08/07/2026
🧵Hoxe celebramos na Casa Xohana Torres a inauguración da exposición que reúne os traballos realizados polas participantes das dúas edicións do Club de Bordado, coordinado por María Arufe (.estudio).
O acto contou coa presenza da alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, que acompañou ás participantes neste momento tan especial. Durante a inauguración, as propias participantes compartiron como viviron o proceso creativo, explicando as historias e reflexións que inspiraron as súas pezas. Así puidemos ver que detrás de cada fotografía bordada hai tamén memoria e unha mirada persoal.
💜Grazas a todas as persoas que nos acompañastes e, especialmente, ás participantes por facer deste proxecto un espazo de creación colectiva e encontro.
SantiagoDeCompostela