Vacaloura Teátrica

Vacaloura Teátrica Compañía de teatro de Santiago de Compostela. Promotora de actividades teatrais e artísticas dende 2014. Asociación Cultural

Comeza a segunda semana de corentena, e Vacaloura, aínda que esté de parón, quere seguir compartindo con tod@s as pezas ...
23/03/2020

Comeza a segunda semana de corentena, e Vacaloura, aínda que esté de parón, quere seguir compartindo con tod@s as pezas feitas no pasado recente.
Desta volta toca a irreverente sátira D-Xénero "Enclave D.X", escrita e dirixida por Amantia Coello e interpretada por Fabianna Lo Bello, Rebeca Mariño, Elvira Costa, Antón Torrado e Brian GR.
A gozala!!

Representación da obra "Enclave D.X." de Vacaloura Teátrica no Teatro Principal de Santiago de Compostela 18/05/17

Oímos algo dunha corentena e pensamos que pode ser un bo momento para desempoar algunha que outra obra de Vacaloura Teát...
17/03/2020

Oímos algo dunha corentena e pensamos que pode ser un bo momento para desempoar algunha que outra obra de Vacaloura Teátrica. 🐮🙅‍♀️🎭🎼

Hoxe comezamos por Mousiké e as Kronomusas, unha idea orixinal de Vacaloura Teátrica que conta a historia da música dende a nosa particular visión e que foi gañadora do 1º premio na especialidade de Teatro do certame autonómico Xuventude Crea 2015. Agardamos a disfrutedes!
Por último, sabemos que a calidade do video non é a leche pois montouse a partir de diversas grabacións pero nin tan mal! 🤪

Ano 3115, Mouse vive só nun mundo que xa non lembra que era a música. Os recordos da súa familia e o misterio da música impulsaráno a facer unha viaxe no tem...

10/04/2018

Seguimos enchendo de lendas este pequeno espazo.
EstA vez unha pequena troitiña de sangue azul:

No lugar de Couto de Arriba (Couto de A. nos indicadores da estrada), parroquia de Ramil, concello de Castro de Rei (Lugo), a carón da Casa Grande,hai unha fonte cunha boa poza, mesmo á par da capela dedicada a Santa Ana. Quen se refresca naquela auga e ten vagar pode chegar a ver unha troita lizgaira e desconfiada, que observa desde a boca dunha furna a quen a mira. E é que aquela troita a figura dunha princesiña moura que está alí encantada, quen sabe por quen nin por que motivo. Agardará, supoñemos, a visita do desencantador capaz de volverlle a figura de princesa que foi noutrora.

BIBLIOGRAFÍA

Fonte:
RIELO CARBALLO, I., Cancioneiro da Terra Cha (Pol), Sada, O Castro, 1980.

Bibliografía:
CUBA, X. R., MIRANDA, X. e REIGOSA, A., Diccionario dos seres míticos galegos, Xerais, Vigo, 1999.
CUBA, X. R., MIRANDA, X. e REIGOSA, A., Pequena mitoloxía de Galicia, Xerais, Vigo, 2001.
REIGOSA CARREIRAS, A., «Notas para unha clasificación das historias e lendas da Terra Cha», en El Progreso, 9-VIII-1989.

Feliz dia do teatro a todas e todos. Se hai un dia ao ano para sobreactuar na vida, ese dia é hoxe , Disfrutádeo!!! Foto...
27/03/2018

Feliz dia do teatro a todas e todos. Se hai un dia ao ano para sobreactuar na vida, ese dia é hoxe , Disfrutádeo!!!

Foto: Sarah Bernhardt- Hamlet

17/03/2018

Rematamos as lendas ofídias coa historia da serpe alada do monte de Ancos.

Todo Ancos (Neda) está ateigado de lendas; unha di, que o monte está oco, furado pola auga que o inunda por completo. E pode que un día estoupe anegando e detruíndo toda Neda. Nesas covas subterráneas e mesmo dentro da charca dunha Aureana vivía unha serpe, acubillada e feliz.

Era unha serpe grandecha coas ás ben proporcionadas. Era fermosa e coqueta. Tiña uns ollos moi grandes, felinos, que brillaban na escuridade. Chimpábase nas charqueiras e sabía facer acrobacias no ar.
Esta serpe era moi viaxeira e coas súas ás soia voar ata a praia de Cabanas. Hai quen di que o instinto maternal insatisfeito a levaba a tomar as 9 ondas, ou tal vez os nove baños, porque os fillos nunca se lle coñeceran.

Quen a vía quedaba aterrorizado. O medo estendeuse e planearon matala. Xuntáronse veciños de varias aldeas e argallaron facer cuns madeiros unhas puntiagudas estacas , a modo de afiadas lanzas. Colocáronas, coas puntas para arriba, na ruta da serpe en direccion a Cabanas, por onde voaba baixiño e mesmo ás veces se pousaba a descansar. E alí un día quedou espichada. Os berros da lenta agonía do animal escoitáronse a gran distancia. As escamas defensivas do seu corpo nada puideran ante o home, depredador insaciable.

- Lenda recollida do libro " De Lenda en Lenda" de Esperanza Piñeiro de San Miguel, Andrés Gómez Blanco e ilustrado por J.M. González Collado.

14/03/2018

Neste día tan propicio para que as nosas benqueridas serpes saian a pillar unha boa molladela, adicamos a segunda lenda desta semana a unha Serpe especialmente querida por nos. A Serper do Casal, cunha historia ademáis recollida por dúas persoas tamén moi importantes.

Di a lenda que no Casal, parroquia de Santa Mª A Real de Entrimo, concello do Entrimo (Ourense) había unha serpe xigantesca que tiña ameazado o lugar; se non lle entregaban unha moza o primeiro domingo de cada mes, destruiría o lugar enteiro.
Cando só quedaba unha moza foi ao encontro da serpe que a agardaba nunha grande pedra ao lado do río Pacín.
Ao chegar alí, a moza comezou a rezar e no medio do rezo aparecéuselle a Virxe; deulle unhas areas e díxolle:
—Cando a serpe estea a punto de te comer, tíralle estas areas aos ollos.
A moza agardou pola serpe e cando xa estaba a punto de papala, tiroulle as areas aos ollos o que provocou que o animal se convertise en pedra e ademais partiuse en tres cachos.
Aínda hoxe se conservan estes tres cachos de pedra; en memoria daquel sucedido a xente coñéceos como As Serpes.

[Recollido por Xavier Pereira Rodríguez en xaneiro de 1994 a José Rodríguez]

12/03/2018

Arrincamos unha nova semana con máis lendas. Desta volta tocan as Serpes, concretamente da A serpe do Con do Encanto...
Din que a entrada de Paradela de Lores, en Meaño había antigamente un pequeno con (cabezo de penedo que sobresae da auga) no que se tumbaban a tomar o sol serpes, lagartos e demáis...
Un día apareceu unha serpe moi grande.
Toda a xente que pasaba por alí tiña medo e intentábana matar, pero fracasaban sempre.
Unha mañá antes de saír o sol xuntouse a xente do pobo para ver se a podían coller pero atoparon unha sorpresa: enriba do con non estaba a serpe senón un mantel moi bonito. Sobre o mantel había cousas moi fermosas: tesoiras, dedais, agullas, fíos, todo de cor dourada. Ao lado, sentada, había unha sombra dunha fermosa muller.
A xente preguntoulle que facía alí, pero ela non contestou. E tan pronto lle deu o sol na cara recolleu as cousas douradas e desapareceu coma se o con a engulise. Nunca se soubo nada máis da serpe nin da sombra da muller fermosa.

[Recollido en Freixeiro, Lores, Meaño (Pontevedra), por Eduardo García Doce]

Se tes oído ruidos no tellado da túa casa pode que fose o corvo da Bruxa de Pías. Queres coñecela?Era unha menciñeira de...
23/02/2018

Se tes oído ruidos no tellado da túa casa pode que fose o corvo da Bruxa de Pías. Queres coñecela?

