Cantigas e Agarimos

Cantigas e Agarimos Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela.

Pechamos o mes de agosto da man da Axencia Galega das Industrias Culturais no . Atentxs que hai unha modificación na hor...
30/08/2026

Pechamos o mes de agosto da man da Axencia Galega das Industrias Culturais no . Atentxs que hai unha modificación na hora:

📅 Domingo 30 de agosto
🕘 21.00 h‼️
📍 Paseo de Silgar

30/08/2026

💃🕺 DANZA3 CHEGA ESTE DOMINGO A SANXENXO!

O espectáculo de música e baile DANZA3, na súa edición 2026, contará coa actuación de Cantigas e Agarimos, cunha proposta para g***r da música, do baile e da tradición galega.

📍 NOVO LUGAR: Paseo de Silgar, á altura do Hotel Terraza del Mar
📅 Domingo, 30 de agosto
🕘 21:00 h

20/08/2026
18/08/2026

🌾✨No ciclo 'Por que non cantades todas?' as cantareiras de Cantigas e Agarimos porán no centro a forza colectiva das mulleres nun espectáculo que emociona e reivindica

Unha proposta que homenaxea a poesía popular e as transmisoras anónimas que gardaron e compartiron, xeración tras xeración, os cantos e os versos da terra 🎤👵

📅 Mércores, 19 de agosto
🕗 20.00 h
📍 Paseo da Ferradura da Alameda
🎟️ Acceso libre

🤝 O Festival C é unha iniciativa do Pazo de Raxoi a través de Compostela Cultura que conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña e a colaboración do programa

As Xornadas de Folclore son sempre unha das citas máis especiais para Cantigas e Agarimos. Pero este ano, máis ca nunca,...
23/07/2026

As Xornadas de Folclore son sempre unha das citas máis especiais para Cantigas e Agarimos. Pero este ano, máis ca nunca, será unha noite para estar xuntos.

Agardámosvos este sábado 25 de xullo, ás 21.00 h, na Praza da Quintana, xunto con Colexiata do Sar, Brincadeira e OCT Ultreia.

Pazo de Raxoi

Hoxe non nos saen as palabras, só unha inmensa tristeza para despedir ó noso compañeiro Pablo.Gardaremos para sempre os ...
06/07/2026

Hoxe non nos saen as palabras, só unha inmensa tristeza para despedir ó noso compañeiro Pablo.

Gardaremos para sempre os case 20 anos de momentos compartidos, dentro e fóra do escenario. A túa amizade, o teu compromiso e o teu bailar forman parte da historia de Cantigas e da de toda a xente que te coñecemos.

Sentimos moi preto á túa familia e a todas as que nos apoiades co voso agarimo.

Ante o éxito do obradoiro de iniciación á zanfona, abrimos grupo de tarde... e só quedan 2 prazas!Deputación da Coruña C...
22/06/2026

Ante o éxito do obradoiro de iniciación á zanfona, abrimos grupo de tarde... e só quedan 2 prazas!

Deputación da Coruña Cultura da Deputación da Coruña

Cantigas e Agarimos organiza un OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á ZANFONA 🎶Sempre tiveches curiosidade por este instrumento tan ...
10/06/2026

Cantigas e Agarimos organiza un OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á ZANFONA 🎶

Sempre tiveches curiosidade por este instrumento tan singular da música tradicional galega? Esta é a túa oportunidade para probalo sen necesidade de ter unha zanfona e sobre todo, non é necesario ter coñecementos previos.

Da man de Óscar Fenández, un dos grandes referentes da zanfona en Galicia, descubriremos como funciona este fascinante instrumento e daremos os primeiros pasos para facelo soar con algunhas melodías sinxelas.

Teremos 6 zanfonas cedidas para o obradoiro, polo que poderás achegarte ao instrumento aínda que non teñas un propio.

📅 Sábado 27 de xuño
🕙 De 10:00 a 14:00 h
📍 Local de Cantigas e Agarimos. Antigo CEIP Ramón Cabanillas. Rúa do Castiñeiriño, 21. Santiago de Compostela
📩Inscríbete en [email protected]. Só 6 prazas!
💵30€ para alumnado e persoas socias de Cantigas e Agarimos. 40€ público xeral.

Cola colaboración de Cultura da Deputación da Coruña

05/06/2026

En marcha o ciclo 🎵 Hoxe venres, a cita é no Concello de Oroso cun espectáculo musical a cargo das pandeireteiras de Cantigas e Agarimos.

📌 19.00 h nos exteriores da Piscina Municipal de Sigüeiro (en caso de chuvia, será no Auditorio)

🔜 As seguintes paradas serán en xullo! Consulta o calendario completo na nosa web: https://industriasculturais.xunta.gal/gl/danza3

🎵 ‘Danza 3’ é unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración co Colectivo XOC (Cantigas e Agarimos, A. C. Xacarandaina e ACF O Fiadeiro) para promover a música e o baile tradicionais de Galicia.

Cultura de Galicia

Hoxe venres, as pandeireteiras de Cantigas e Agarimos participan no Ciclo   da Axencia Galega das Industrias Culturais.C...
05/06/2026

Hoxe venres, as pandeireteiras de Cantigas e Agarimos participan no Ciclo da Axencia Galega das Industrias Culturais.

Cando? Hoxe venres 5 de xuño
Onde? Exterior da piscina municipal do Concello de Oroso
A que hora? Ás 19.00h

Esperámosvos!

Cultura de Galicia

Dirección

Antigo CEIP Ramón Cabanillas R/Castiñeiriño, 21
Santiago De Compostela
15702

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cantigas e Agarimos publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Cantigas e Agarimos:

Atajos

Compartir