04/05/2026
Celebramos hoxe con moita emoción esta xornada de presentación do traballo sobre o parque agrario de Aríns, realizado polos/as estudantes de Proxectos de paisaxe 6 do curso 2025-26 da ETSAC · UDC.
Continuando con todo o traballo centrado na recuperación dos sistemas alimentarios de proximidade de Compostela; traballo que comezamos hai anos xa, a través do proxecto Sitopías, (https://sitopias.hypotheses.org/), os alumnos/as de Proxectos de paisaxe 6, do séptimo cuatrimestre deste curso 25/26 da Escola Técnica Superior de Arquitectura, ETSAC, desenvolveron como exercicio académico un parque agrario en Aríns, en Santiago de Compostela, baixo a tutoría dos profesores: Emilio Rodríguez Blanco (área de Proxectos) e Jesus Conde García (área de Urbanismo) e en continuidade coa colaboración iniciada coa asociación de veciños/as de Aríns “Asociación Veciñal Coto da Nai”, que xa participara no ano 2025 en Sitopías 08: https://sitopias.hypotheses.org/xornadas e da que aprendemos moitísimo, grazas á xenerosidade de Lucía Segundo e das mulleres sabias de Aríns que viñeron tamén!
A conservación das contornas agrícolas periurbanas, os produtores/as locais de proximidade, a posta en valor dos mercados de abastos, a posibilidade dunha soberanía alimentaria real – asumindo que un dos grandes retos globais será a alimentación das nosas cidades– conduce en 2015 á sinatura do Pacto de Milán no que numerosos alcaldes e alcaldesas de todo o mundo, incluida a alcaldesa de Santiago de Compostela Pazo de Raxoi como lider dun concello asinante, se comprometen a articular e ordenar sistemas de produción resilientes e a un acceso universal a unha alimentación sana, saudable, asequible e producida localmente.
Poucas cidades conservan unha relación tan estreita coa súa contorna produtiva como Santiago de Compostela, até o punto de que hortas e labradíos aínda asoman ao pé da catedral. Ao contrario que moitas cidades, Compostela, e a súa bacía alimentaria, pode ser capaz de abastecer gran parte das súas necesidades alimentarias, tendo en conta unha dieta sana e culturamente axeitada. Produtores locais, cooperativas de consumo e cidadáns demandan un cambio de modelo, así como infraestruturas que apoien as cadeas curtas e a función central da Praza de Abastos.
O caso de estudo dos alumnos/as da ETSAC foi o val e a parroquia de Aríns que historicamente estivo moi vinculada á Praza de Abastos de Santiago. Tomando como partida o proxecto de urbanización débil de 1995, “Agrónica” de Andrea Branzi, os alumnos/as exploraron a posiblidade de converter o val do río Aríns nun parque agrícola que funcionase como mediador entre as distintas situacións urbanas e rurais de Compostela.
Nota: como un dos froitos da anterior sesión de Sitopías podedes ver este artigo científico no que se recolle información das mulleres produtoras de Aríns:
https://sitopias.hypotheses.org/3963
Xesús Domínguez
Goretti Sanmartín Rei
Biblioteca da Escola Técnica Superior de Arquitectura UDC
FETSAC
Representantes ETSAC
Rocio Garcia Carregal
Leonor Lorenzo Abalo
Marta Rodriguez Fernandez
Valeria Pasarín
Slow Food Compostela
Noelia Vázquez Abelenda