05/06/2026
O IMC como sentenza arbitraria para a maternidade e o Ozempic como pretendido milagre, sen contar as consecuencias. As fotos onde apareces atrás, tapada, metendo a barriga. A violencia que aumenta con cada quilo na báscula. O corpo gordo como algo transitorio. Mais tamén os festivais gordos e o transfeminismo, o 4 de marzo resignificado. Disto e máis fálanos Leticia Citoula en “Razóns de peso. Desbordamentos, des**os e outras incomodidades gordas”.
👉 Xa podes conseguilo tanto en ebook como formato físico a través de CatroVentos.Gal, ou na túa libraría máis próxima
Razóns de peso é un libro que fala “do peso simbólico que cargamos as persoas que habitamos corpos gordos, e do peso político que decidimos asumir. Dezanove voces diversas que nos xuntamos para dicir que xa non temos nada que xustificar para falar de amor, de s**o, de soidade, de saúde mental e física, de des**o e de mirada.”