CSC do Castiñeiriño "Agustín Bueno"

CSC do Castiñeiriño "Agustín Bueno" Rúa Virxe de Fátima s/n
15702 Santiago de Compostela
(1)

16/09/2026

Xa sabes no que te vas a inscribir este ano????

Se tes entre 13 e 17 anos e buscas un lugar onde pasar a tarde de sábado, temos planazo! Abre o Espazo Xuvenil Aberto, u...
14/09/2026

Se tes entre 13 e 17 anos e buscas un lugar onde pasar a tarde de sábado, temos planazo! Abre o Espazo Xuvenil Aberto, un lugar de acceso libre para compartir xogos, libros, pelis e momentos en boa compañía.

​🗓️ Cándo? Sábados 26 de setembro, 3 e 10 de outubro.
⏰ Horario: De 17:00 a 20:00 h.
📍 Onde? Local da Asociación Veciñal O Castiñeiro (antigo colexio Ramón Cabanillas).
​Organizan a Asociación Veciñal O Castiñeiro e o Espazo Malvento, en colaboración co Concello de Santiago.
​Non fai falla inscrición previa, só vir coas ganas de pasar un bo rato. Agardámoste! 🙌

🚨 ACTUALIZACIÓN DE HORARIOS E PREZOS! 🚨Traémosvos a información actualizada dos obradoiros e actividades do CSC do Casti...
09/09/2026

🚨 ACTUALIZACIÓN DE HORARIOS E PREZOS! 🚨

Traémosvos a información actualizada dos obradoiros e actividades do CSC do Castiñeiriño para este curso 2026/27. Tomade nota dos cambios! 📝

❌ Atención: A actividade de Tai Chi NON se realiza.
⏰ Novos horarios: Axustamos ao horario de Xinmasia Terapéutica será os martes de 12 a 13h e pilates G3 é martes e xoves
💰 Prezos actualizados: Podedes consultar as tarifas de Encaixe de Bolillos e Gaita e Percusión no cartaz.

👉 Como inscribirse?

Actividades do Concello: Cubre o formulario dispoñible no blog do centro. https://cscastineirino.wordpress.com

Actividades das Asociacións (*): Contacta directamente coa entidade organizadora nos teléfonos do cartaz!

💡 Non te quedes sen a túa praza!

ÚLTIMAS PRAZAS!!!🥣 Obradoiro de Cociña Tradicional Palestina no CSC do CastiñeiriñoApeteceche aprender novas receitas e ...
09/09/2026

ÚLTIMAS PRAZAS!!!
🥣 Obradoiro de Cociña Tradicional Palestina no CSC do Castiñeiriño

Apeteceche aprender novas receitas e coñecer máis sobre a cultura palestina a través da súa gastronomía? Dentro do programa Compostela Solidaria, convidámoste a participar neste obradoiro práctico onde compartiremos aromas, saberes e cociña en boa compañía.

Data: Xoves 10 de setembro

Horario: De 11:00 a 13:00 h

Lugar: Centro Sociocultural do Castiñeiriño

As prazas son limitadas, así que recomendámosche inscribirte canto antes.

📞 Inscricións: Chama ao 693410574
Animáte a participar e pasa a voz!

A asociación Cultural Amigos do Castiñeiriño propón esta actividade para a rapazada  do barrio, INICIACIÓN AO BAILE GALE...
06/09/2026

A asociación Cultural Amigos do Castiñeiriño propón esta actividade para a rapazada do barrio, INICIACIÓN AO BAILE GALEGO os venres de outubro a xuño de 17 a 18h.
Chamade ou mandade un whatsapp ao 693410574 para ter máis información e para inscribirvos.

Estamos seguros de que a rapazada do barrio disfrutará moito desta actividade!

Pódeste anotar ata o 14 de setembro nas actividades organizadas polo Concello de Santiago no CSC do Castiñeiriño. 👉Inscr...
04/09/2026

Pódeste anotar ata o 14 de setembro nas actividades organizadas polo Concello de Santiago no CSC do Castiñeiriño.

👉Inscríbete cubrindo o formulario de inscrición online ao que podes acceder dende o noso blog https://castineirino.wordpress.com ou dende https://cursosredecscsantiago.wordpress.com/ no apartado do CSC Castiñeiriño

AS ACTIVIDADES IMPARTIDAS POR ASOCIACIÓN TEÑEN OS SEUS PROPIOS PROCEDEMENTOS E PRAZOS DE INSCRICIÓN contactade nos teléfonos proporcionados para informarvos das prazas dispoñibles

Chega o novo curso aos Centros Socioculturais de Compostela! 📝 Como preinscribirse? do 3 ao 14 de setembro, preferenteme...
02/09/2026

Chega o novo curso aos Centros Socioculturais de Compostela!

📝 Como preinscribirse? do 3 ao 14 de setembro, preferentemente en liña en formulario de cursosredecscsantiago.wordpress.com ou por sede electrónica en santiagodecompostela.gal

⚠️ Se che conceden a praza: Lembra enviar o formulario CC002 a [email protected] ou entregalo no teu centro no prazo de matrícula.
(No caso do rural, recóllense no CSC de Vite, Conxo, Romaño, Ensanche, Fontiñas, Santa Marta, Castiñeiriño e Casa das Asociacións de Cornes).

📅 Datas importantes:
🔹 Preinscrición: do 3 ao 14 de setembro
🔹 Listas: 17 de setembro
🔹 Alegacións: 18 e 19 de setembro
🔹 Sorteo e publicación final: 22 de setembro
🔹 Inicio das actividades: 1 de outubro 🚀

💡 Nota: As actividades organizadas por asociacións teñen o seu propio proceso. Consulta a info no teu centro de referencia!

A volta do verán o Centro Sociocultural do Castiñeiriño acollerá a exposición Mulleres de Gaza.👉 Vinte pinturas que cheg...
22/08/2026

A volta do verán o Centro Sociocultural do Castiñeiriño acollerá a exposición Mulleres de Gaza.

👉 Vinte pinturas que chegan á cidade da man de Compostela máis Solidaria e que poderás visitar do 2 ao 24 de setembro no horario do centro sociocultural
👉 E non só iso: tamén poderás participar nas actividades programadas durante todo o mes coa participación da AAVV do Castiñeiriño, a Asociación de Mulleres Recandea e a a Asociación Cultural do Castiñeiriño.

📝 De momento, garda a data do 2 de setembro para achegarte ás 19.00h, ao acto de benvida á exposición!

ℹ️ Compostela máis Solidaria é un programa de sensibilización da Coordinadora Galega de ONGD co apoio do Concello de Santiago a través da UAMI. Terás máis información desta exposición e das súas actividades nas nosas redes e tamén nas da Coordinadora Galega de ONGD. Non nos perdas de vista! 😉

Este verán, a vida está nos barrios! ☀️ Xa podes consultar toda a programación de Vive o Verán 2026 na rede de Centros S...
06/07/2026

Este verán, a vida está nos barrios! ☀️ Xa podes consultar toda a programación de Vive o Verán 2026 na rede de Centros Socioculturais de Santiago. Deseñamos un calendario cheo de actividades para que toda a veciñanza atope o seu espazo, dende a cativada ata a xente maior.

Que imos ter en xullo e setembro?
🔹 Roteiros históricos e paseos guiados (pola noite, en cafés históricos, polos barrios...).
🔹 Formación dixital práctica para persoas adultas (aprende a manexar a IA no móbil, facer fotos, evitar estafas ou xestionar o calendario).
🔹 Obradoiros infantís de muralismo, modelado, robótica e ecoloxía (como as xornadas de eliminación de plantas invasoras).
🔹 Espectáculos gratuítos de teatro, música e contos en directo co Festival Atlántica e a Rede Cultural.

📍 Consulta as condicións de inscrición e os horarios específicos de cada centro. Algunhas actividades teñen prazas limitadas!

Imos vivir un verán inesquecible en comunidade. Agardámoste!

Hoxe queremos informarvos unha  inciciativa da UAMI moi interesante:  VIAXA POLO MUNDO SEN SAIR DA PRAZA DE ABASTOS! 🌍✈️...
06/07/2026

Hoxe queremos informarvos unha inciciativa da UAMI moi interesante: VIAXA POLO MUNDO SEN SAIR DA PRAZA DE ABASTOS! 🌍✈️

Chega o ciclo Compostela Convive , tres xornadas gastronómicas moi especiais para descubrir a riqueza culinaria de Malí, Marrocos e Palestina a través dos sabores.

Anota as datas (sempre ás 19:00 h na Aula Gastrocultural da Praza de Abastos):
📅 07/07 · Cociña maliense con Binafou AR Sylla + K**e Piñeiro ().
📅 14/07 · Cociña marroquí con Ilham El Kartit e Sanae El Amri ().
📅 21/07 · Cociña palestina con Ahmed Qabb e Aya Al Suliman (Jerusalem).

A gastronomía é a mellor ponte para compartir historias, culturas e momentos inesquecibles. Alén de aprender os seus segredos culinarios, haberá degustación de petiscos! 🍽️✨

⚠️ Atención: O aforo é limitado e as prazas voan.
📩 Inscríbete xa de balde enviando un correo a: [email protected]

Organiza a Asociación Plataforma polo Emprego co financiamento da UAMI do .

Dirección

Virxe De Fátima S/n, Fronte Igrexa Do Castiñeiriño
Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Martes 09:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 14:00
16:00 - 21:00
Sábado 10:00 - 14:00

Teléfono

+34981542459

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando CSC do Castiñeiriño "Agustín Bueno" publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a CSC do Castiñeiriño "Agustín Bueno":

Atajos

Compartir

Categoría