La Petite Plume & La Piccola Piuma

La Petite Plume & La Piccola Piuma Servizos lingüísticos low cost en linguas estranxeiras
Talleres creativos itinerantes en linguas estranxeiras

Dende La Petite Plume ofrecemos servizos lingüísticos en francés, italiano e inglés:

Tradución de textos comerciais low cost (menús, etiquetas, contidos webs, senalítica, etc.) Tradución de contidos web para tendas online de e-comercio

Tradución periodística e editorial para medios físicos e dixitais (xornais, blogs, guías, manuais, etc.) Tradución e intervención para proxectos audiovisuais (c

uñas de radio, anuncios, créditos, metadatos dixitais, etc.) Tradución e intervención para proxectos culturais (riders técnicos, dosieres artísticos, intercambios telefónicos ou por mail, etc.) Asesoramento e intervención en linguas estranxeiras en departamentos administrativos, comerciais e de relacións públicas (redacción e tradución de emails, cartas, chamadas telefónicas, recepción e acompañamento de clientes estranxeiros, etc.). Personalizamos cada servizo, e buscamos entablar relacións de confianza a longo prazo cos nosos clientes, aportando o noso savoir-faire creativo en cada proxecto. Tamén intervimos en ámbito escolar e asociativo coa nosos talleres creativos en linguas estranxeiras. Os talleres La petite plume & La piccola piuma están organizados respectivamente por Coralie Yap-Chine e Liana Vella. Son espazos de creatividade en francés e en italiano. O obxectivo dos obradoiros é achegar a lingua e a cultura francófona e italiana dun modo creativo e participativo. Por outra parte, trátase de facer (re)descubrir o pracer da lectura, da escritura creativa e das linguaxes artísticas coma as artes performativas (teatro e música fundamentalmente). Finalmente, os talleres pretenden abordar o proceso de aprendizaxe a partir do Marco Común Europeo de Referencia (A1, A2, B1, B2, C1, C2) dende unha óptica centrada na proactividade dos e das participantes, e na súa creatividade. Os obradoiros son un lugar no que, a partir da escritura, da lectura e da linguaxe teatral os participantes adquiren os coñecementos e as competencias esixidas no MCER nos campos da comprensión (escrita e oral), da expresión (escrita e oral) e da interacción.

Dirección

Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 20:00
Martes 10:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 20:00
Sábado 10:00 - 14:00

Teléfono

+34 684.24.96.83

Productos

Ver na web http://lapetiteplume.jimdo.com/

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando La Petite Plume & La Piccola Piuma publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a La Petite Plume & La Piccola Piuma:

Compartir