TradFest Compostela

TradFest Compostela A tradición en festa🎆
📆27 de xullo en Santiago de Compostela.

TradFest 2026 [ Vol.2] 💛"E o que non canta nin baila, que vén facer á ruada?aprender catro mentiras pra contar pola soma...
03/08/2026

TradFest 2026 [ Vol.2]

💛

"E o que non canta nin baila, que vén facer á ruada?

aprender catro mentiras pra contar pola somana "

[...]

Fragmento de Pandeiretada

📸Javi

O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.

Promove: La Voz de Galicia Concello de Santiago
Colabora: Espina & Delfín
Producen: Nordesía Producións aCentral Folque


TradFest 2026 [ Vol.1] 💖GRAZAS POR UN DÍA INESQUECIBLE ✨Deixámosvos algunhas fotiños de recordo da mañá da oitava edició...
31/07/2026

TradFest 2026 [ Vol.1]

💖GRAZAS POR UN DÍA INESQUECIBLE ✨

Deixámosvos algunhas fotiños de recordo da mañá da oitava edición do ☀️, na que os espazos máis emblemáticos do casco histórico se encheron de música e baile.

📸Javi

O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.

Promove: La Voz de Galicia Concello de Santiago
Colabora: Espina & Delfín
Producen: Nordesía Producións aCentral Folque


📌 Programación completa do   Confirmamos: non hai mellor plan para este domingo 26 de xullo 🎶🎉Con quen vas vir botar unh...
24/07/2026

📌 Programación completa do

Confirmamos: non hai mellor plan para este domingo 26 de xullo 🎶🎉

Con quen vas vir botar unhas pezas? 😏

O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.

Promove: La Voz de Galicia Concello de Santiago
Colabora: Espina & Delfín
Producen: Nordesía Producións aCentral Folque

🎶Durante toda a xornada do 26 de xullo, a música en movemento percorrerá as rúas do casco histórico para achegar o ambie...
23/07/2026

🎶Durante toda a xornada do 26 de xullo, a música en movemento percorrerá as rúas do casco histórico para achegar o ambiente festeiro a viandantes e turistas.

As ruadas están a cargo de:

👉OS ENXEBRES DE SAN LÁZARO -11:30 h e 16:30 h-. Unha proposta chea de enerxía que combina gaitas, acordeóns e percusións para converter a zona vella nunha romaría. O seu repertorio recolle cantigas dos coros históricos galegos, foliadas, pandeiretadas e pezas instrumentais da propia comarca de Compostela.

👉TRÓPICO DE GRELOS -17:30h-. Un pasarrúas que nos fará vibrar cos seus ritmos contaxiosos. Esta asociación cultural compostelá, amante da percusión afrobrasileira, porá a todo o mundo a bailar!

O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.

Promove: La Voz de Galicia Concello de Santiago
Colabora: Espina & Delfín
Producen: Nordesía Producións aCentral Folque

O   remata onde comezou: na Praza da Quintana✨. Dúas referencias absolutas da nosa música subirán ao escenario para poñe...
22/07/2026

O remata onde comezou: na Praza da Quintana✨. Dúas referencias absolutas da nosa música subirán ao escenario para poñer o peche a un día inesquecible 🎶

📌 22:00 h | FELISA SEGADE. Felisa Segade é raíz, voz e pandeireta; é un corpo que canta dende o fondo da terra. Neste concerto presentará o seu novo proxecto musical, xunto ao gaiteiro, saxofonista e compositor Pedro Lamas, que fusiona a música tradicional co jazz nun repertorio marcado polas "recollidas". Estarán acompañados polos saxofonistas Pablo Añón, Miguel González e Toño Otero.

📌23:00 h | BUDIÑO. Unha das figuras máis admiradas da nosa música, volve á Quintana por duodécima vez. O gaiteiro galego máis internacional presentará o novo disco, "Branca Vela", que mistura a percusión tradicional cunha electrónica “orgánica.

📍 Praza da Quintana
⏰A partir das 22:00 h
🎟️ Acceso libre

O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.

Promove: La Voz de Galicia Concello de Santiago
Colabora: Espina & Delfín
Producen: Nordesía Producións aCentral Folque

🙌Aviso: ide preparando o corpo para bailar sen parar!🎶O domingo pola tarde converteremos a Praza de Mazarelos nun gran S...
21/07/2026

🙌Aviso: ide preparando o corpo para bailar sen parar!🎶O domingo pola tarde converteremos a Praza de Mazarelos nun gran Serán!🎉

📌17:00 h | FERRINHAS BRAVAS. As pandeireteiras de O Fiadeiro chegan cargadas de forza, paixón e orgullo pola nosa cultura. Coñecidas pola súa colaboración nos hits virais 'Meigall' e'Micaela' xunto a K**e Varela, porán a praza a bailar desde o primeiro minuto!

📌17:45 h | FAÍSCAS DA PONTRAGA. Esta histórica charanga tradicional, nacida fai máis de 20 anos, trae a súa mestura particular de murga, charanga e orquestra. Enerxía pura para seguir coa festa!

📌18:45 h | OS DA PORFÍA (10º Aniversario✨). Os da Porfía están de volta para celebrar a súa década de traxectoria cun concerto único para o . Muiñeiras, xotas e maneos cos ritmos máis tradicionais pero con influencias actuais. 10 anos ben o merecen!

📍 Praza de Mazarelos
🎟️ Acceso libre

Quen se anima a vir sacar uns puntos? 😏

O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.

Promove: La Voz de Galicia Concello de Santiago
Colabora: Espina & Delfín
Producen: Nordesía Producións aCentral Folque

A Praza de Mazarelos convértese noutro dos puntos de encontro do  ! Un escenario ao aire libre para celebrar a irmandade...
20/07/2026

A Praza de Mazarelos convértese noutro dos puntos de encontro do ! Un escenario ao aire libre para celebrar a irmandade entre pobos a través da música de raíz 🌍🎶

📌13:30 h | MARTÍN BRUHN presenta «Folklore» .O percusionista arxentino afincado en Madrid, batería dos grupos Depedro e Micromambo, chega para facernos bailar coa súa mestura única entre folclore e elementos da música electrónica. Presentará «Folklore», un percorrido por 12 pezas da tradición suramericana que revisita ritmos e cancións populares desde unha mirada propia e contemporánea.

📌20:30 h | ALLAN MACDONALD & CHICK MCAULEY + friends. Un concerto moi especial que celebra a conexión directa entre Escocia e Galicia. Allan MacDonald -figura clave da gaita e do pibroch gaélico- e Chick McAuley -cantante, guitarrista e máximo impulsor do intercambio artístico entre Escocia e Galicia-, estarán acompañados por músicos e músicas de Compostela para celebrar os lazos culturais que nos unen.

📍 Praza de Mazarelos
🎟️ Acceso libre

O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.

Promove: La Voz de Galicia Concello de Santiago
Colabora: Espina & Delfín
Producen: Nordesía Producións

✨O 26 de xullo, a Igrexa da Universidade de Santiago convértese nun dos escenarios máis especiais do  . Un espazo monume...
18/07/2026

✨O 26 de xullo, a Igrexa da Universidade de Santiago convértese nun dos escenarios máis especiais do . Un espazo monumental, cunha acústica e atmosfera únicas, para acoller un diálogo internacional entre tres propostas musicais inesquecibles:

📌 12:30 h | ANA ALCAIDE con “A maxia dos instrumentos antigos”. A pioneira da nyckelharpa en España convídanos a viaxar por tempos ancestrais, lendas e culturas do mundo. Acompañada polo multiinstrumentista Bill Cooley, presentarán un repertorio de inspiración nórdica, sefardí e medieval onde instrumentos curiosos como a nyckelharpa, o violín de Hardanger, o salterio, o ud turco ou o bouzouki, parecen cobrar vida e contar as súas propias historias.

📌 16:00 h | VOX STELLAE. O prestixioso coro de cámara compostelán, nacido precisamente arredor da música da Catedral de Santiago, encherá o templo cunha proposta vocal exquisita. Un proxecto cuxo sinal de identidade é a recuperación e difusión da nosa música, desde os arquivos catedralicios ata a creación contemporánea e a música popular.

📌19:45 h | O GAJO. O músico portugués João Morais chega coa súa viola campaniça, instrumento de raíz tradicional que forma parte da historia centenaria de Portugal, para non deixar a ninguén indiferente. Cuns inicios marcados polo punk rock, mergulla posteriormente na música popular cunha proposta premiada pola súa innovación ao transitar entre o fado, a música tradicional, o folk e ata o rock máis pesado.

🎟️A entrada é libre ata completar a capacidade do espazo

O festival conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.

Promove: La Voz de Galicia Concello de Santiago
Colabora: Espina & Delfín
Producen: Nordesía Producións

Dirección

Santiago De Compostela

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando TradFest Compostela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría