias: tamén poderán cear con nós, mercando o correspondente tícket na cantina dende o 10 ata o 21 de agosto. De tódolos xeitos, as persoas non socias, están invitadas a acudir libremente a desfrutas da música e do ambiente festivo, sen necesidade de tícket.
O feito de recoller con antelación as invitacións gratuítas ou mercar os tíckets, é para prever con tempo a loxística e os menús.
Toda a celebración incluída a cea homenaxe, está prevista na zoa do polideportivo exterior, agás plan B de mal tempo, que montaríamos todo o necesario nas estupendas instalacións interiores que temos.

23/07/2026
• Queres saber se a túa alimentación é a máis axeitada?• Queres saber como coidar o teu corpo e as túas emocións coa nut...
17/06/2026

• Queres saber se a túa alimentación é a máis axeitada?
• Queres saber como coidar o teu corpo e as túas emocións coa nutrición?
• Que impacto ten o que comes no teu corpo e na túa mente?
• Queres aprender a corrixir os malos hábitos alimenticios?
As respostas a estas cuestións e moitas máis, na charla sobre alimentación saudable e autocoidados, que impartirán nutricionistas especializadas este venres 19 de xuño ás 18:00 h na Asociación de Veciños (Hexágono).
Entrada libre ata acadar aforo

Non te perdas este sábado 13 de xuño ás 20:00 h, no Auditorio de San Miguel de Oia, o sensacional concerto “UN MAR DE CO...
11/06/2026

Non te perdas este sábado 13 de xuño ás 20:00 h, no Auditorio de San Miguel de Oia, o sensacional concerto “UN MAR DE CORAIS”, con tres das mellores corais polifónicas da contorna:
• SCDR Helios de Bembrive
• O Coto do Carballal
• Lira de San Miguel de Oia
Entrada libra ata acadar aforo.

O MELLOR TEATRO DA RÍAEste sábado 6 de xuño ás 20:00 h, o Auditorio de San Miguel de Oia será o epicentro teatral da cid...
03/06/2026

O MELLOR TEATRO DA RÍA
Este sábado 6 de xuño ás 20:00 h, o Auditorio de San Miguel de Oia será o epicentro teatral da cidade, os nosos grupos de teatro van a representar en exclusiva mundial, dúas gallofeiras comedias para non parar de rir.
1º As expertas e xa consagradas TEATREIRAS DE SAN MIGUEL DE OIA, presentan a súa nova comedia: A CONSULTA.
2º O grupo revelación OIARTEATRO, debutan coa súa comedia: FOLGA DE ACHAQUES.
Cultura e arte, con moito cariño para todos vós.
Entrada libre ata acadar aforo.
Grazas polo voso apoio.

FESTIVAL FIN DE CURSO EXHIBICIÓN DE ACTIVIDADES.Este sábado 30 de maio ás 18:30 h, no Auditorio de San Miguel de Oia, gr...
28/05/2026

FESTIVAL FIN DE CURSO EXHIBICIÓN DE ACTIVIDADES.
Este sábado 30 de maio ás 18:30 h, no Auditorio de San Miguel de Oia, gran Festival Exhibición de Actividades. Participa neste sensacional día, no que os distintos grupos de actividades desenvolvidas no Local Social, van culminar o curso da mellor maneira, compartindo o seu saber facer con todos nós.

Poderás vivir de preto o movemento cultural, deportivo e social da túa asociación veciñal. Tanto se coñeces os grupos de actividades, como se non, de seguro vaste emocionar coas sorpresa que nos teñen preparadas.

Grazas polo teu apoio e participación.

FOLK NO AUDITORIO DE SAN MIGUEL DE OIAEste sábado 23 de maio, ás 19:30 h, achégate ao Auditorio de San Miguel de Oia (Ca...
21/05/2026

FOLK NO AUDITORIO DE SAN MIGUEL DE OIA
Este sábado 23 de maio, ás 19:30 h, achégate ao Auditorio de San Miguel de Oia (Camiño Currás 34, 36390 Vigo), non te perdas este incrible acontecemento folk.
Comprometidos coa nosa cultura, ofrecémosvos:
· REGUEIFAS: pola conta da Concellería de normalización lingüística do Concello de Vigo: co regueifeiro MANI e a regueifeira LORENA MEDELA.
· MUSICA FOLK: Pola conta da Asociación Veciñal: co grupo XOLDA de San Miguel de Oia.
Entrada libre ata acadar aforo.

TROULA E CHOURIPÁN NA VESPERA DO DÍA DAS LETRAS GALEGASEste Sábado 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, ven a ...
12/05/2026

TROULA E CHOURIPÁN NA VESPERA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Este Sábado 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, ven a desfrutar a partir das 18:30 h, dunha gra troula veciñal no Centro Socio-Cultural da AVV de San Miguel de Oia.
Animará a tarde, o senlleiro grupo folk “OS TERRIBLES DE DONAS”, e poderás degustar o tradicional ChouriOia,
Anímate a participar cos teus.

Pepo Suevos, un tipo xenial, o Día Das Letras Galegas no auditorio de San Miguel de Oia.
11/05/2026

Pepo Suevos, un tipo xenial, o Día Das Letras Galegas no auditorio de San Miguel de Oia.

Dirección

Camiño Currás N. 34
Vigo
36390

Teléfono

+34630680899

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando AA.VV.San Miguel de Oia publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir