15/04/2026
*AFTER CYPHERS*❗️
🗓Próximo sábado 25 de abril, en Break Inclán
*16:30 OBRADOIRO CON ARTUR:*⤵️
"20 Formas de baixar ao chan":
🗝️A baixada ou GoDown é un momento clave á hora de bailar break con estilo... investigaremos distintas técnicas , para crear variacións únicas e impredecibles.
🎟 Prezo 10€. Para todos os niveis e idades.
*17:30 SESIÓN DE CYPHERS:*⚡️⚡️⚡️
Sesión de 2 horas de cyphers
🔥 Coa invitación de Fresh Designs Crew, dende Ourense, veñen para queimar os corros!
📢 Ao finalizar os cyphers, faremos unhas batallas de exhibición tipo Call Outs.
*19:30 AFTER CYPHERS:*🎮🏓
Momento para compartir entre colegas despois de dalo todo na pista, amenizado con PingPong, Videoxogos e videos de batallas.
🎟 A entrada para público e participantes será de 5€, incluíndo palomitas e bebida ao rematar os cyphers.🍿🧃