7H Cooperativa Cultural

7H Cooperativa Cultural Xestión cultural desde as artes visuais, os feminismos e a cultura comunitaria. Educamos Creatividade, Comunicamos Cultura. Somos !

☀️⛱️ Sumámonos a iso que chaman vacacións! Dúas semaniñas para coller folgos, parar e g***r do descanso.Volvemos o 24 de...
10/08/2026

☀️⛱️ Sumámonos a iso que chaman vacacións!
Dúas semaniñas para coller folgos, parar e g***r do descanso.
Volvemos o 24 de agosto cheas de enerxía! 💫

Coa merenda preparada e as ganas de bailar no corpo, mergullámonos de golpe nas augas do verán.📍 Centro de Atención Temp...
07/08/2026

Coa merenda preparada e as ganas de bailar no corpo, mergullámonos de golpe nas augas do verán.
📍 Centro de Atención Temperá, Rúa Rosalía de Castro, 1, Negreira
🎨Isa Bermúdez Isa Bermúdez
ℹ️ S/T
👩🏼‍🤝‍👩🏽👨🏽‍🤝‍👨🏾👩🏽‍🤝‍👨🏻“Hai que xuntarse máis” é o pé de foto que enmarca a obra de Isa Bermúdez. Neste colaxe pictórico reinvindícanse os espazos onde compartir festas e alegrías, os lugares onde a comunidade celebra 🎇 o encontrarse, os momentos de felicidade e o feito de verse, de reunirse, en si mesmo.
🎶🎵 A música, 💧 a auga, 🥧 a comida… transfórmanse en fíos condutores que enlazan as dúas paredes, convidando (e lembrando) a quen se achegue a g***r das amigas, das veciñas, da familia e saír bailar, nadar, merendar…
Os pinceis de Bermúdez retratan fotos familiares propias e imaxes cedidas polas anfitrioas do grupo de pandeireteiras e da Asociación de Mulleres Rurais de Alvite Asociación de Mulleres Rurais Alvite , dando valor aos recordos e vivenzas veciñais 🫂 . O Centro de Atención Temperá de Negreira xa ten novas habitantes.
☕ Vides merendar e despois bailar? Xa recende o barrio a biscoito e se escoitan as gaitas ao lonxe.
📸 SAЯA RICOY 💫
O programa é posible grazas á liña de subvencións da Deputación da Coruña , aos concellos de Santiago de Compostela Compostela Cultura, Negreira Cultura Negreira e Brión Concello de Brión ; e ao patrocinio de MTN World 🌐, Ibersa Pinturas El Mundo del Pintor, ALRO I Maquinaria de Altura e Gadis, así como á colaboración de Cafés Candelas e Daveiga - Mariñeiras

Cos días longos, apetece estar fóra... Cantos xogos es quen de atopar nas intervencións murais de Brión?📍Piscina municip...
06/08/2026

Cos días longos, apetece estar fóra... Cantos xogos es quen de atopar nas intervencións murais de Brión?
📍Piscina municipal cuberta, R/ Lamiño, Brión Concello de Brión
🎨Nana ✦ 𝗡𝗔𝗡𝗔•‿•
ℹ️ “A infancia habita aquí”
🌲As crianzas e as árbores teñen certa afinidade. Pode ser porque nas súas pólas atopan tanto acubillo, como o mellor acocho cando xogan ás agachadas. Ou porque entre os seus pés (e no alto) podes construír cabanas 🏰 (e castelos ⛺).
No muro de Nana, o bosque tórnase como un refuxio de animais, grandes 🐎 e diminutos 🐞🐛. Tamén como abrigo do xogo libre e da cativada que o inventa. Cada liña de sprai amosa o xogo como elemento non só de diversión, senón tamén de aprendizaxe, de risos, de construcción da identidade propia e do grupo… O xogo coma un dereito. O xogo polo xogo que non entende de idades. O pracer por compartir.
🌳 Así, coma se estivese vivo, a intervención trascende a propia parede da piscina cuberta e intégrase coas árbores e herbas da contorna, xogando coas luces e as sombras, invitando a quen se achega a cruzar ao outro lado, a un mundo diferente, coma nun cadro de Mary Poppins. 🖼️
E, a vós, a que vos apetece xogar?
📸 SAЯA RICOY ✨
O programa é posible grazas á liña de subvencións da Deputación da Coruña , aos concellos de Santiago de Compostela Compostela Cultura, Negreira Cultura Negreira e Brión Concello de Brión ; e ao patrocinio de MTN World 🌐, Ibersa Pinturas El Mundo del Pintor, ALRO I Maquinaria de Altura e Gadis, así como á colaboración de Cafés Candelas e Daveiga - Mariñeiras

Achéganse as vacacións e, con elas o tempo de compartir momentos. Por que non organizar unha excursión polo barrio de Co...
05/08/2026

Achéganse as vacacións e, con elas o tempo de compartir momentos. Por que non organizar unha excursión polo barrio de Conxo para coñecer os novos murais do ?
📍Entre a R/ Suarribas, 61 e R/ Cruz da Nogueira, 10, Santiago de Compostela Concello de Santiago
🎨Janín Janín 🔥 e Yuda YUDA
ℹ️ “Labores compartidas” (Parte 2)
🧳Se hai algo que destacou a veciñanza da Cruz da Nogueira é que os barrios mutan co paso dos anos. A xente vai e vén, múdase, aséntase e, entre toda esa diversidade de movementos, constrúese comunidade.
Na terraza de Suarribas pasean gatos 🐈🐈‍⬛ e persoas 🚶🏻‍➡️🚶🏽 por igual, séntanse ao sol, conversan… as redes alónganse tanto ou máis que a corda dos tendais veciñais. Acoller, compartir, tranquilidade… son as palabras que máis se din, se respiran e se poñen ao clareo.
Así, representando ese sentir, tras tardes de visitas e merendas, Lourdes e Isabel xa reciben, cun sorriso, a todo aquel que se achegue ao barrio. Grazas aos pinceis de Janín e Yuda, outra das entradas de Conxo reafirma o carácter hospitalario das xentes que habitan o lugar. 🫱🏾‍🫲🏽
📸 SAЯA RICOY 💫
O programa é posible grazas á liña de subvencións da Deputación da Coruña , aos concellos de Santiago de Compostela Compostela Cultura, Negreira Cultura Negreira e Brión Concello de Brión ; e ao patrocinio de MTN World 🌐, Ibersa Pinturas El Mundo del Pintor, ALRO I Maquinaria de Altura e Gadis, así como á colaboración de Cafés Candelas e Daveiga - Mariñeiras

Aínda coas emocións a flor de pel tras unha edición chea de visitas e conversas coa veciñanza, estes días presentámosvos...
04/08/2026

Aínda coas emocións a flor de pel tras unha edición chea de visitas e conversas coa veciñanza, estes días presentámosvos os resultados da oitava edición do . Xa fostes de visita? 👀
📍Entre a R/ Suarribas, 61 e R/ Cruz da Nogueira, 10, Santiago de Compostela Concello de Santiago
🎨Janín Janín 🔥 e Yuda YUDA
ℹ️ “Labores compartidas” (Parte 1)
🏘️ Hai lugares que se transforman nunha extensión máis dos nosos fogares, espazos nos que compartimos algo tan íntimo como as nosas prendas 👚🩲 e, de aí, as alegrías e as preocupacións.
👩🏽‍🦱👱🏽‍♀️ En “Labores compartidas”, a terraza, ese lugar de paso entre os distintos pisos que conforman a comunidade de veciñas, sae á rúa e, con ela as súas habitantes en toda a súa diversidade. As sabas, as toallas, os manteis… ondean nas paredes como símbolo dos vínculos entre as persoas. 🫂
🧺 E vós, que espazos compartides coas vosas veciñas?
📸 SAЯA RICOY 💜
O programa é posible grazas á liña de subvencións da Deputación da Coruña , aos concellos de Santiago de Compostela Compostela Cultura, Negreira Cultura Negreira e Brión Concello de Brión ; e ao patrocinio de MTN World 🌐, Ibersa Pinturas El Mundo del Pintor, ALRO I Maquinaria de Altura e Gadis, así como á colaboración de Cafés Candelas e Daveiga - Mariñeiras

📍 Unha intervención mural que nace do territorio No Delas Fest Delas Fest , cada intervención nace dun proceso de inmers...
27/07/2026

📍 Unha intervención mural que nace do territorio
No Delas Fest Delas Fest , cada intervención nace dun proceso de inmersión contextual. Antes de pintar, as artistas camiñan, escoitan e comparten tempo coas persoas que mellor coñecen cada lugar: quen o habita e lle dá sentido cada día.
A semana pasada foi a quenda de Concello de Negreira, onde a artista Isa Bermúdez Isa Bermúdez puido mergullarse nun proceso colectivo antes de comezar a pintar na Unidade de Atención Temperá. 💜💜
.
Da man de Manuel Figueira, da Asociación Folclórica Veiga do Cotón , percorremos a vila para descubrir a súa historia, a súa arquitectura e algunhas das historias e lendas que atravesan o territorio. Tamén comprendemos a importancia dos ríos como parte da identidade de Negreira e da vida da súa veciñanza. 🌿👣
.
Nos Encontros de Anfitrioas seguimos afondando nesas historias compartidas. Coas veciñas de Negreira descubrimos a forza da música e do baile tradicional, falamos da gastronomía local e mesmo tivemos a sorte de aprender das pandereteiras da vila, cunha escola que reúne a máis de 80 alumnas. 🥁✨
.
Ao día seguinte, a Asociación de Mulleres Rurais de Alvite Asociación de Mulleres Rurais Alvite abriunos as súas portas para compartir unha tarde de lembranzas, fotografías e anécdotas sobre a vida máis rural de Negreira. Un encontro que puxo en valor a forza do colectivo e dunha comunidade de mulleres que continúa facendo da colaboración unha maneira de vivir e de coidarse. 🌾
.
Todos estes relatos, saberes e experiencias forman xa parte do proceso creativo de Isa. Que detalles atoparemos na intervención mural? 👀
.
Mañá, ás 19.00 h, celebrarase un encontro aberto a pé de muro para descubrir o bosquexo da artista e compartir impresións antes de que a obra continúe medrando. E se non podedes achegarvos: lembrade que Isa estará pintando ata o domingo 2 de agosto.
.
📸 SAЯA RICOY 💜
.

🎨🌱 Hai historias que continúan: xogamos de novo con Nana no Concello de Brión !No 2022, para o IV  , a artista urbana Na...
20/07/2026

🎨🌱 Hai historias que continúan: xogamos de novo con Nana no Concello de Brión !
No 2022, para o IV , a artista urbana Nana ✦ 𝗡𝗔𝗡𝗔•‿• realizaba na piscina municipal cuberta unha intervención mural nada dunha pregunta compartida entre distintas xeracións: a que xogabamos de pequenas? Aquel proceso levou a artista a explorar os xogos, os espazos de encontro e todo aquilo que permanece na memoria desde a infancia.
Este ano quixemos retomar ese fío e seguir tecendo desde aí, catro anos despois 🧶.
Nesta ocasión, as protagonistas do proceso contextual foron as crianzas de . Da man do profesorado das escolas infantís de Sabaxáns e Os Ánxeles e do CEIP de Pedrouzos, preguntámoslles polos seus espazos favoritos para xogar, polos seus xoguetes preferidos e por como imaxinan os lugares onde lles gusta estar.
As máis pequenas responderon con debuxos cheos de cor e imaxinación. As maiores sorprendéronnos compartindo con nós en xuño os xogos que elas mesmas inventaron durante o curso e guiándonos polos seus recunchos favoritos do colexio. Xuntas tamén soñamos con patios máis vivos, máis verdes e máis diversos, nos que o xogo libre teña cada vez máis espazo. 🌿🛝
Todo ese universo compartido foi prendendo no proceso creativo de Nana, que xa está a dar forma ao novo mural na piscina municipal cuberta.
Desde que comezou a pintar o pasado día 17, xa foron varias as familias que se achegaron para descubrir o bosquexo e conversar connosco sobre infancia, espazo público e xogo. Porque no Delas Fest as paredes tamén son unha escusa para abrir conversas. 💬
Se vos apetece coñecer de preto o proceso, podedes achegarvos ata o xoves 23 e ver como medra esta nova creación compartida. 👀
📸 ❤️‍🔥

☕💜 Os Encontros de Anfitrioas: cando a creación comeza coa palabra .No Delas Fest Delas Fest, a creación das intervenció...
16/07/2026

☕💜 Os Encontros de Anfitrioas: cando a creación comeza coa palabra
.
No Delas Fest Delas Fest, a creación das intervencións murais non comeza diante da parede, senón arredor dunha mesa, nun paseo ou nunha conversa compartida.
.
Os Encontros de Anfitrioas son un dos piares do noso proceso contextual. Son espazos nos que as artistas coñecen, de primeira man, as persoas que habitan os lugares onde van intervir. Neles compártense historias, lembranzas, preocupacións, formas de vida e maneiras de entender o territorio. Son encontros para escoitar, dialogar e construír confianza. 💜
.
Este ano en celebramos tres encontros con Janín Janín 🔥 e Yuda YUDA. Os dous primeiros permitiron achegar ás artistas á diversidade de voces do barrio: compartimos a memoria das veciñas de Suarribas e Cruz da Nogueira e abrimos un segundo encontro a toda a veciñanza de Conxo e Compostela no Centro Sociocultural de Conxo.
.
Daquelas conversas emerxeu unha idea que atravesa todo o barrio: Conxo como un lugar de comunidade, movemento e acollida. E foi precisamente unha das metáforas compartidas polas veciñas —a dun tendal comunitario como espazo de encontro e convivencia— a que acabou por prender a mecha 🔥 do proceso creativo. Será que no Delas Fest sentimos unha especial querencia por estes espazos de encontro entre mulleres? 🌿
.
Este martes volvemos reunirnos para compartir o bosquexo definitivo. As artistas explicaron como todas esas historias, imaxes e emocións foron tomando forma no mural, nun encontro especialmente emocionante, no que algunhas veciñas descubriron que tamén elas pasarán a formar parte da intervención: ás veces, cando un proceso creativo se constrúe colectivamente, tamén devolve á comunidade un anaco de si mesma. ✨
.
Janín e Yuda continúan pintando ata o domingo 19 na confluencia entre a rúa Suarribas e a Cruz da Nogueira. Se vos achegades estes días, aínda estades a tempo de descubrir como segue medrando esta creación compartida. 👀
.
📸 💜
.

🏘️ O contexto como punto de partida .No Delas Fest Delas Fest entendemos a arte urbana como un proceso colectivo. Antes ...
15/07/2026

🏘️ O contexto como punto de partida
.
No Delas Fest Delas Fest entendemos a arte urbana como un proceso colectivo. Antes de comezar a pintar, as artistas mergúllanse no territorio para coñecelo desde dentro: escoitando, camiñando e compartindo tempo coas persoas que o habitan.
.
Aínda que previamente reciben un dossier con información histórica, social, xeográfica e patrimonial, son as experiencias vividas, os relatos en primeira persoa e os encontros coa comunidade os que verdadeiramente alimentan o proceso de creación contextual. Porque as obras non nacen só dun lugar, senón tamén das persoas que lle dan vida. 💜
.
Esta semana comezamos as actividades contextuais en , onde xa están a traballar as artistas mexicanas Janín Janín 🔥 e Yuda YUDA. 🌿
.
No primeiro roteiro, guiado desde , percorremos as intervencións murais do barrio e as súas Lecturas Vivas, descubrindo como a arte urbana forma parte da identidade de Conxo e das historias que atravesan as súas rúas. 🎨👣
.
Ao día seguinte visitamos a exposición “Conxo, un concello de seu” no Centro Sociocultural de Conxo para coñecer unha parte fundamental da historia do barrio e, despois, realizamos un roteiro guiado por Marisa Garea, mestra e veciña que compartiu con nós a memoria, o patrimonio e as vivencias dun territorio que só pode comprenderse desde quen o habita. 🏡
.
Este proceso é o que fai do un programa feminista de arte urbana contextual: un tempo para observar, preguntar, escoitar e construír vínculos antes de crear. Un xeito de facer que as intervencións dialoguen co territorio e que a veciñanza as sinta tamén como propias, evitando que a arte se converta nun elemento alleo ou invasivo do espazo público.
.
Como atravesarán estes roteiros o proceso creativo de Janín e Yuda? Moi pronto poderedes descubrilo… 👀
.
📸 💜
.

👩🏻‍🎨 A última parada do Delas Fest 2026 levaranos ata Negreira, onde viaxará Isa Bermúdez Isa Bermúdez cos seus pinceis ...
12/07/2026

👩🏻‍🎨 A última parada do Delas Fest 2026 levaranos ata Negreira, onde viaxará Isa Bermúdez Isa Bermúdez cos seus pinceis 🖌️.
Artista plástica, móvese entre a ilustración, a pintura e o muralismo; entre o realismo e o debuxo cargado de fantasía, sen renunciar en ningún momento a descubrir e probar outras técnicas.
🌍👣Como artista urbana percorreu numerosas localidades galegas e viaxou a Cabo Verde. No ámbito da docencia artística, ten o seu propio espazo, Sol, en Carballo, e tamén vai a centros educativos e alá onde a chamen.
👓☀️Se algo destaca de si mesma é a súa paixón polo contexto, tendo sempre presente na súa obra o territorio, como se pode apreciar nos seus coidados traballos que recollen vivencias presentes e pasadas.
📍👋🏼 Se queredes coñecela e descubrir o seu traballo, poderedes achegarvos ao Centro de Atención temperá sito na rúa Rosalía de Castro (Negreira), onde realizará a súa intervención do 27 de xullo ao 2 de agosto. Vémonos?

Dirección

Rúa García Prieto, Nº46/48
Santiago De Compostela
15706

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 15:00
Martes 09:00 - 15:00
Miércoles 09:00 - 15:00
Jueves 09:00 - 15:00
Viernes 09:00 - 15:00

Teléfono

+34881978756

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando 7H Cooperativa Cultural publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a 7H Cooperativa Cultural:

Atajos

Compartir

Categoría