JAM de Barrio

JAM de Barrio Jam de Barrio é un proxecto cultural que pretende potenciar a escena musical local de Compostela, ?

En Jam de Barrio alegrámonos de que se estea apostando por programar talento musical de proximidade nas festas municipai...
18/07/2020

En Jam de Barrio alegrámonos de que se estea apostando por programar talento musical de proximidade nas festas municipais de cidades e vilas galegas (Santiago, A Coruña, Vigo etc).
É unha medida responsable coa seguridade sanitaria e tamén unha medida imprescindible de apoio ao tecido creativo musical galego, na crise ecónomica que está afectando tamén e de primeira man ao sector cultural.
Agardemos que se convirta nunha política cultural estable e duradeira, goberne quen goberne.
Tamén esperamos que esas contratacións se fagan sempre con cachés dignos e condicións laborais onde todos os artistas estean traballando sempre dados de alta na seguridade social. Esta crise ten que ser unha oportunidade para desprecarizar o sector musical, non para precarizalo aínda máis.
Gozade todos e todas dos nosos artistas, con responsabilidade e apoio á economía e creatividade galega.


CENSO MUSICAL DE COMPOSTELA:
http://compostelaemusica.gal/
CENSO MUSICAL DE A CORUÑA:
http://xn--mavcorua-j3a.gal/?page_id=202

Compostela é Música, lista de proxectos made in Santiago, que pretende cartografar a escena musical compostelán

Bo día! Aquí podedes escoitar un montón de música galega. Son os 51 proxectos finalistas de 17 estilos diferentes dos Pr...
20/04/2020

Bo día! Aquí podedes escoitar un montón de música galega. Son os 51 proxectos finalistas de 17 estilos diferentes dos Premios da Música Martín Codax 2020 que organizamos cada ano en Músicas ao Vivo:
(se es socia/o de MAV, vota para elexir aos proxectos premiados, desde hoxe ata o 3 de maio).
Se non clicades no botón "finalistas, apareceren todos os proxectos inscritos deste ano (576 proxectos), entre os cales hai 82 de Compostela.
http://premiosmartincodaxdamusica.gal/radio
Premios Martín Códax da Música
Músicas Ao Vivo
Músicas ao Vivo Sección Compostela
Músicas ao Vivo Coruña

Web dos VII Premios Martín Códax da Música, impulsados e promovidos pola asociación Músicas ao Vivo

Fotiños do concerto co Coro Estudio na Jam de Barrio, comparitdas pola ESTUDIO, escola de música.Fotos, Ivan Barreiro
27/01/2020

Fotiños do concerto co Coro Estudio na Jam de Barrio, comparitdas pola ESTUDIO, escola de música.
Fotos, Ivan Barreiro

27/01/2020
Tomás Porteiro, que nos acompañou no Nadal nun dos concertos de JDB, falando sobre o realmente importante da música. Des...
17/01/2020

Tomás Porteiro, que nos acompañou no Nadal nun dos concertos de JDB, falando sobre o realmente importante da música. Despegando, con bo tino, talento e sensatez.

Presenta hoxe o seu novo proxecto musical no Encontro acompañado polo clarinetista José Zas

Grazas, xentes melómanas! Aquí vos deixamos fotos do último concerto de JAm de Barrio: Marcos Teira Translations Triofot...
06/01/2020

Grazas, xentes melómanas!
Aquí vos deixamos fotos do último concerto de JAm de Barrio: Marcos Teira Translations Trio
fotógrafo: Iván Barreiro
Marcos Teira Translations Trio
Marcos Teira
INvite a VITE
Alfonso Calvo
Moises Fernandez

Dani Froq Team,  coa Jam de Barrio de hoxe! Marcos Teira Translations Trio, no CSC de Vite, ás 7:30pm.JDB: Apoiando o ta...
03/01/2020

Dani Froq Team, coa Jam de Barrio de hoxe! Marcos Teira Translations Trio, no CSC de Vite, ás 7:30pm.

JDB: Apoiando o talento local desde 2015teira



O Capitán Garfo, observando a súa cociña, a piques de arrancar o seu show musical gastronómico!!  centro sociocultura de...
27/12/2019

O Capitán Garfo, observando a súa cociña, a piques de arrancar o seu show musical gastronómico!!
centro sociocultura de Conxo, 7pm.

O CAPITÁN GARFO.Público infantil (a partir de 3-4 anos)O obxectivo do espectáculo Cociñando Música é darlle importancia ...
25/12/2019

O CAPITÁN GARFO.
Público infantil (a partir de 3-4 anos)

O obxectivo do espectáculo Cociñando Música é darlle importancia á gastronomía e á alimentación na vida d@s máis pequen@s, mediante un concerto no que utilizo a voz, o piano e a guitarra como instrumentos principais para facer cancións divertidas e didácticas, coas que nen@s aprenden de forma sinxela e motivadora uns bos hábitos alimentarios, a importancia dun almorzo saudable, a poñer unha mesa ou a facerse amig@s das ensaladas.
centro sociocultural de conxo
Centros Socioculturais Santiago de Compostela
Saúl Sys Tem




Onte a Jam de Coros foi unha marabilla. O Teatro Principal cheo ata a bandeira, os 4 coros brillando no escenario, amigo...
23/12/2019

Onte a Jam de Coros foi unha marabilla. O Teatro Principal cheo ata a bandeira, os 4 coros brillando no escenario, amigos e familias no público volcadísimos cos artistas e un traballo de organización perfeco de todos os que traballaron. Grazas a todas e todos por unha noite inesquecible de moitas iguais que han de vir. Viva a música!. GRAZAS aos coros: Coro Escola Estudio Compostela e a ESTUDIO, escola de música., Coro Son Elas, Coros infantís da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela EMM, Coro da Rá e aos seus diectores/as: Loida Loidis, Pilar Martinez, Ramón Bermejo. GRAZAS especiais todos os que traballaron na organización: os técnicos e traballadores/as do Teatro Principal como Móisés, Zaila, Simón,.. e a Coque Dosil pola produción impecable, a Beatriz Busto Miramontes polo traballo perfecto na rexiduría con todos os coros e na coordinación cos nenos e nenas da Escola, a Chus Silva como xefé técnico de son, a Ivan Barreiro como fotógrafo e a todo o profesorado de apoio e xunta directiva da EMM que viu: Fernando Rey Iglesias, Oscar Fernández, Cayetana Vázquez (ao piano), Antonio Ocampo (percusión), Guillermo Alzugaray e Pablo Pascual Alonso. Jam de Barrio sigue este venres 27 no CSC de Conxo ás 7pm co show infantil O Capitán Garfo. Grazas finalmente ao Concello de Santiago de Compostela polo seu apoio e aposta por JDB e polo talento local.

Un pracer total o concerto de onte de Espiño e de Tomás Porteiro! Grazas inmensas a todo o público que se achegou. Mañá ...
21/12/2019

Un pracer total o concerto de onte de Espiño e de Tomás Porteiro! Grazas inmensas a todo o público que se achegou. Mañá sigue Jam de Barrio, con JAM DE COROS, no Principal ás 7pm (entradas desde as 5:30pm na billetería). Para mostra, aquí tedes o folleto de man co programa, e un vídeo do Coro da Rá actuando este febreiro en A Coruña!
https://www.youtube.com/watch?v=cRf0YQGrLgs

Dirección

Santiago De Compostela

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando JAM de Barrio publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a JAM de Barrio:

Compartir