Festival Ateneo Barroco

Festival Ateneo Barroco Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Festival Ateneo Barroco, Festival, Praza Salvador Parga, 4, Santiago de Compostela.

Inspirados na pegada histórica, patrimonial e cultural, da música na vida de Compostela, cidade que atesoura unha brillante tradición como escenario para festivais e foros musicais, o Ateneo de Santiago presenta Ateneo Barroco.

ACCADEMIA DEL PIACERE clausura ATENEO BARROCO 2026 no Salón Teatro de Santiago de Compostela o martes 20 de outubrocunha...
19/08/2026

ACCADEMIA DEL PIACERE clausura ATENEO BARROCO 2026 no Salón Teatro de Santiago de Compostela o martes 20 de outubrocunha particular e atraínte proposta arredor da música de Johann Sebastian Bach. In dulci jubiloé o título do programa deste sexto e último concerto da oitava edición do festival no que o conxunto que lidera FAHMI ALQHAI toma como punto de partida o traballo cotiá de Bach na readaptación, improvisación e arranxo dos corais tradicionais luteranos e das súas obras, para facer a súa propia recreación en concerto da obra dun dos grandes mestres da historia da música.

Baixo a dirección artística do violagambista Fahmi Alqhai, Accademia del Piacere é un dos conxuntos de música antiga máis salientables de Europa. Recoñecido pola audacia dos seus proxectos innovadores, a súa excelencia interpretativa e a súa poderosa presenza escénica, o grupo sitúase á vangarda dunha interpretación historicamente informada pero profundamente emocional. A súa concepción da música antiga como unha arte viva, expresiva, apaixonada e actual, convérteo nun referente na comunicación directa e vibrante co público. Galardoada con prestixiosos premios internacionais, Accademia de Piacere ten actuado en boa parte dos escenarios e festivais máis importantes do mundo.

As entradas para os concertos e os abonos do Festival Ateneo Barroco 2026 están dispoñibles en www.festivalateneobarroco.gal.

O quinto concerto do ATENEO BARROCO 2026 (Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, venres 16 de outubro), su...
02/08/2026

O quinto concerto do ATENEO BARROCO 2026 (Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, venres 16 de outubro), supón o debut no festival do clavecinista francés BERTRAND CUILLER. As entradas para os concertos e os abonos do Festival Ateneo Barroco 2026 están dispoñibles en www.festivalateneobarroco.gal.

Nesta proposta “instrumental” bianual (2025-2026) do Festival Ateneo Barroco non podía faltar o protagonismo dun instrumento capital no Barroco musical, o clavecín. Para o seu primeiro concerto no festival compostelán, o clavecinista francés Bertrand Cuiller selecciona dúas das grandes especialidades do seu repertorio: a música inglesa dos virxinalistas e as sonatas para clave de Domenico Scarlatti. Entre Inglaterra, Italia e España transcorre esta viaxe temporal entre dúas revolucións na música para teclado da que son protagonistas dous dos autores máis innovadores no seu tempo, William Byrd e Domenico Scarlatti William Byrd en Inglaterra, a cabalo entre os séculos XVI e XVII, onde gozou de ampla difusión o virxinal, dando nome a toda unha escola de compositores e instrumentistas de teclado. Domenico Scarlatti na primeira metade do XVIII, sobre todo nos últimos 25 anos da súa vida en Madrid, onde chegou da man de Bárbara de Braganza e onde compuxo a maior parte das súas 555 sonatas para clave, a súa obra mestra de madurez e un tesouro musical de legado imborrable na historia da música. Todo un reto musical ao teclado.

O dúo ARC & VOLTA protagoniza o cuarto concerto do ATENEO BARROCO 2026 (Salón Teatro de Santiago de Compostela, martes 1...
22/07/2026

O dúo ARC & VOLTA protagoniza o cuarto concerto do ATENEO BARROCO 2026 (Salón Teatro de Santiago de Compostela, martes 13 de outubro) cun suxestivo programa barroco francés para violas de roda e violas de gamba titulado “Chorea secundum Galliam: A música de María Leszczyńska, raíña de Francia, intérprete de zanfona”.

Concibido a partir do repertorio francés do século XVIII para viola de roda e viola de gamba e interpretado con criterios históricos, o programa Chorea Secundum Galiam ("danza segundo Francia") de Arc & Volta evoca o espírito galante e pastoral que na corte de Versalles, coa música e a danza, buscaba recrear unha Arcadia ideal como símbolo de harmonía, sinxeleza e felicidade refinada. Ao tempo que recupera a figura musical de María Leszczyńska, muller de Luis XV, raíña de Francia e tamén intérprete de zanfona. No século XVIII, a viola de roda (vielle à roue) pasou de ser un instrumento popular asociado aos cegos e ao mundo rural a converterse tamén nun instrumento de moda entre a aristocracia.

O compostelán XURXO ROMANÍ, músico centrado na música tradicional e a música histórica, e a gambista ANNA CASADEMUNT presentan no Festival Ateneo Barroco o seu proxecto Arc & Volta cun programa de autores franceses pouco coñecidos nos nosos días como Delavigne, Boismortier, Montéclair, Anet ou Chédeville que nestas danzas, sonatas e composicións recrean este universo sonoro no que o popular está moi presente e que representa unha parte do gusto musical francés.

As entradas para os concertos e os abonos do Festival Ateneo Barroco 2026 están dispoñibles en www.festivalateneobarroco.gal.

O terceiro concerto do ATENEO BARROCO 2026 (Teatro Principal de Santiago de Compostela, venres 9 de outubro), supón o re...
10/07/2026

O terceiro concerto do ATENEO BARROCO 2026 (Teatro Principal de Santiago de Compostela, venres 9 de outubro), supón o retorno ao festival do conxunto compostelán RESONET. Liderado por MERCEDES HERNÁNDEZ e FERNANDO REYES, Resonet presenta en primicia, tras un longo período de investigación, o seu proxecto Os alegres días de Nápoles.

O programa Os alegres días de Nápoles ten como eixo as obras do libro I Lieti Giorni di Napolidedicado por Girolamo Montesardo en 1613 a Pedro Fernández de Castro, vicerrei de Nápoles e sétimo Conde de Lemos. Un rico e colorido grupo instrumental pouco común nos nosos días (tiorba, colascione, guitarra barroca e battente, arquilaúde, f***t, frautas, violas, percusións…) acompaña as canzonetas e os madrigais de unha a tres voces de Girolamo Montesardo, ás que poñen voz a soprano MERCEDES HERNÁNDEZ, o contratenor DAVID SAGASTUME e o tenor CHRISTIAN LOSADA. Resonet, un conxunto compostelán con 35 anos de carreira, historia e experiencia na música antiga cunha frutífera e especial atención á recuperación das músicas relacionadas co Camiño de Santiago e Galicia, contará ademais neste concerto coa colaboración de magníficos músicos como o f***tista e percusionista ROGERIO GONÇALVES e o multiinstrumentista PAULO GONZÁLEZ.

As entradas para os concertos e os abonos do Festival Ateneo Barroco 2026 están dispoñibles en www.festivalateneobarroco.gal.

A soprano portuguesa RAQUEL MENDES e o arpista compostelán MANUEL VILASprotagonizan o segundo concerto deste “INSTRUMENT...
06/07/2026

A soprano portuguesa RAQUEL MENDES e o arpista compostelán MANUEL VILASprotagonizan o segundo concerto deste “INSTRUMENTAL” ATENEO BARROCO 2026 que se celebrará no Teatro Principal de Santiago de Compostela o mércores 7 de outubro. As entradas para os concertos e os abonos están dispoñibles en www.festivalateneobarroco.gal.

Musicalmente falando, a inicios do século XVII prodúcese en varias cidades italianas unha serie de acontecementos que servirán de perfecto escenario para o nacemento dunha das máis grandes manifestacións artísticas da historia: a ópera. Segundo algúns, nace como espectáculo para as altas esferas sociais nas cidades de Florencia e Mantua; segundo outros, como espectáculo público desenvolto previo pago dunha entrada (Venecia). Neste programa encargo do festival e que se presenta en primicia no Ateneo Barroco 2026, Manuel Vilas e Raquel Mendes inclúen obras de todos estes ambientes musicais, nunha rápida viaxe polo fascinante universo das primeiras manifestacións operísticas guiada por creacións dos grandes autores deste contexto: Claudio Monteverdi, Giulio Caccini, Jacopo Peri, Benedetto Ferrari, Francesco Cavalli, Tarquinio Merula ou Sigismondo D’ India.

Un dos firmes obxectivos do Festival Ateneo Barroco, que vén mostrando dende a súa primeira edición, é a súa vocación de plataforma de mostra, de intercambio e de diálogo dos artistas e intérpretes galegos, recoñecidos especialistas que teñen centrado os seus esforzos formativos e a súa traxectoria profesional e investigadora na música antiga, con prestixiosos músicos e artistas nacionais e internacionais; fórmula que dende a creación do festival vén dando excelentes froitos e deixando unha imborrable pegada a colaboración con MANUEL VILAS e Ars Atlántica, conxunto que lidera este incansable investigador, sensible artista e magnífico arpista compostelán, un solista de primeiro nivel, especialista en acompañamento de grandes voces, colaborador habitual cos máis prestixiosos conxuntos de música antiga, docente e investigador que traballa dende hai máis de dúas décadas no máis ambicioso e frutífero proxecto de recuperación e gravación relacionado cos tons e toadas do Barroco ibérico. Neste novo programa enfocado no particular e decisivo momento do nacemento e dos primeiros pasos da ópera, Manuel Vilas colabora coa soprano portuguesa RAQUEL MENDES, unha das voces con máis personalidade, talento, riqueza expresiva e proxección do seu país. Como instrumento acompañante neste novo proxecto salienta a arpa barroca italiana a tre registri, un tipo de arpa que consta de tres filas de cordas paralelas e con moita presenza na Italia desta época.

Queremos presentar nos próximos días, concerto a concerto, as seis citas que conforman o abono do FESTIVAL ATENEO BAROCO...
02/07/2026

Queremos presentar nos próximos días, concerto a concerto, as seis citas que conforman o abono do FESTIVAL ATENEO BAROCO 2026 que se desenvolverá en Santiago de Compostela entre o 6 e o 20 de outubro. Os instrumentos asumen por segundo ano consecutivo un protagonismo especial nesta oitava edición do festival baixo a denominación común “INSTRUMENTAL” e o primeiro protagonista será o violín barroco. A violinista LINA TUR BONET é a encargada de inaugurar o festival na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela o martes 6 de outubro. As entradas para os concertos e os abonos están dispoñibles en www.festivalateneobarroco.gal.

Versátil, sensible e activa violinista de sobresaínte prestixio, Lina Tur Bonet regresa ao Festival Ateneo Barroco, nesta ocasión coa única compañía dos seus violíns e cun programa enfocado na obra para violín só dun dos grandes mestres do Barroco. O centro do programa de Lina Tur Bonet é unha selección das sonatas e partitas para violín de Johann Sebastian Bach, unha colección que sen dúbida é unha das obras máis importantes da literatura musical para violín só. Singulares, fermosas e conmovedoras, estas partitas e sonatas supoñen unha proba máis do incomparable talento e da mestría compositiva dun dos xenios máis grandes que ten dado a historia da música. As súas partitas para violín conteñen inesquecibles chaconas, sarabandas e outras danzas que nada teñen que envexar ás das súas suites orquestrais. Redondeando o programa, Lina Tur Bonet introduce composicións de dous virtuosos violinistas e compositores de variada inspiración, o “napolitano-londinense” Nicola Matteis e o “bohemio-salzburgués” Heinrich Ignaz Franz von Biber, os cales nos teñen legado o seu enxeño, a súa pericia interpretativa, a súa musicalidade e os amplísimos coñecementos técnicos do seu instrumento a través das súas admiradas partituras para violín.

Lina Tur Bonet é unha desas artistas cuxa fama traspasa fronteiras, desenvolvendo unha carreira como violinista e directora tan versátil como persoal. O seu amor pola música e a súa inesgotable curiosidade permítenlle interpretar e investigar un repertorio que abrangue máis de 400 anos de música, sempre con instrumentos orixinais e tendo estreado obras de violín só escritas para ela por José María Sánchez Verdú, Mauricio Sotelo ou Josep María Guix. Tras traballar dende moi nova xunto a moitos dos artistas máis recoñecidos da música barroca, romántica e contemporánea do momento e de dedicarse como solista á interpretación e gravación tanto dos grandes compositores como de músicas inéditas, Lina Tur Bonet converteuse nun referente, sendo reclamada como solista e para dirixir dende o seu violín orquestras de primeira orde nos máis prestixiosos escenarios e festivais de todo o mundo. Lina Tur Bonet é fundadora e directora da agrupación MUSIca ALcheMIca e, actualmente, é catedrática de violín e viola barrocos na Musikhochschule Franz Liszt de Weimar e concertino de Le Concert des Nations con Jordi Savall.

CLUB DE LECTURA DO FESTIVAL ATENEO BARROCO 2026 JESÚS RUIZ MANTILLA: YO, FARINELLI, EL CAPÓNGalaxia Gutenberg 2017sesión...
30/06/2026

CLUB DE LECTURA DO FESTIVAL ATENEO BARROCO 2026

JESÚS RUIZ MANTILLA: YO, FARINELLI, EL CAPÓN
Galaxia Gutenberg 2017
sesión moderada por CARLOS VALDÉS
Ateneo de Santiago (Santiago de Compostela)
xoves 8 outubro 2026 / 18.00

HÉLÈNE GESTERN: 555
Errata Naturae 2023
sesión moderada por OLAIA TUBIO / MARÍA VILLAMARÍN
Numax Libraria (Santiago de Compostela)
xoves 15 outubro 2026 / 18.00

No marco desta oitava edición do Ateneo Barroco que titulamos “Instrumental” e na que en cada concerto un ou dous instrumentos adquiren unha presenza especial, no CLUB DE LECTURA DO ATENEO BARROCO son o clave e a voz os instrumentos que reclaman protagonismo a través de dúas novelas de diferentes estilos e xéneros; dúas narracións que comparten unha inspiración musical e o rigor na documentación e investigación, xunto a boas doses de creatividade, nas mans dos seus autores, Hélène Gestern e Jesús Ruiz Mantilla.

As actividades do Club de Lectura do Ateneo Barroco 2024 son gratuítas, previa inscripción no correo [email protected], e para quen o desexe as novelas xa están dispoñibles co 5% de desconto en Numax Libraría (rúa Concepción Arenal, 9).

A voz como instrumento tivo probablemente o seu momento máis particular, estraño e afastado á nosa forma de pensar actual na época dos castrati, dos castrados ou capóns. O castrato máis famoso do seu tempo (tamén o máis coñecido actualmente) foi Farinelli, quen viviu en Madrid vinculado á corte española durante dúas décadas tras ser chamado por Isabel de Farnesio para curar co seu canto a depresión de Felipe V. En YO, FARINELLI, EL CAPÓN (Galaxia Gutenberg, 2017) o escritor e xornalista cántabro Jesús Ruiz Mantilla dá voz a Carlo Broschi “Farinelli” nunha informada, imaxinativa e orixinal narración en forma de memorias e en primeira persoa na que o célebre castrado comparte co lector a súa vida, os seus amores e a súa carreira. Esta sesión do Club de lectura será moderada por Carlos Valdés (filólogo, editor, ilustrador, tradutor e codirector e fundador da editorial Irmás Cartoné) na mesma sede do Ateneo na Praza de Salvador Parga.

O clavecín, instrumento capital no Barroco musical, e Domenico Scarlatti, un dos compositores máis innovadores da música para teclado da historia, son o punto de partida da trama imaxinada pola francesa HÉLÈNE GESTERN na súa última novela 555 (Errata Naturae, 2023). O título 555 fai referencia ao número de sonatas para clave coñecidas e catalogadas de Domenico Scarlatti, un tesouro musical de legado imborrable na historia da música. Hélène Gestern harmoniza música e misterio arredor dun manuscrito que podería ser unha nova sonata perdida de Scarlatti nunha narración conducida dende o punto de vista de cinco (máis un) personaxes de ficción. Esta sesión do Club de lectura será moderada por María Villamarín e Olaia Tubío (xornalistas e libreiras de Numax) e terá lugar na Libraría Numax.

Ademais, en www.festivalateneobarroco.gal pode atopar toda a informacion e xa están a venda os abonos e as entradas para os 6 concertos do festival que se celebra en Santiago de Compostela entre o 6 e o 20 de outubro de 2026.

Este é o cartaz cos 6 concertos de abono da oitava edición do Festival Ateneo Barroco que se desenvolverá en Santiago de...
18/06/2026

Este é o cartaz cos 6 concertos de abono da oitava edición do Festival Ateneo Barroco que se desenvolverá en Santiago de Compostela entre o 6 e o 20 de outubro. O abono está xa á venda en www.festivalateneobarroco.gal cun estimulante prezo conxunto para os 6 concertos de 35 euros (25 euros para os posuidores do Carné Xove e para menores de 30 anos), máis gastos de xestión. Tamén están á venda na mesma páxina do festival as entradas individuais para cada un dos concertos a 10 euros (8 euros co Carné Xove e para menores de 30 anos). Estamos desexando volver a compartir tanta boa música cos seguidores habituais do festival e tamén ver moitas caras novas entre o público. Non vos arrepentiredes!

Éste es el cartel con los 6 conciertos de abono de la octava edición del Festival Ateneo Barroco que tendrá lugar en Santiago de Compostela entre el 6 y el 20 de octubre. El abono está ya a la venta en www.festivalateneobarroco.gal con un estimulante precio conjunto para los 6 conciertos de 35 euros (25 euros para los poseedores del Carné Xove y para menores de 30 años), más gastos de gestión. También están a la venta en la misma página del festival las entradas individuales para cada uno de los conciertos a 10 euros (8 euros con el Carné Xove y para menores de 30 años). Estamos deseando volver a compartir tanta buena música con los seguidores habituales del festival y también ver muchas caras nuevas entre el público. No os arrepentiréis!

Xa se pode consultar toda a información e os contidos dos 6 concertos do Ateneo Barroco 2026 en www.festivalateneobarroc...
17/06/2026

Xa se pode consultar toda a información e os contidos dos 6 concertos do Ateneo Barroco 2026 en www.festivalateneobarroco.gal. Esta oitava edición desenvolverase en Santiago de Compostela entre o 6 e o 20 de outubro.

Ya se puede consultar toda la información y los contenidos de los 6 conciertos dell Ateneo Barroco 2026 en www.festivalateneobarroco.gal. Esta octava edición se celebrará en Santiago de Compostela entre el 6 y el 20 de octubre.

O Ateneo de Santiago presenta o Festival de Música Antiga e Barroca (Ateneo Barroco). Unha proposta musical orixinal e singular en Galicia, tanto polos seus contidos como pola súa concepción, que toma como punto de partida as músicas antigas e do Barroco, músicas que poden simbolizar un períod...

Dirección

Praza Salvador Parga, 4
Santiago De Compostela
15705

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Festival Ateneo Barroco publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Festival Ateneo Barroco:

Atajos

Compartir

Categoría