A Eira do Ceesg

A Eira do Ceesg Achegámonos a realidades complexas e enriquecedoras nas que poñer en práctica moitos dos valores, principios e competencias da nosa profesión.

A Eira do Ceesg é un grupo de traballo do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia que procura situar os ámbitos do Desenvolvemento Comunitario e a Educación Ambiental como campos propios e relevantes para a Educación Social. Traballamos arredor de ámbitos emerxentes da Educación Social, nos que urxen accións que nos identifiquen: dunha banda como promotores de alternativas pedagóxico

-sociais na construción de estilos de vida máis harmónicos nas relacións ambiente-sociedade e, doutra banda, como dinamizadores de procesos participativos integrais e integradores que entendan á comunidade como un ecosistema social con necesario equilibrio nas súas dimensións: cultural, económica, sanitaria, educativa, política, etc.

Temos o pracer de partillar novas sobre as nosas queridas educadoras sociais de Outonía e os marabillosos traballos que ...
19/10/2021

Temos o pracer de partillar novas sobre as nosas queridas educadoras sociais de Outonía e os marabillosos traballos que están a desenvolver na marxe máis interior de Galicia. Gabámonos moito delas, pero é que ben o merecen :)

Tres mulleres de tres serras galegas uníronse para vivir da súa vocación nos seus territorios

09/09/2021

🌍 Presentámosvos o programa de relatores da Escola das Economías Transformadoras 2021, unha selección de altísimo nivel na que atopamos expertos como Antonio Turiel, Alicia Valero ou Pilar Alguacil, cos que analizaremos e trataremos de dar solucións para a emerxencia climática que estamos a vivir.

✍️ Nos próximos días iremos contando máis sobre eles e as súas sesións.

👀 A EET celebrarase entre o 16 e o 18 de setembro. Se queres vir aprender con nós, inscríbete gratis aquí: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScUANHULC-JPMwaFzSAIpOywDXCSKab_E5PiPAO2WD8mzXJ3Q/viewform

E como concreción dun conflito socioambiental aberto e que está a ameazar seriamente ás comunidades rurais en Galicia e ...
02/06/2021

E como concreción dun conflito socioambiental aberto e que está a ameazar seriamente ás comunidades rurais en Galicia e noutros territorios próximos como o Bierzo, este sábado sairemos ás rúas de Santiago de Compostela para dicir claramente que o modelo de transición enerxética que están a desenvolver e que está a impactar gravemente nos nosos montes non é para nada o que precisamos nin o que queremos.

Deixar esta necesaria transición en mans das grandes multinacionais que nos levaron á actual crise socioambiental só levará a afondar nesta última, xerando novas formas de inxustiza e de degradación ambiental en busca do fin último do lucro privado.

Por isto, defendemos unha transición ecosocial, onde a xestión da enerxía estea en mans das comunidades, e que pasa por un necesario decrecemento no consumo e por construír entre todas a soberanía enerxética na súa produción, xestión e distribución.

Vémonos o sábado na Alameda! ✊🏾🌱

Dende o Centre de recherche - Éducation, environnement, écocitoyenneté chégannos dúas interesantes propostas para afonda...
02/06/2021

Dende o Centre de recherche - Éducation, environnement, écocitoyenneté chégannos dúas interesantes propostas para afondar na perspectiva global e crítica dos conflitos ambientais, na forma de dous seminarios que se celebrarán en liña os vindeiros venres 4 e xoves 10 de xuño, ás 9:30 hora quebequesa -ás 15:30 hora galega-. Estes seminarios serán ofrecidos de xeito simultáneo en francés e castelán.

Máis información en https://fb.me/e/Ij3Kxbbl

Non vos os perdades!

Non vos perdades o serán que organiza o SEPA-interea co gallo da celebración da semana do Medio Ambiente, este mércores ...
31/05/2021

Non vos perdades o serán que organiza o SEPA-interea co gallo da celebración da semana do Medio Ambiente, este mércores 2 de xuño na cidade de Lugo.

Para visionar a modalidade online, só tedes que inscribirvos previamente en http://sepa.gal/rg/2t0

O día 2 de xuño de 2021, con motivo da Semana do Medio Ambiente, o grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), organiza unha actividade de acceso libre no Salón de Actos da Facultade de Formación de Profesorado do Campus de Lugo (USC) que será retransmitida en streaming on-line entre as 17.30 e as 20:30 hs de España.
A actividade consistirá nunha conferencia coloquio por parte do Dr. Edgar González-Gaudiano, da Universidad Veracruzana (México), sobre 50 años de Educación Ambiental, ¿cómo estamos en la debacle neoliberal? e na estrea mundial do documental As fillas bravas e o mito de Casandra. Teatro fronte ao cambio climático.
O evento presencial é de acceso libre e gratuíto ata completar aforo en función das restricións que poidan estar vixentes por causa do COVID19. As persoas interesadas en recibir a invitación para conectarse on-line teñen que inscribirse gratuitamente no seguinte enlace: http://sepa.gal/rg/2t0.

Xa somos máis de 1️⃣0️⃣0️⃣0️⃣!!!🎉🎉Seguimos sumando   🙌🏽💜
27/04/2021

Xa somos máis de 1️⃣0️⃣0️⃣0️⃣!!!🎉🎉

Seguimos sumando 🙌🏽💜

1️⃣0️⃣0️⃣0️⃣ Grazas!
Xa somos máis de un milleiro de colexiadas. Xuntas construímos profesión.
A galega precisa de todas nós. Sigamos sumando forzas

Non podemos estar máis orgullosas de estas tres mulleres bravas que dar forma a este proxecto tan fermoso que nestes día...
20/04/2021

Non podemos estar máis orgullosas de estas tres mulleres bravas que dar forma a este proxecto tan fermoso que nestes días, deron a coñecer🤩

Agardamos ter noviñas pronto de todos os proxectos que argallan!

Moita forza, moito ánimo e moitas gracias por ser un exemplo para nós, e para a nosa profesión.👏👏👏

"Outonía é un recuncho da terra afastado entre altos cumios, é a auga dos ríos limpa e fría polo desxeo das neves, Outonía é un castiñeiro centenario e unha carballeira. É ese lugar no que as aldeas son casas baleiras e o fume sae de poucas chimeneas, Outonía é un colexio pequeno, é un falar miúdo pero galego. Outonía é comunidade, rede e creatividade, é un rural vivo e cheo de oportunidades.
Outonía era a nosa utopía. Hoxe é realidade."

Outonía: Educación Social e Sustentabilidade rural 💚💚

Das inquedanzas de tres educadoras sociais nace este proxecto. Non só coma unha forma de emprego, senón coma unha forma de vida. Somos Outonía

Deixamos aquí o enlace para ver as conclusións da presentación do xoves. 👇🏾
18/04/2021

Deixamos aquí o enlace para ver as conclusións da presentación do xoves. 👇🏾

PDF | On Apr 16, 2021, Pablo Ángel Ángel Meira Cartea and others published LA SOCIEDAD ESPAÑOLA ANTE EL CAMBIO CLIMÁTICO | Find, read and cite all the research you need on ResearchGate

Pois aquí nos atopamos hoxe, escoitando e aprendendo un pouquiño máis. SEPA-interea
16/04/2021

Pois aquí nos atopamos hoxe, escoitando e aprendendo un pouquiño máis.

SEPA-interea

: tenemos una cita el próximo viernes 16 de abril: os invita a la presentación online de los resultados del estudio “La Sociedad Española Ante El Cambio Climático: Percepción y Comportamientos en la Población”, que cuenta con la participación de la Fundación Biodiversidad y la Oficina Española de Cambio Climático.

☀️👉 Os podéis registrar en este enlace: https://bit.ly/3u6KXHb

E ti, que fas os martes pola tarde? 👇🏾
14/04/2021

E ti, que fas os martes pola tarde? 👇🏾

Ainda que este cartaz non é da nosa autoria, partillámolo con todas vos e agradecemos o apoio cúmplice e combativo de todas as que tamén desde o outro lado do posto, facedes parte fundamental do Entre Lusco e Fusco. Entre todas somos mais fortes, e paseniño mas sen pausa estamos a facer un mundo mellor!

Manifesto aquí:http://ceesg.gal/ceesg/MANIFESTO_8M.pdf
07/03/2021

Manifesto aquí:
http://ceesg.gal/ceesg/MANIFESTO_8M.pdf

Fai un ano, aínda coas rúas resoando de reclamos feministas, a nosa cotidianidade víase alterada pola pandemia e, pronto, as feministas fomos sinaladas. Un ano despois, volvemos estar no foco.
Ante isto, as Fiadeiras Ceesg acreditamos firmemente na sororidade e por iso aboramos un comunicado conxunto coas compañeiras do col•lectiu de dones do Col·legi d'Educadores i Educadors Socials de Catalunya.
Agardamos que sexa a primeira de moitas colaboracións!

Podes ver o manifesto aquí:
http://ceesg.gal/ceesg/MANIFESTO_8M.pdf

27/02/2021

Xa estamos aquí!!

Un ano máis compartindo esta 🤩

Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

Dirección

Santiago De Compostela
15707

Teléfono

+34981552206

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Eira do Ceesg publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir