Cultura e Festexos Ribeira

Cultura e Festexos Ribeira Axenda de Cultura e Festexos do Concello de Ribeira.

🎭 LEMBRADE QUE ESTE FIN DE SEMANA VOLVEMOS A TER ESPECTÁCULOS DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR DE GALICIA 2026...
07/10/2026

🎭 LEMBRADE QUE ESTE FIN DE SEMANA VOLVEMOS A TER ESPECTÁCULOS DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR DE GALICIA 2026!

🗓️ Este finde por partida dobre, o sábado 10 e domingo 11 de outubro.

🎭 Sábado 10 de outubro, coa compañía The Sastre e o espectáculo "Deus non quere calderilla".

🎭 Domingo 11 de outubro, coa compañía Allegro e a ESTREA ABSOLUTA EN GALEGO do espectáculo "Don Quijote nos infernos".

🕘 As dúas pezas representaranse no Auditorio municipal, ás 20:00 horas.

🎟️ Entrada de balde, no propio auditorio, dende media hora antes de cada función.

FeteaGal

06/10/2026

🤸🏻‍♀️ O programa 'Adestrar sen pantallas. Gañar en saúde' chega a Ribeira da man da Fundación Galega Contra o Narcotráfico (FGCN), coa colaboración do Concello, co obxectivo de fomentar un uso saudable da tecnoloxía dende o deporte.
🗣️ Neste senso, xa están convocadas as familias e clubs deportivos para a presentación de dita iniciativa no xoves, 8 de outubro, ás 17.00 horas, no vello Auditorio municipal, a cargo de Antonio Rial Boubeta, da Universidade de Santiago de Compostela, e Joaquín González Cabrera, da Universidad Internacional de La Rioja.
➡️ Trátase dun programa pioneiro impulsado pola FGCN e deseñado por expertos para a prevención, a través do deporte, das adiccións a Internet, móbiles, redes sociais, videoxogos e apostas, o cal conta co apoio da Xunta de Galicia e a colaboración técnica das referidas institucións universitarias.
🔗 Información polo miúdo na páxina web municipal: https://www.ribeira.gal/.../e68fDEVIe6E7/content/id/796797

🖼 Nova exposición no Centro Cultural Lustres Rivas, que dá a benvida a unha mostra colectiva que reflexa o talento de 20...
06/10/2026

🖼 Nova exposición no Centro Cultural Lustres Rivas, que dá a benvida a unha mostra colectiva que reflexa o talento de 20 artistas de Ribeira e da contorna a través de 37 obras.

📆 A quinta edición da mostra 'Camiño da arte' chega a esta instalación municipal a partir do venres, 9 de outubro; data na que terá lugar o acto inaugural ás 20.00 horas.

🖌 A temática é variada, con presenza de óleos, acrílicos, acuarelas, pasteis ou, incluso, vidro, entre outros; un exemplo da heteroxeneidade do grupo de creadores.

🎨 A mostra comisariada por Goretti Bello e Unai González, conta cun catálogo editado pola área de Cultura de Ribeira, que será entregado como agasallo a todas as persoas asistentes á inauguración o vindeiro venres

🔗 Máis información na web municipal: https://www.ribeira.gal/noticias/-/asset_publisher/e68fDEVIe6E7/content/id/796781

🎭 O espectáculo 'Esfínter 6' chega a Ribeira con Javier Veiga, David Amor e Rober Bodegas para deixar boas doses de humo...
06/10/2026

🎭 O espectáculo 'Esfínter 6' chega a Ribeira con Javier Veiga, David Amor e Rober Bodegas para deixar boas doses de humor; terá lugar o 28 de decembro, DÍA DOS INOCENTES, ás 20:00 horas, no Auditorio municipal.

ℹ️ Nesta entrega, os tres comediantes e amigos repasarán o sucedido ao longo de todo o ano con moito humor. Noventa minutos de risas, sorpresas e confesións.

🤣 Despois de cinco edicións e miles de espectadores, 'Esfínter' vai camiño de consolidarse como un espectáculo a representar no Nadal, onde compartir gargalladas.

🎟️ A venda das entradas comeza MAÑÁ mércores 7 de outubro, a partir das 9:00 horas. Como xa é habitual, farase paralelamente en Ataquilla.com e presencial na OAC da casa do Concello. O prezo sitúase nos 24 € + gastos de xestión.

05/10/2026

Lembrade que mañá no auditorio municipal de Ribeira teremos a Pedro García Aguado!

Experto que falará sobre a “Prevención de Adiccións Dixitais”, como as pantallas poden afectar negativamente aos nosos fillos e fillas e como xestionalo.

Primeiro será pola mañá con público da ESO e pola tarde en aberto, na sala polivalente ás 17:30 h, con entrada de balde para profesorado, nais e pais, educadores… ou calquera persoa interesada.

03/10/2026
03/10/2026

Ribeira aprende a reparar, transformar e reutilizar a roupa cos obradoiros de costura creativaeupcycling

A Casa da Xuventude de Ribeira acollerá nos meses de outubro e novembro seis sesións formativas baixo o lema «Non é roupa vella, é un proxecto esperando comezar»

O Concello de Ribeira pon en marcha neste mes de outubro un ciclo de obradoiros de costura creativa e upcycling téxtil para achegar á veciñanza ferramentas prácticas co fin de alongar a vida útil do noso armario e transformar a nosa relación coa moda a través do deseño circular.

A proposta parte dunha idea sinxela: a peza máis sustentable é a que xa temos. Fronte a unha industria da moda que figura entre as máis contaminantes e a uns millóns de toneladas de téxtiles que se desbotan cada ano aínda con vida útil, os obradoiros apostan pola economía circular: reparar, transformar e re-imaxinar.

Tres sesións para a mocidade e persoas adultas: iniciación á costura

 Xoves 22 de outubro, de 11:00h a 13:30h – «Primeiros pasos na costura».
Coñecemento das ferramentas básicas, como enfiar a agulla, facer nós de remate e
practicar as puntadas fundamentais (hilván, punto atrás e sobrehilado). Cada
participante elaborará un mostrario de puntadas físico que servirá de guía de
consulta.
 Martes 27 de outubro, de 11:00h a 13:30h – «Aprende a reparar». Como coser
distintos tipos de botóns, colocar corchetes e realizar reparacións e reforzos de
costuras, para evitar que unha peza remate no lixo por un pequeno estrago que se
pode amañar facilmente.
 Mércores 28 de outubro, de 11:00h a 13:30h – «Baixos e acabados». Toma de
medidas, marcado e alfinetado, baixo sinxelo e baixo invisible, con técnicas
específicas para o groso do tecido vaqueiro. Cada participante axustará o baixo
dunha peza propia traída da casa.

Tres sesións para nenos/as de entre 6 e 12 anos: customización da roupa

 Xoves 22 de outubro, de 16:00h a 18:30h – «Customiza a túa roupa». Converter
unha peza esquecida nunha xoia exclusiva, explorando a autoexpresión e o
consumo responsable.
 Martes 27 de outubro, de 16:00h a 18:30h – «Monicreques de Upcycling». Con
calcetíns que quedaron orfos, as crianzas crearán o seu propio monicreque, ao que
lle poñerán nome, superpoder e voz, e ao que darán vida cunha historia teatral
propia. Trabállase a motricidade fina, a expresión oral e a conciencia ambiental, para
que os máis novos entendan que o «lixo» de hoxe pode ser o recurso de mañá.
 Mércores 28 de outubro, de 16:00h a 18:30h – «Crea a túa tote bag». Tranformar
un pantalón denim en desuso nunha bolsa resistente e funcional, aproveitando
elementos orixinais como petos e costuras.

Con esta programación o Concello busca achegar a formación á cidadanía e fomentar
hábitos de consumo responsable e reutilización. Estas actuacións van dirixidas a incrementar
a coeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciadas pola Unión
Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 .

Cero residuos téxtiles, máxima creatividade.

Estes obradoiros seguen o ciclo de vida do armario: avaliar o estado da roupa, intervir para
coser e reparar, re-imaxinar mediante a personalización e, cando a peza orixinal xa non
serve, dar lugar a unha completa «reencarnación» do tecido. Como resume o lema da
entidade, «a moda máis sustentable non é a que se merca, senón a que se transforma».

🎭 HOXE!!! Sábado 3 de outubro comeza o FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR DE GALICIA 2026, en Ribeira!🗓️ Do 3 ao 25...
01/10/2026

🎭 HOXE!!! Sábado 3 de outubro comeza o FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO AMADOR DE GALICIA 2026, en Ribeira!

🗓️ Do 3 ao 25 de outubro, ás 20:00 h, sábados e domingos no auditorio municipal de Ribeira, entrada de balde ata completar a cabida do local; poderase acceder por orde de fila, dende media hora antes das funcións, no propio auditorio.

🗓️ Sábado 3 de outubro
🕘 20:00 h
📍Auditorio de Ribeira
🎭 Esteta Teatro co espectáculo “Tantos anos de silencio”

🎟️ Entrada de balde, no propio auditorio, dende media hora antes de cada función.

Cultura e Festexos Ribeira
Concello de Ribeira
Cultura da Deputación da Coruña
FeteaGal

🎭 María Galiana chega ao Auditorio Municipal de Ribeira protagonizando o espectáculo 'Yo solo quiero irme a Francia', de...
01/10/2026

🎭 María Galiana chega ao Auditorio Municipal de Ribeira protagonizando o espectáculo 'Yo solo quiero irme a Francia', de Contraproducións

Unha comedia amarga sobre a identidade, o abandono e a herdanza emocional que atravesa xeracións, na que o humor convive coa dor e o real co máxico.

📅 Venres 2 de outubro
🕜 21:15 h
📍 Auditorio de Ribeira
🎫 Entrada só con BONO para o resto da Mostra de Teatro (11 espectáculos ata o 11 de decembro) a 35€ +gx en Ataquilla.com, na OAC da Casa do Concello e no propio auditorio dende 1 h antes da función.
🎟️ Entradas soltas esgotadas!

01/10/2026

🗣 O Concello de Ribeira colabora na iniciativa dos coloquios que Pedro García Aguado impartirá á comunidade educativa no martes, 6 de outubro, e que versarán sobre a prevención de adiccións dixitais.

🏫 A primeira das charlas irá destinada a alumnado de 3° e 4° da ESO de tódolos centros educativos do municipio, de 10.15 a 11.30 horas, no novo Auditorio municipal; mentres que a segunda está orientada a pais, nais, profesorado e todo o público en xeral, en horario de 17.30 a 19.00 horas.

💻 Para a sesión da tarde só se require inscrición previa a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/1sYRBkoFEK7t_-qa1XaJ644S7TAtVeEpIHHYAoDcW8r0/viewform?pli=1&pli=1&edit_requested=true

🔗 Tamén dispoñible na web municipal: https://www.ribeira.gal/noticias/-/asset_publisher/e68fDEVIe6E7/content/id/794865

Dirección

Centro Cultural Lustres Rivas
Santa Eugenia De Riveira
15960

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 14:00
18:00 - 21:00
Martes 09:00 - 14:00
18:00 - 21:00
Miércoles 09:00 - 14:00
18:00 - 21:00
Jueves 09:00 - 14:00
18:00 - 21:00
Viernes 09:00 - 14:00
18:00 - 21:00
Sábado 10:00 - 14:00

Teléfono

981835650

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Cultura e Festexos Ribeira publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Cultura e Festexos Ribeira:

Atajos

Compartir

Categoría