Pareidolia espazo de arte

Pareidolia espazo de arte Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Pareidolia espazo de arte, Arte, Teo.

Espazo de arte en Cacheiras, Teo (A Coruña)
• Clases de debuxo e pintura coa artista Alejandra Pardo
• Desenvolvemento da creatividade a través da arte
• Exposicións e eventos culturais
• Talleres monográficos

🌺No mes de xuño comezan o verán e as vacacións escolares, así que en Pareidolia ofrecemos actividades artísticas para go...
03/06/2026

🌺No mes de xuño comezan o verán e as vacacións escolares, así que en Pareidolia ofrecemos actividades artísticas para gozalas de forma creativa:
✂Obradoiro de collage coa ilustradora Laura Tova, este domingo pola mañá.
🌿Borda as herbas de San Xoán, con Maritza Berttolini, o próximo sábado 13 pola tarde.
✏ Debuxa os teus personaxes de manga, coa ilustradora especializada en manga Mireia Suárez. Os luns 22 e 29 de xuño de 6 a 8 da tarde.
🖌️Campamentos artísticos infantís e adolescentes, desde o 22 de xuño ata o 31 de xuño polas mañás.
🎨Clases de debuxo e pintura coa artista Alejandra Pardo.
🖼 Exposición do artista compostelán Pedro Millán, que se inaugurará (probablemente) o venres 19 de xuño. Xa vos informaremos!

👩‍🎨 Agardo que vos gusten e que vos dean ganas de crear!

✂️Este domingo, a ilustradora Laura Tova vai vir a Pareidolia a impartir un divertido obradoiro de collage en Teo!📔Desde...
02/06/2026

✂️Este domingo, a ilustradora Laura Tova vai vir a Pareidolia a impartir un divertido obradoiro de collage en Teo!
📔Desde un papel, tesoiras e cartolinas, experimentaremos coa composición, ritmo e a cor. Así, con formas sinxelas e sintéticas, contaremos historias invisibles nas nosas imaxes.
✏Un taller pensado para calquera persoa con curiosidade, con ou sen experiencia previa no debuxo. Só precisas traer as túas ganas de xogar.
🖼Ao remate desta experiencia, deseñada para experimentar, liberar a mente e desfrutar do proceso creativo, cada alumno ou alumna creará 3 pezas orixinais de collage de formato único, listas para enmarcar preciosamente e levar para a casa.
💭Nun mundo cheo de pantallas e estímulos inmediatos, este espazo convídanos a baixar o ritmo, reconectar co traballo manual e descubrir o potencial poético que se agocha nos materiais máis sinxelos.

🍷Mañá á hora do vermú presentamos a revista ilustrada "Neomutante".✏ Nela, artistas de diferentes áreas (cómic, ilustrac...
29/05/2026

🍷Mañá á hora do vermú presentamos a revista ilustrada "Neomutante".
✏ Nela, artistas de diferentes áreas (cómic, ilustración, narrativa, etc.) interpretan conceptos coma parásito, criatura ou metamorfose, cada quen no seu terreo.
🖼 Nas paredes, imos expor as láminas das ilustracións, dispoñibles para quen se namore delas.
🪲 Agardámosvos na Travesía de Cacheiras, nº35, ás 13:00

🌿 Para celebrar que por fin volve parecer primavera, a bordadora Maritza Berttolini vai ofrecer un novo obradoiro en Par...
20/05/2026

🌿 Para celebrar que por fin volve parecer primavera, a bordadora Maritza Berttolini vai ofrecer un novo obradoiro en Pareidolia, dedicado á ilustración botánica.
🪡 Con exercicios adaptables tanto a iniciación como a perfecciónamento, aprenderemos a bordar en bastidor as nosas plantas favoritas, dende os toxos ata as magnolias.
🕔 Comezamos este sábado ás 5 da tarde. Contamos contigo?

✏️ Últimos días para visitar a exposición "Destrazar", a exposición individual de Inês Soares.🦀 Nela, a artista portugue...
20/05/2026

✏️ Últimos días para visitar a exposición "Destrazar", a exposición individual de Inês Soares.
🦀 Nela, a artista portuguesa explora as relacións formais e simbólicas entre as mans humanas e as extremidades doutros animais, coma as pinzas dos cangrexos. Así, reflexiona sobre o noso potencial creador e destructor, expresivo e violento.
👩‍🎨Inês Soares é artista plástica e educadora artística. Aproxímase ao debuxo desde a performance, o xogo e as instrucións poéticas, xerando actos compartidos de creación.
🎨 Agardámosvos ata este venres, 22 de maio, no horario de apertura habitual ou con cita previa.

🌷Maio está cheo de actividades en Pareidolia espazo de arte!🧶Obradoiro de bordado botánico, coa ilustradora que debuxa c...
15/05/2026

🌷Maio está cheo de actividades en Pareidolia espazo de arte!
🧶Obradoiro de bordado botánico, coa ilustradora que debuxa con fíos, Maritza Berttolini. O próximo sábado 23 de maio, a partir das 5 da tarde.
📓Presentación do fanzine Neomutante e exposición das láminas das ilustracións. Sábado 30 á hora do vermú 🍷
🦀A exposición "Destraçar", de Inês Soares, poderá visitarse ata o venres 22 de maio, no horario de apertura ou con cita previa.
🎨Clases de debuxo e pintura, desde iniciación ata nivel avanzado, coa artista plástica Alejandra Pardo.
🖱️Xa comezamos o curso "Entende e actualiza a túa web", da man da axencia de comunicación artesanal A Masa. Podes esccribirnos por privado para enterarte do seguinte antes que ninguén!

💜 Se che parece valioso que ofrezamos actividades culturais e creativas na túa zona: indica que che gusta, comenta, comparte e garda esta publicación.
📞E, se tes interese nalgún curso ou obradoiro, escríbenos por privado para solicitar máis información e reservar a túa praza.

💻 Dedicarse á comunicación dixital é compatible con defender a sustentabilidade, a calma e a proximidade.💚 Esa coinciden...
27/04/2026

💻 Dedicarse á comunicación dixital é compatible con defender a sustentabilidade, a calma e a proximidade.

💚 Esa coincidencia cos valores de Pareidolia fai que a colaboración con A Masa Comunicación sexa tan natural e coidada.

🖱 Por iso, non podemos deixar de recomendar o curso co que che van axudar a mellorar e actualizar a túa páxina web.

👩‍🎨 Se es artista, emprendedora, artesán, músico, deseñadora, etc., e comezaches a facer a túa web pero non sabes continuar; ou creáchela hai anos e xa non che representa; A Masa están aquí para axudarche.

📅 Será todos os xoves de maio, de sete a oito e media da tarde. En Cacheiras, coma sempre!

📨 Se sabes de alguén que lle interese mellorar a súa presenza en internet, ou queres apoiar as nosas actividades: comparte, comenta, indica que che gusta, garda esta publicación.

🙋‍♂️ Para reservar a túa praza, ou solicitar información máis detallada, chámanos ou escríbenos ao 683 500 342. Tamén podes enviarnos unha mensaxe directa a este mesmo perfil.

👩‍💻 E a compartir co mundo o que fas!

18/04/2026

🙋🏼 Artistas, artesáns, emprendedoras, autónomos e creativ@s de todos os sectores,

💻 Ninguén vai coñecer o noso traballo se non está visible en internet.

👩‍💻 Por sorte, as creadoras de páxinas web de A Masa Comunicación van axudarnos a actualizar a nosa web, comunicando claramente o que facemos cun deseño profesional.

🖐🏼 Ademais, van acompañarnos durante o proceso, con seguimento personalizado e sesións de preguntas e respostas. Basta de perder horas a pelexar cunha plataforma que non entendes!

🗓️ Será todos os luns de marzo a partir das 19 da tarde en Cacheiras (Teo, na comarca de Compostela). O prezo son só 80 euros!

📨 Para apoiar as nosas actividades: indica que che gusta, comenta, comparte con quen lle poida interesar, garda esta publicación.

📞 E, se este curso é para ti, podes anotarte ou consultar calquera dúbida no teléfono ou whatsapp 683 500 342.

👵🏻 As enrugas na pel das persoas maiores son belísimas para debuxar!✏️ Permítennos perdernos entre as liñas, explorar o ...
22/01/2026

👵🏻 As enrugas na pel das persoas maiores son belísimas para debuxar!

✏️ Permítennos perdernos entre as liñas, explorar o trazo e afondar no estilo propio. Para este exercicio, non nos interesa tanto o parecido, senón que queremos centrarnos na expresividade.

👩🏽‍🎨 Do noso alumnado adolescente e adulto de debuxo con

🥂 Convidámosvos á inauguración da exposición "Nenhum alfabeto" do artista portugués André Marques.➰ Nela, poderemos conv...
08/01/2026

🥂 Convidámosvos á inauguración da exposición "Nenhum alfabeto" do artista portugués André Marques.

➰ Nela, poderemos conversar co artista sobre o seu traballo, o significado das imaxes ou a relación entre escritura e debuxo.

🕢 O evento será de 19:30 a 21:00. Quen non consiga vir, poderá visitar a exposición ata finais de febreiro con cita previa.

Dirección

Teo

Horario de Apertura

Jueves 16:30 - 20:30
Viernes 10:00 - 13:00
16:30 - 20:30
Sábado 10:00 - 13:00

Teléfono

+34683500342

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Pareidolia espazo de arte publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría