Compostela Cultura

Compostela Cultura Está é a páxina de Facebook da Concellería de Acción Cultural de Santiago de Compostela.
(1)

📣 AVISO! O sábado 29 de agosto o Auditorio de Galicia permanecerá pechadoVolverá abrir o luns 31 no seu horario habitual...
28/08/2026

📣 AVISO! O sábado 29 de agosto o Auditorio de Galicia permanecerá pechado

Volverá abrir o luns 31 no seu horario habitual



Pazo de Raxoi

🎪 E despedimos o Festival C coa enerxía de 'Fins al Cel', de Spinish Circo, un espectáculo de circo contemporáneo con mú...
28/08/2026

🎪 E despedimos o Festival C coa enerxía de 'Fins al Cel', de Spinish Circo, un espectáculo de circo contemporáneo con música en directo que puxo o broche final a esta edición a través da creatividade, a innovación e o traballo colectivo

Unha última viaxe entre traxectorias, identidades e límites para pechar o festival por todo o alto

Grazas por acompañarnos e por facer parte desta edición do Festival C ✨

🤝 O Festival C é unha iniciativa do Pazo de Raxoi a través de Compostela Cultura que conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña e a colaboración do programa

🎬  O cinema despediuse onte do Festival C con 'Caro diario'A Casa das Máquinas acolleu a segunda das sesións programadas...
27/08/2026

🎬 O cinema despediuse onte do Festival C con 'Caro diario'

A Casa das Máquinas acolleu a segunda das sesións programadas da man de NUMAX, desta volta cunha das películas máis celebradas de Nanni Moretti

Unha nova noite de cinema compartido coa que pechamos esta pequena viaxe pola gran pantalla dentro da programación desta edición

📸 Recuperamos algunhas imaxes da sesión

Grazas a todas as persoas que nos acompañastes nestas dúas noites de cinema! ✨

🤝 O Festival C é unha iniciativa do Pazo de Raxoi a través de Compostela Cultura que conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña e a colaboración do programa

As cantareiras do OCT Ultreia foron as encargadas de pechar o ciclo 'Por que non cantades todas?' do Festival C🎵 Co seu ...
26/08/2026

As cantareiras do OCT Ultreia foron as encargadas de pechar o ciclo 'Por que non cantades todas?' do Festival C

🎵 Co seu 'Ultreia en feminino' puxeron no centro as voces das mulleres que fixeron da nosa música unha forma de comunidade

🤝 O Festival C é unha iniciativa do Pazo de Raxoi a través de Compostela Cultura que conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña e a colaboración do programa

⚠️Cambio de plans! A predición de choiva para mañá obriga a mudar de espazo o espectáculo 'Fins al Cel' de Spinish Circo...
26/08/2026

⚠️Cambio de plans! A predición de choiva para mañá obriga a mudar de espazo o espectáculo 'Fins al Cel' de Spinish Circo, no marco do Festival C

Na Casa das Máquinas gozaremos dunha proposta de circo contemporáneo e música en directo que explora as diferentes traxectorias e identidades a través da creatividade e da innovación. Unha viaxe na que a técnica circense se pon ao servizo dunha historia sobre os límites, os camiños e todo aquilo que nos fai descubrirnos e descifrarnos

📅 Xoves, 27 de agosto
🕤 20.00 h
📍 Casa das Máquinas
🎟️ Acceso libre

🤝 O Festival C é unha iniciativa do Pazo de Raxoi a través de Compostela Cultura que conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña e a colaboración do programa

Atención‼️ Con motivo da predición meteorolóxica para esta tarde, a última sesión do ciclo 'Por que non cantades todas?'...
26/08/2026

Atención‼️ Con motivo da predición meteorolóxica para esta tarde, a última sesión do ciclo 'Por que non cantades todas?' trasládase á Casa das Máquinas

🎶 As cantareiras do OCT Ultreia celebran e reivindican o labor das mulleres que fixeron da nosa música comunidade

🗣️ Voces femininas que buscan preservar e transmitir o saber e o facer de todas aquelas que forman a nosa historia e que cómpre atesourar na memoria colectiva

📅 Mércores, 26 de agosto
🕤 20.00 h
📍 Casa das Máquinas
🎟️ Acceso libre

🤝 O Festival C é unha iniciativa do Pazo de Raxoi a través de Compostela Cultura que conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña e a colaboración do programa

🎬 Onte vivimos na Casa das Máquinas a primeira das dúas sesións de cinema programadas da man de NUMAX, coa proxección d'...
26/08/2026

🎬 Onte vivimos na Casa das Máquinas a primeira das dúas sesións de cinema programadas da man de NUMAX, coa proxección d'A invasión dos ladróns de corpos, o clásico de ciencia ficción dirixido por Don Siegel en 1956

Unha noite para redescubrir na gran pantalla unha das películas fundamentais do xénero e compartir cinema nun dos espazos singulares da cidade ✨

📸 Deixámosvos algunhas imaxes da sesión

👉 Esta noite repetimos! Ás 21.45 h, a Casa das Máquinas acolle a proxección de Caro diario, de Nanni Moretti, coa que pechamos as sesións de cinema desta edición do Festival C

🎟️ Entrada libre, con posibilidade de reservar cadeira desde as 21.15 h

🤝 O Festival C é unha iniciativa do Pazo de Raxoi a través de Compostela Cultura que conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña e a colaboración do programa

🎉Brais das Hortas chegou cun plan, montar un verdadeiro torreiro en festas. Pero para facelo precisaba unha comisión de ...
25/08/2026

🎉Brais das Hortas chegou cun plan, montar un verdadeiro torreiro en festas. Pero para facelo precisaba unha comisión de festas… e o público puxo o resto

A música, o baile, o clown e o teatro foron transformando pouco a pouco o espazo nun auténtico campo da festa

E así despedimos o Programa no marco do Festival C! Grazas a todas as persoas que nos acompañastes as tardiñas dos martes 💚

🤝 O Festival C é unha iniciativa do Pazo de Raxoi a través de Compostela Cultura que conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña e a colaboración do programa

🎶 'Blues de Medianoite' e a 'Sesión DJ As Mulleres do Blues' de Laboratorio Escénico Coop  transportáronnos onte a unha ...
25/08/2026

🎶 'Blues de Medianoite' e a 'Sesión DJ As Mulleres do Blues' de Laboratorio Escénico Coop transportáronnos onte a unha noite de misterio e sensualidade a ritmo de blues, no marco do Festival C

Coa proposta 'Blues de Medianoite', Alba Fernández Cotelo levounos de viaxe polas raíces negras do movemento, da música e dos instintos. O corpo marcaba o compás, e cada xesto parecía conectar co pulso ancestral do blues e coas grandes mulleres que o fixeron historia

Despois, o DJ Jas Processor colleu o relevo e converteu a Casa das Máquinas nunha auténtica festa homenaxe ás mulleres do blues

📸 PixelinPhoto

🤝 O Festival C é unha iniciativa do Pazo de Raxoi a través de Compostela Cultura que conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña e a colaboración do programa

📢 🎬 AVISO! O cinema do Festival C trasládase á Casa das Máquinas 🌧️ Por mor da previsión de choiva para os próximos días...
24/08/2026

📢 🎬 AVISO! O cinema do Festival C trasládase á Casa das Máquinas

🌧️ Por mor da previsión de choiva para os próximos días, as dúas sesións que NUMAX nos propón esta semana mudan de localización pero manteñen data e horarios

🍿 Martes 25 | 21.45 h
🎞️ A invasión dos ladróns de corpos (Don Siegel, 1956, 80', VOSE)

O doutor Miles Bennel regresa á súa cidade e comeza a escoitar relatos de pacientes e coñecidos que aseguran non recoñecer o comportamento dos seus propios familiares. O que nun principio parece un caso de paranoia colectiva, acaba revelando unha ameaza inesperada que pon en perigo a vida de toda a humanidade 🌌

🍿 Mércores 26 | 21.45 h
🎞️ Caro Diario (Nanni Moretti, 1983, 96' VOSE)

Filme autobiográfico de Nanni Moretti que tece un relato a medio camiño entre o diario filmado, a comedia e o ensaio cinematográfico 🛵

📍 Casa das Máquinas
🎟️ Acceso libre, con opción de reserva de cadeira dende as 21.15 h

🤝 O Festival C é unha iniciativa do Pazo de Raxoi a través de Compostela Cultura que conta co apoio de Cultura da Deputación da Coruña e a colaboración do programa Apego

Dirección

Auditorio De Galicia. Avenida Burgo Das Nacións S/n
Santiago De Compostela
15705

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Compostela Cultura publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Compostela Cultura:

Atajos

Compartir

Categoría