27/11/2020
🎪 Dikothomia Cía presenta esta tarde no 'Ego', un espectáculo de circo que convida ao público a compartir unha experiencia efímera. Un percorrido polos diferentes personaxes que residen dentro dun individuo e unha oda á maza como obxecto circense de expresión artística.
Endika Salazar, (intérprete), e Pau Portabella, (director), xogan coas súas ferramentas: circo, teatro e movemento, para o que contan ademais coa axuda de Pablo Ibarluzea.
⏺ Para conseguir unha maior conexión e participación propoñen un espazo escénico singular, un círculo, como unha forma de rememorar ao circo máis ancestral.
🎫 É a segunda das funcións para o público xeral coas que colabora o Centro Dramático Galego no marco do V Encontro D10! para a Formación e Innovación en Circo que organiza PistaCatro Produtora.
⏰ O pase será ás 20:30 horas no Salón Teatro. O prezo da entrada é de 7 euros e a venda farase no despacho de billetes desde as 18:30 horas.
📸 Foto de Enrique Gutiérrez Aragón.