Encontros de Música Tracional da Ulla

Encontros de Música Tracional da Ulla Iniciativa que reúne amantes da música tradicional para compartir repertorio, celebrar foliadas e manter viva a identidade da Ulla.

Un espazo aberto onde a tradición soa, se aprende e se vive en comunidade.

🎶📽️ 𝗛𝗼𝗺𝗲𝗻𝗮𝘅𝗲 𝗮𝗼𝘀 𝗺𝘂𝘀𝗶𝗰𝗼𝘀 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮 𝗱𝗼 𝘀𝗲𝗰𝘂𝗹𝗼 𝗫𝗫 📽️🎶Compartimos este vídeo de A Requinta de Xián, unha auténtica xoia para ...
08/04/2026

🎶📽️ 𝗛𝗼𝗺𝗲𝗻𝗮𝘅𝗲 𝗮𝗼𝘀 𝗺𝘂𝘀𝗶𝗰𝗼𝘀 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮 𝗱𝗼 𝘀𝗲𝗰𝘂𝗹𝗼 𝗫𝗫 📽️🎶

Compartimos este vídeo de A Requinta de Xián, unha auténtica xoia para quen ama a música tradicional da nosa terra.

Unha homenaxe aos músicos da Ulla do século XX, ao seu xeito de tocar, de transmitir e de vivir a música: de oído, de man en man e de festa en festa. Un legado que segue vivo grazas a quen nunca deixou de tocar.

Este tipo de materiais son fundamentais para coñecer, aprender e seguir construíndo o son da Ulla entre todos e todas.

🎥👇
https://www.youtube.com/watch?v=SR2v3kxN4kE&list=RDSR2v3kxN4kE&start_radio=1

✨ 𝘘𝘶𝘦 𝘷𝘪𝘷𝘢 𝘢 𝘜𝘭𝘭𝘢 𝘦 𝘲𝘶𝘦 𝘴𝘪𝘨𝘢 𝘢 𝘮ú𝘴𝘪𝘤𝘢! 🎶

Mûsica: Mazurca e rumba "A requinta de Xiân" Ediciôns do cumio 2003

📸🎶 𝗜𝗜 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗠ú𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗧𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮 🎶📸Deixámosvos por aquí algunhas imaxes do vivido no II Encontro: música, ri...
30/03/2026

📸🎶 𝗜𝗜 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗠ú𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗧𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮 🎶📸

Deixámosvos por aquí algunhas imaxes do vivido no II Encontro: música, risas, boa xente e ese ambiente que non se pode explicar… hai que vivilo.

E todo isto foi posible grazas ao noso fotógrafo oficial,
📸 Javier Magariños que estivo ao pé do canón captando cada momento… incluso aqueles nos que xa non afinabamos nin co viño 🍷😄

Grazas, Javier, por inmortalizar a música da Ulla e por axudar a que isto siga medrando tamén en imaxes.

Se vos atopades nas fotos… xa sabedes: orgullo e retranca! 😜

✨ Que viva a Ulla e que siga a música! 🎵🔥

21/03/2026

🎶✨ 𝗚𝗿𝗮𝘇𝗮𝘀 𝗽𝗼𝗿 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗿 𝗽𝗼𝘀𝗶𝗯𝗹𝗲 𝗼 𝗜𝗜 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗠ú𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗧𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮 ✨🎶

O vivido nesta segunda edición foi simplemente especial. Grazas a todas as persoas que vos achegastes con instrumentos, voces, ganas de aprender, de compartir e de gozar… 𝗳𝗶𝘅𝗲𝘀𝘁𝗲𝘀 𝗾𝘂𝗲 𝗮 𝗺ú𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮 𝘀𝗼𝗮𝘀𝗲 𝗰𝗼𝗻 𝗺á𝗶𝘀 𝗳𝗼𝗿𝘇𝗮 𝗰𝗮 𝗻𝘂𝗻𝗰𝗮.

Cada peza, cada conversa e cada viño forman parte do que estamos a construír entre todos e todas: 𝘂𝗻 𝗲𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝘃𝗶𝘃𝗼 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝗮 𝗻𝗼𝘀𝗮 𝘁𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶ó𝗻.

Seguimos aprendendo, mellorando e medrando pouco a pouco, pero sempre co máis importante por diante: en comunidade e o amor pola nosa música.

✨ 𝗚𝗿𝗮𝘇𝗮𝘀 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗿𝗮𝘇ó𝗻 𝗽𝗼𝗿 𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗿 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗱𝗲𝘀𝘁𝗲 𝗰𝗮𝗺𝗶ñ𝗼.
𝗤𝘂𝗲 𝘃𝗶𝘃𝗮 𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮 𝗲 𝗾𝘂𝗲 𝗻𝗼𝗻 𝗽𝗮𝗿𝗲 𝗮 𝗺ú𝘀𝗶𝗰𝗮! 🎵🍷

🎄✨ 𝗕𝗼 𝗡𝗮𝗱𝗮𝗹 𝗲 𝗳𝗲𝗹𝗶𝗰𝗲𝘀 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀! ✨🎄Dende o corazón da Ulla queremos enviar unha calorosa felicitación a todas as persoas qu...
01/01/2026

🎄✨ 𝗕𝗼 𝗡𝗮𝗱𝗮𝗹 𝗲 𝗳𝗲𝗹𝗶𝗰𝗲𝘀 𝗳𝗲𝘀𝘁𝗮𝘀! ✨🎄

Dende o corazón da Ulla queremos enviar unha calorosa felicitación a todas as persoas que formades parte do 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗠𝘂𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗧𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮: músicas e músicos, organizadoras e organizadores, colaboradoras, taberneiras e, por suposto, a todo o público que ano tras ano mantén viva a nosa tradición.

𝗢 𝟮𝟬𝟮𝟱 𝗾𝘂𝗲𝗱𝗮𝗿𝗮 𝗽𝗮𝗿𝗮 𝘀𝗲𝗺𝗽𝗿𝗲 𝗻𝗮 𝗻𝗼𝘀𝗮 𝗺𝗲𝗺𝗼𝗿𝗶𝗮 𝗰𝗼𝗺𝗼 𝗼 𝗮𝗻𝗼 𝗻𝗼 𝗾𝘂𝗲 𝗰𝗼𝗺𝗲𝘇𝗮𝗿𝗼𝗻 𝗼𝘀 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼𝘀 𝗱𝗲 𝗠𝘂𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗧𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮, un punto de partida que agardamos siga medrando con forza, ilusión e moita música compartida.

Unha vez máis, queremos agradecer de corazón á Taberna de Mosqueiro por acollernos, polo seu apoio e por converterse nun lugar de encontro arredor da tradición e da amizade.

💫 Que non falten as foliadas, os sorrisos e o son da música tradicional! 💫

Bo Nadal e un próspero Aninovo para todas e todos! 🥁🎶

📸🎶 𝗜 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗠𝘂𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗧𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮 – 𝘅𝗮 𝗱𝗶𝘀𝗽𝗼ñ𝗶𝗯𝗹𝗲𝘀 𝗮𝘀 𝗳𝗼𝘁𝗼𝘀!Xa temos aquí algunhas imaxes do I Encontro de Mús...
18/12/2025

📸🎶 𝗜 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗠𝘂𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗧𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮 – 𝘅𝗮 𝗱𝗶𝘀𝗽𝗼ñ𝗶𝗯𝗹𝗲𝘀 𝗮𝘀 𝗳𝗼𝘁𝗼𝘀!

Xa temos aquí algunhas imaxes do I Encontro de Música Tradicional da Ulla, unha xornada moi especial na que o Val do Ulla volveu encherse de música, encontros e bo ambiente 💚🌿.

Estas fotos recollen momentos de convivencia, de música compartida, de gaitas e requintas soando xuntas, de conversas arredor dunha mesa e dese espírito de comunidade que fixo deste primeiro encontro algo tan bonito.

Grazas a todas as persoas que viñestes, tocastes, escoitastes e fixestes posible esta xuntanza. Este álbum é tamén voso 📷✨.

👉 Botádelles unha ollada, etiquetádevos, compartide e axudádenos a seguir difundindo a música tradicional da Ulla.

🎵 Que estas imaxes sexan o recordo do vivido… e o comezo de moitas máis xuntanzas por vir.

18/12/2025
𝗚𝗥𝗔𝗭𝗔𝗦 𝗽𝗼𝗿 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗿 𝗽𝗼𝘀𝗶𝗯𝗹𝗲 𝗼 𝗜 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗠𝘂𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗧𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮! Graciñas a todas as persoas que onte viñestes ao I ...
13/12/2025

𝗚𝗥𝗔𝗭𝗔𝗦 𝗽𝗼𝗿 𝗳𝗮𝗰𝗲𝗿 𝗽𝗼𝘀𝗶𝗯𝗹𝗲 𝗼 𝗜 𝗘𝗻𝗰𝗼𝗻𝘁𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗠𝘂𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗧𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮!

Graciñas a todas as persoas que onte viñestes ao I Encontro de Música Tradicional da Ulla. Onte, no Val do Ulla, volveu soar a música: as gaitas, as requintas e as ganas de compartir fixéronse sentir con forza 🎵🌿.

Queremos agradecer moi especialmente a Pepe de Nande, que se achegou desde Ferrol para ser o mellor embaixador desta primeira xuntanza de músicos e músicas da Ulla. Un pracer contar contigo!

Tamén queremos dar as GRACIAS a Suso e á súa familia, que rexentan a emblemática Taberna de Mosqueiro, en San Mamede de Ribadulla (Vedra), por acollernos e tratarnos de marabilla nun lugar tan especial.

Foi unha alegría enorme ver xente e música de agrupacións como A Gaita de Sarandón, A Requinta de Xián, A Requinta da Laxeira, A Requinta de Lampai, así como alumnado de requinta da Escola de Música Tradicional da Asociación A Xesteira de Couso, enchendo o encontro de son, diversidade e bo ambiente.

Seguro que houbo pequenos erros de organización, pero para as próximas xuntanzas queremos escoitar ideas e opinións de todas as persoas que participades, para seguir creando un espazo único onde xuntarnos, compartir un xerro de viño, tocar, aprender e pasalo ben.

✨ 𝗚𝗿𝗮𝘇𝗮𝘀 𝗽𝗼𝗿 𝘀𝗲𝗿 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗱𝗲𝘀𝘁𝗲 𝗰𝗮𝗺𝗶ñ𝗼 𝗲 𝗽𝗼𝗿 𝗮𝘅𝘂𝗱𝗮𝗿𝗻𝗼𝘀 𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝗮 𝗺𝘂𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮 𝘀𝗶𝗴𝗮 𝘀𝗼𝗮𝗻𝗱𝗼!🎵

¡𝒱𝒾𝓋𝒶 𝒶 𝒰𝓁𝓁𝒶! 🎵✨
¡𝒱𝒾𝓋𝒶 𝒶 𝓂𝓊𝓈𝒾𝒸𝒶 𝑒 𝓈𝒾𝑔𝒶!

📚🎶 𝗔𝘅𝘂𝗱𝗮𝗻𝗼𝘀 𝗮 𝗰𝗿𝗲𝗮𝗿 𝗼 𝗔𝗿𝗾𝘂𝗶𝘃𝗼 𝗱𝗲 𝗠𝘂𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗧𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮! 🎶📚Estamos a poñer en marcha un arquivo aberto co repertorio...
10/12/2025

📚🎶 𝗔𝘅𝘂𝗱𝗮𝗻𝗼𝘀 𝗮 𝗰𝗿𝗲𝗮𝗿 𝗼 𝗔𝗿𝗾𝘂𝗶𝘃𝗼 𝗱𝗲 𝗠𝘂𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗧𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮! 🎶📚

Estamos a poñer en marcha un arquivo aberto co repertorio das agrupacións de requintas da Ulla: pezas tradicionais, recollidas antigas, gravacións, partituras, estudos… Todo o que axude a conservar e compartir a nosa música.

Sabemos que estamos comezando e que algunha peza pode estar mal catalogada ou que hai maneiras mellores de organizar este arquivo. 𝗣𝗲𝗿𝗼 𝗼 𝗼𝗯𝘅𝗲𝗰𝘁𝗶𝘃𝗼 𝗲 𝗰𝗹𝗮𝗿𝗼: 𝗱𝗶𝗳𝘂𝗻𝗱𝗶𝗿, 𝗽𝗼ñ𝗲𝗿 𝗲𝗻 𝘃𝗮𝗹𝗼𝗿 𝗲 𝗳𝗮𝗰𝗶𝗹𝗶𝘁𝗮𝗿 𝗼 𝗮𝗰𝗰𝗲𝘀𝗼 𝗮 𝗺𝘂𝘀𝗶𝗰𝗮 𝘁𝗿𝗮𝗱𝗶𝗰𝗶𝗼𝗻𝗮𝗹 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮, para que todas as persoas poidan participar nos Encontros de Música Tradicional.

🤝 𝗣𝗿𝗲𝗰𝗶𝘀𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗱𝗮 𝘁𝘂𝗮 𝗮𝘅𝘂𝗱𝗮
Se tes información, materiais, nomes de pezas, versións, referencias ou calquera corrección… ¡compártea connosco!

Entre todos e todas, podemos facer un arquivo vivo, útil e representativo da nosa tradición.

💻 𝗟𝗜𝗡𝗞:
https://drive.google.com/drive/folders/1_psu_yMiJMasPgmWz9tTMhUVa9PTe9Ae?usp=sharing

✨ 𝗚𝗿𝗮𝘇𝗮𝘀 𝗽𝗼𝗿 𝘀𝗲𝗿 𝗽𝗮𝗿𝘁𝗲 𝗱𝗲𝘀𝘁𝗲 𝗰𝗮𝗺𝗶ñ𝗼 𝗲 𝗽𝗼𝗿 𝗮𝘅𝘂𝗱𝗮𝗿𝗻𝗼𝘀 𝗮 𝗾𝘂𝗲 𝗮 𝗺𝘂𝘀𝗶𝗰𝗮 𝗱𝗮 𝗨𝗹𝗹𝗮 𝘀𝗶𝗴𝗮 𝘀𝗼𝗮𝗻𝗱𝗼!🎵

¡𝒱𝒾𝓋𝒶 𝒶 𝒰𝓁𝓁𝒶! 🎵✨
¡𝒱𝒾𝓋𝒶 𝒶 𝓂𝓊𝓈𝒾𝒸𝒶 𝑒 𝓈𝒾𝑔𝒶!

Dirección

San Mamed De Rivadulla, Feal, Número 12
Santiago De Compostela
15885

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Encontros de Música Tracional da Ulla publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría