17/10/2025
Un novo proxecto en Camiño da man de ACentral Folque.
LAUDATIO FUNEBRIS. Da morte, o pranto e o alén no Reino de Galiza é unha aproximación, desde diferentes ámbitos, ao signif**ado da morte na Idade Media a través dos prantos, poemas musicados, que nos amosan un conxunto de prácticas culturais nas que a morte non era só un feito biolóxico, senón tamén un acto social, político e artístico.
Un legado literario, lingüístico e emocional que segue a interpelar a nosa sensibilidade contemporánea.
📗Polo de agora presentamos un libro no que traballaron arreo Andres Diaz e Eva Moreda coordinados por Ramón Pinheiro.
✨ En breve, moito máis...
[Novidade aCentral Folque]
Presentamos o novo libro de aCentral Folque "LAUDATIO FUNEBRIS. Da morte, o pranto e o alén no Reino de Galiza" de Andrés Díaz e Eva Moreda
Haberá presentancións do libro e algunha sorpresa máis nas que estará envolta a Belén Bermejo e Sirgo Torcendo así que f**a atento ás nosas redes porque esta non será a única novidade arredor do tema dos prantos medievais.
Que signif**aba morrer na Idade Media? Os prantos galego-portugueses amósannos un conxunto de prácticas culturais nas que a morte non era só un feito biolóxico, era tamén un acto social, político e artístico.
Estes poemas musicados, creados no ámbito cortesán e relixioso para conmemorar a morte dunha persoa, con ecos na tradición popular, transmiten unha pluralidade de voces e revelan como se construían formas colectivas de memoria, identidade e poder. Neles recoñecemos non só a dor e o co***lo, senón tamén a súa sofisticación estética, encargos dinásticos para afirmar liñaxes, exercicios de memoria colectiva ou formas de devoción.
Redescubrilos hoxe é unha oportunidade para volver a un tempo no que a morte se representaba, cantaba e ritualizaba para dotala de sentido, deixando un legado literario, lingüístico e emocional que segue a interpelar a nosa sensibilidade contemporánea.
Este proxecto está enmarcado nos Fondos Reino de Galicia da Cultura da Deputación da Coruña
Moitas grazas polo voso apoio!