Era unha menciñeira desta parroquia do concello de Ponteares (Pontevedra) do S.XX. Vivía nunha casa de planta baixa e tiña un corvo que andaba por enriba do tellado e polo cuarto, e que a auxiliaba nos seus ritos curativos. Botaba as cartas, facía curas e receitaba menciñas elaboradas por ela. Segundo Victor Lis Quibén usaba como purgante o po de jalapa, e facía afumadoiros de ouro, incenso e mirra.

Bruxa de Pías. Mitos e lendas galegas en Galicia Encantada, a Enciclopedia da fantasía tradicional de Galicia

Continuamos descubrindo a mulleres e homes das nosas lendas. O outro día tocoulle á curandeira Filomena, hoxe falaremos ...
19/02/2018

Continuamos descubrindo a mulleres e homes das nosas lendas. O outro día tocoulle á curandeira Filomena, hoxe falaremos da Gheiteira, chamada Isolina Camiña.

A Gueiteira naceu en Cerdedo en 1909 e morreu en Pontevedra en 1996. Posuía unha artesa que usaba para esconxurar o anghinido, un anel dourado de estrela e a cruz de santo André.

Era especialista en cortar o aire de defunto. Poñía o anel no dedo, colocaba ao doente na artesa, facíalle unhas fregas e dicía as palabras do ritual, repetindo tres veces. O doente relaxa ata adormecer dentro da artesa, e cando esperta, xa está curado. O seu sobriño-neto, Calros Solla, foi quen herdou estes utensilios e está especialmente orgulloso da chamada cruz de santo André, un seixo gris que de maneira natural ten debuxada unha cruz branca en aspa. Quen ten esa pedra no peto no momento de expirar, aínda que non peregrinase ao santuario de Teixido en vida, queda libre de facelo despois de morto. O salvoconduto universal.

As curandeiras. Mitos e lendas galegas en Galicia Encantada, a Enciclopedia da fantasía tradicional de Galicia

Vacaloura comeza un novo proxecto. Un proxecto que ten que ver coa memoria dun pobo, coa memoria dun pobo máxico que se ...
07/02/2018

Vacaloura comeza un novo proxecto. Un proxecto que ten que ver coa memoria dun pobo, coa memoria dun pobo máxico que se resiste a desaparecer. Hoxe comezamos un repaso da nosa mitoloxía, das nosas lendas, para que o frenético compás da modernidade non nos faga esquecer aos gamusinos...

CURANDEIRAS
Ou menciñeiras, compoñedoras, sabias...
Os seus coñecementos son herdados da tradición e aplican remedios de diversos tipos para curar doenzas con herbas, apócemas, oracións, ensalmos ou imposición de obxectos ou mans. Ás veces chámanse, bruxas, meigas, feiticeiras … porque usan malas artes para facer dano ou incluso matar.
E aínda habería un terceiro tipo no que encadrariamos a adiviñas, cartuxeiras, pitonisas e vedoiras, as que poden “ver” por diversos medios a situación de xente afastada, e tamén o pasado e o futuro.

UNHA CURANDEIRA ENTRE MOITAS....
Filomena Arias Armesto, a Sabia de Torbeo, naceu no concello de Ribas de Sil en 1865 ou 1866 e morreu en 1938. O poder veulle de repente, cando foi beber auga á fonte da Cruz, pois seica se lle meteron no corpo cinco demiños. O párroco esconxurouna pero só lle puido tirar dous. Así que foi curandeira e como tal tivo moita sona, tanto en España como en Portugal. Era vedoira e axudábase dunha mediumque ela chamaba “La niña”. Ladraba como os cans e cando entraba en éxtase, falaba castelán.

As curandeiras. Mitos e lendas galegas en Galicia Encantada, a Enciclopedia da fantasía tradicional de Galicia

Dirección

Santiago De Compostela

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 20:00
Martes 10:00 - 20:00
Miércoles 10:00 - 20:00
Jueves 10:00 - 20:00
Viernes 10:00 - 20:00
Sábado 10:00 - 20:00

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Vacaloura Teátrica publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Vacaloura Teátrica:

Compartir