MULTIusos Fontes do Sar - SANta Isabel

MULTIusos Fontes do Sar - SANta Isabel Únete a nós e transforma o teu día! ✨ +20.000m2 cheos de deporte para ti ✨ Recinto multiusos para eventos e espectáculos 🎵 Sede do Obra 🏀
(561)

Mañá despedimos a tempada de verán pola porta grande! 💦🎉Este sábado 5 de setembro (de 11:00 a 14:00 h) agárdannos hincha...
04/09/2026

Mañá despedimos a tempada de verán pola porta grande! 💦🎉

Este sábado 5 de setembro (de 11:00 a 14:00 h) agárdannos hinchables acuáticos na piscina de Sar para g***r ao máximo dos últimos días do verán.

ℹ️ Información de acceso:
Persoas abonadas: Acceso libre con chaveiro.
Resto de público: Podedes acceder pagando a entrada correspondente á piscina.

Son os últimos días de piscina en formato verán! O día 9 de setembro volvemos ao modo “inverno”, aínda que seguiremos contando coa zona exterior de solárium e zona verde para seguir aproveitando o sol. ☀️🧘‍♀️

Vémonos mañá na auga? Non faltes! 🏊‍♂️👇

Estás de volta no gym? 🫶Lembra pedir ou recuperar o teu Pasaporte á Lonxevidade na recepción, na cafetaría ou no centro ...
04/09/2026

Estás de volta no gym? 🫶

Lembra pedir ou recuperar o teu Pasaporte á Lonxevidade na recepción, na cafetaría ou no centro de estética. Cada vez que veñas adestrar ou te sumes a unha actividade, pides o teu selo e vas directo a por estes agasallos do noso 25º Aniversario:

🧦 6 selos: Calcetíns MultiSan

🛍️ 7 selos: Bolsa de algodón orgánico

👕 8 selos: Camiseta oficial do 25º Aniversario

Tes ata o 31 de outubro para sumar selos! 🏃💨 Vémonos en MultiSan! 👋✨

SúmateAoMovemento

O Campus Sar entra na súa recta final! 🥹💛Despois dún verán súper divertido, cheo de risas, xogos, novos amigos e amigas ...
04/09/2026

O Campus Sar entra na súa recta final! 🥹💛

Despois dún verán súper divertido, cheo de risas, xogos, novos amigos e amigas e momentos inesquecibles, tocar dicir ata pronto ao noso campus preferido.

Só nos quedan dous días: o luns e o martes da semana que vén! 🙌 Aproveitaremos cada segundo ao máximo para pechar esta aventura como se merece.

🚘🚲 Esta última semana convertímonos en Axentes do Sar e estivemos aprendendo un montón sobre Seguridade Viaria: normas, sinais, como movernos con seguridade e ser os peóns e condutores máis responsables.

🎬 A semana pasada vivimola de película coa temática do Cine, sacando o noso lado máis creativo.

Despedímonos aprendendo e pasándoo en grande! Dálle un like á foto se ti tamén vas botar de menos o Campus Sar 👇📸

DiversiónACea LecerInfantil MáisQueCampus SantiagoDeCompostela

Setembro empeza forte! 🔥Nova tempada, novas metas e máis ganas que nunca de movernos xuntos/as celebrando os 25 anos Mov...
01/09/2026

Setembro empeza forte! 🔥

Nova tempada, novas metas e máis ganas que nunca de movernos xuntos/as celebrando os 25 anos Movendo Santiago! 🥳

Desliza no carrusel ➡️ e toma nota de todo o que preparamos para este mes:

💦 Sábado 5 | 11:00 - 14:00 h
Clausura da piscina de verán con hinchables acuáticos.
🎈 Luns 7 | 17:30 - 20:00 h
Inauguración das Tardes Multixogo no hall (actividades e hinchables para a cativada).
🏃 Xoves 10 | 19:30 h
Social Run (5-6 km) para tódolos niveis + consumición na cafetaría ao remate.
🏋️ Sábado 19 | 10:30 - 12:30 h
Multisan Day Especial: Adestramento funcional e CrossCircuit en parellas.
🎉 Sábado 26 | 10:00 - 13:00 h
Festa de Inicio de Curso na pista central (Grit, Combat, Zumba), hinchables no hall e pinchos finais.

📌 Garda esta publicación para non perder ningunha data!

🧠 A túa respiración pode cambiar a química do teu cerebro en minutos.Unha respiración lenta activa o nervio vago e reduc...
01/09/2026

🧠 A túa respiración pode cambiar a química do teu cerebro en minutos.

Unha respiración lenta activa o nervio vago e reduce o cortisol, a hormona do estrés. En Multisan axudámosche a pasar do estrés á calma:

🧘 Ioga Iniciación: Aprende desde cero con aliñación segura e asanas básicas.
✨ Respiración e Relaxación: Regula o teu sistema nervioso con pranayamas e Ioga Nidra.

Aprende ao teu ritmo e sen esixencias. Mente en calma e corpo en equilibrio.

📅 Consulta os nosos horarios e reserva a túa praza!

🚨 VOLVEN OS NOSOS CURSOS DE NATACIÓN! 🏊‍♂️💦Para aprender a nadar, mellorar técnica ou poñerte en forma...📍Piscina de San...
31/08/2026

🚨 VOLVEN OS NOSOS CURSOS DE NATACIÓN! 🏊‍♂️💦

Para aprender a nadar, mellorar técnica ou poñerte en forma...

📍Piscina de Santa Isabel e Piscina de Sar
👤 Nenas/os e adultos
🗓 Do 9 de setembro ao 31 de xaneiro.
👉 Dende só 8,97€ todo o periodo!

📅 CALENDARIO DE INSCRICIÓN:
▫️ Hoxe: Aberta a inscrición para adultos abonados
▫️ 1 de set: Nenos e nenas abonados
▫️ 4 de set: Persoas non abonadas (adultos e infantís)

📲 Inscríbete no link da bio ou na recepción dos centros.

🎾 CURSOS DE PÁDEL E TENIS 🎾Se xa tes a túa praza renovada, recordámosche que os cursos empezan o día 1 de setembro.Se no...
28/08/2026

🎾 CURSOS DE PÁDEL E TENIS 🎾

Se xa tes a túa praza renovada, recordámosche que os cursos empezan o día 1 de setembro.

Se non, toma nota de como facer a túa preincrición para a tempada de setembro a xuño (tanto para nenos/as como para adultos):

Persoas abonadas: Preinscrición online por formulario a partir do 01/09 ás 11:00 h. Escanea o código QR da imaxe para acceder!

Persoas non abonadas: Preinscrición online por formulario a partir do 10/09.

📌 A preinscrición non implica a adxudicación directa dunha praza. En caso de dispoñibilidade, poñémonos en contacto contigo.

Non te quedes sen a túa! 💥

Renova o teu pasaporte, supera retos e gaña premios! ✈️ ✨ 📘 Que é o Pasaporte á Lonxevidade?Un documento no que atoparás...
27/08/2026

Renova o teu pasaporte, supera retos e gaña premios! ✈️ ✨

📘 Que é o Pasaporte á Lonxevidade?
Un documento no que atoparás unha serie de desafíos saudables que podes cumprir nos centros MultiSan para gañar en saúde e calidade de vida.

👉 Como funciona?
1️⃣Recolle o teu pasaporte de balde nas recepcións (Multiusos, piscina de Sar e Santa Isabel), cafetaría ou centro de estética.
2️⃣ Supera os retos do 01/09/2026 ao 31/10/2026 e solicita o teu selo ao rematar cada desafío.
3️⃣ Gaña premios canxeando os teus selos na recepción: 🧦 6 selos: Calcetíns MultiSan
🎒 7 selos: Bolsa de algodón orgánico
👕 8 selos: Camiseta oficial do 25º Aniversario

⚠️ Promoción limitada a 1 pasaporte por persoa e a un total de 300 pasaportes (ata fin de existencias).

O gran valor do noso Campus: as persoas que o fan posible 👏💙Hoxe levántamonos con esta fantástica entrevista ao compañei...
27/08/2026

O gran valor do noso Campus: as persoas que o fan posible 👏💙

Hoxe levántamonos con esta fantástica entrevista ao compañeiro Dani Rama en Edición de Santiago. La Voz Galicia . 🗞️✨

No artigo cóntanos que o campamento é moito máis que conciliar: é un espazo para facer amizades, descubrir novas afeccións e g***r do deporte.

Os nosos monitores/as son a alma do Campus Sar 🫶GRAZAS a Dani e a todo o equipo por facer que cada verán sexa para tantos nenos e nenas unha experiencia inesquecible. ✨

🔗 Queres ler a entrevista completa? Deixámosche a ligazón directa nas nosas Stories.

26/08/2026

Máis de 250 clases á semana, funcional, piscinas, pádel e tenis, e o mellor ambiente para adestrar. 💥

Aquí desfrutas, cóidaste e gañas vida.

👉 Súmate ao movemento MultiSan!

Dirección

MULTIUSOS: R\u00FAa Diego Bernal S/N./SANTA ISABEL: R\u00FAa Tras Santa Isabel S/N
Santiago De Compostela
15702

Horario de Apertura

Lunes 07:00 - 23:00
Martes 07:00 - 23:00
Miércoles 07:00 - 23:00
Jueves 07:00 - 23:00
Viernes 07:00 - 23:00
Sábado 09:00 - 20:00
Domingo 09:00 - 14:00

Teléfono

+34981568160

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando MULTIusos Fontes do Sar - SANta Isabel publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a MULTIusos Fontes do Sar - SANta Isabel:

Atajos

Compartir