08/07/2026
Xa temos o vídeo do XIX Certame de Danza Intercentros!
Grazas a Concello de Santiago por este fermosísimo agasallo que nos fan cada ano 🤍
Na imaxe un pedazo da presentación, lembrando Nadal de Danza 2009.
Este ano foi para min unha emocionante viaxe no tempo. Despois de levar coordinando estes certames dende 2008 (durante moitos anos da man da miña amiga e compañeira Eva), nesta edición unha das miñas alumnas compartía escenario como profe antes de marchar a facer a carreira profesional de danza 🤍
Que ben celebrar xuntas que superou as probas de acceso! celia🪇 botarémoste de menos!