04/09/2026
✨ "CAMIÑO CARA Á TERRA SOÑADA" de
📍 Espacio Beny Galerías, Local 20. R/ Príncipe 51, Vigo
📆 Do 11 de setembro ao 11 de octubro
🍸 Cóctel de inauguración: 11 de setembro ás 19:00 h
🟡O noso socio , comparte con nós a súa exposición individual "CAMIÑO CARA Á TERRA SOÑADA". Compartimos o texto curatorial:
"Mikael Jensen defínese como artista neosimbolista e desenvolve unha obra na que conflúen pintura, filosofía e psicoloxía. O símbolo ocupa un lugar central na súa práctica, xunto co interese polos soños e por aquelas imaxes que permiten achegarse a aspectos da experiencia difíciles de expresar de forma directa.
As ideas de Carl Gustav Jung e Joseph Campbell forman parte das súas principais referencias. A partir delas, Jensen entende a linguaxe simbólica como unha ferramenta capaz de conectar a experiencia persoal con imaxinarios compartidos e de dar forma a aquilo que permanece fóra do estritamente visible.
As súas pinturas parten tamén dunha preocupación constante pola percepción, o coñecemento e a maneira en que construímos sentido a partir das nosas propias experiencias.
Cada obra propón unha historia e deixa espazo para que o espectador estableza as súas propias asociacións, lembranzas e interpretacións."
Convidámovos a todes a non perderse a súa exposición ✨