Etiketés Producións

Etiketés Producións ETiKeTéS PRODUCIÓNS pretende mostrar o escaparate dunha parte da actual escea artística galega dende Compostela

Volven “As Babuxas” Encontro de Mulleres Artistas.Mañá martes 26 pasarán polo escenario da Casa das Crechas; Alba Domíng...
25/03/2024

Volven “As Babuxas” Encontro de Mulleres Artistas.
Mañá martes 26 pasarán polo escenario da Casa das Crechas; Alba Domínguez directora de varios videoclips e que nos presentará e explicará 3 deles, Helena Egea, Isa Beltrán e Oliva Ben Prantada harmonizarán a noite cos seus instrumentos e voz, Alicreart faranos vibrar cos seus movementos, nas artes escénicas contaremos con Lúa Pagán e o seu monólogo “A Nossa Casa” , ca marabilla das verbas Sony Soprano e Taty Zisca e sorpresa nas artes plásticas con Tinta Ceive.
Acompañadas por Noela Babuxa, axitadora cultural de Etiketés Producións.
Recordade mañá xuntanza cas Babuxas! 🔥💫💜
📽🎼
👩‍🎨
💃
🎷🎼🎵🪘🥁🎻🎸 .egea
🎤
🎭
🏡



Gracias a todas, ao público por ese calor, a  pola maxia que creades e os momentos únicos e inolvidables e a  por ser fa...
22/03/2024

Gracias a todas, ao público por ese calor, a pola maxia que creades e os momentos únicos e inolvidables e a por ser familia e fogar.

Comezamos a contra atrás para o primeiro Encontro de Mulleres Artistas “As Babuxas”....Este martes día 5 contaremos con ...
04/03/2024

Comezamos a contra atrás para o primeiro Encontro de Mulleres Artistas “As Babuxas”....
Este martes día 5 contaremos con 10 artistazas coma Zeltia Acuña, cantante, música, compositora e compoñente do trío Zeltia Irevire; Laura Lamontagne cantante e versionadora de poesía, extrapoladora de textos e aprendiz de produtora musical. No mundo da palabra contaremos con Inés Mosquera “Poesía da Casa”, Anita Dinamita e Lucía Ugarte “Debajo de la Palmera”; nas artes plásticas Ana Crujeiras e Daniela Domínguez “Unhadaniela e Outradaniela”, no audiovisual Noelia Sánchez directora de curtametraxes que nos presentará o seu traballo “Doente” e Ana Sánchez “ladevigo” directora fotográfica. Nas artes escénicas presentaremos a Lúa Pagán e en artesanía Arbusto Mahara. Todo o evento será conducido e presentado por Noela Babuxa, axitadora cultural de Etiketés Producións.
Todas convidámosvos a que acudades a esta cita e xuntas depositemos unha semente deste esencial e fermoso proxecto.
Recordade mañá ás 21:00h na Casa das Crechas.
Entrada 2€ e aforo limitado.
Xuntas axitando a cultura! Non volo perdades!!!!
🎶
🎙
🎨 .wonderland
📽 .av .curtametraxe
🎭
💎
💜
🏡


O vindeiro martes 5 de marzo imos celebrar o I Encontro de Mulleres Artistas na Casa das Crechas. O noso obxectivo é con...
21/02/2024

O vindeiro martes 5 de marzo imos celebrar o I Encontro de Mulleres Artistas na Casa das Crechas. O noso obxectivo é construír un espazo onde mulleres adicadas a diferentes disciplinas artísticas fusionen a súa creatividade. A idea nace da necesidade de visualizarnos e mostrar a nosa arte, compartir experiencia e experiencias ademáis de crear comunidade. Este mes comezamos con dúas citas, o martes 5 e o martes 26 e cada mes teremos un encontro que iremos anunciando. Todas as mulleres artistas interesadas poderán inscribirse no seguinte enlace no que vos preguntamos sobre o voso traballo e traxectoria para poder así coordinar e encaixar as diferentes propostas. Tamén haberá espazo para unha pequena jam e para a improvisación. Calquera dúbida podedes dirixirvos a [email protected]
Xuntas axitando a cultura! 💜💪
INSCRICIÓN: https://etiketes.gal/gl/encontro-de-mulleres-artistas/

O próximo sábado 17 de febreiro teredes a oportunidade de coñecer a Terreiras, na sala Rebullón (Tameiga-Mos), grupo for...
18/01/2024

O próximo sábado 17 de febreiro teredes a oportunidade de coñecer a Terreiras, na sala Rebullón (Tameiga-Mos), grupo formado por tres mullerazas que nos faran conectar cas raíces, saborear ritmos ancestrais e deliciosas harmonías vocais que nos farán viaxar no tempo e espazo.
Non volas perdades 🤩
Entradas: https://vivetix.com/entradas-terreiras-en-concerto-1xtm #/s7b768R67im

Parte2:Marexada Perkuta 🪘 Sesión Vermú 🥁 con Escola Latexo Percusión.📸.rad 💄
05/10/2023

Parte2:
Marexada Perkuta 🪘 Sesión Vermú 🥁 con Escola Latexo Percusión.
📸.rad
💄

Dirección

Via Sacra 3
Santiago De Compostela
15704

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Etiketés Producións publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir