24/05/2026
PRE-ESTREA | VIDE VIDA
Vide Vida é un espectáculo de danza contemporánea que rende homenaxe á vendima e ao proceso de creación do viño, a través dunha mirada poética sobre os corpos, os ritmos e os pequenos xestos que habitan este traballo ancestral.
A peza mergúllase na cotiandade da recollida da uva: o esforzo compartido, a repetición, o desgaste, os silencios, os vínculos humanos e a transformación constante da materia e do corpo.
Entre o íntimo e o colectivo, Vide Vida constrúe unha paisaxe escénica onde tradición, memoria e movemento se entrelazan para converter a faena da vendima nunha experiencia sensorial e coreográfica.
Idea orixinal
Leodán Rodríguez Casas
Interpretación e coreografía
Emilia Pardo Porta
Iria Otero Romero
Leodán Rodríguez Casas
Asistencia de movemento e coreografía
Dolores Mayán Rubio
Vestiario
Equipo de traballo en conxunto
Iluminación
Pepe I. Quintela
Escenografía
Equipo de traballo en conxunto
Colaboración
Concello de Santiago CSC Santa Marta, Correvaidille, José Ramón Rial Blanco