08/09/2026
Mans que nos falan da dureza do traballo, un simbólico xugo ás costas, gravados que só descubrimos se camiñamos devagar e pousamos a ollada en cada detalle...
Franciso Asorey asinou unha das obras máis icónicas da escultura galega do século XX, que orixinou un amplo debate cando se presentou na Exposición Nacional de 1926. A rachou cos códigos estéticos da representación feminina da época: unha labrega espida moi afastada de figuras idealizadas que segue a cativar a nosa mirada un século despois da súa creación.
Descúbrea na Cidade da Cultura, tras o seu regreso definitivo a Galicia 👇
📍No andar principal do Museo Centro Gaiás
⏰Todos os días, de 10 a 20h
ℹ https://www.cidadedacultura.gal/gl/content/santa-de-francisco-asorey
🎞 miramemira
🔵 Xunta de Galicia Cultura de Galicia