08/10/2026
Camiño da arte é un proxecto ideado, realizado e comisariado pola artista Goretti Bello . A súa primeira edición foi no ano 2021 e nel reúne a obra de diferentes artistas que ao longo dun mes expoñen no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, e despois en diferentes escaparates comerciais da cidade.
Este venres 9 de outubre ás 20 horas inaugúrase esta edición, na que participan os seguintes artistas:
Marod, Ana Teira, Rosa Suárez, Ayaso Rivas, Marijo Sampedro, Maica Gómez, Isa Penabal, Teresa Argibay, Ester R-Benzalá, Jontxu Argibay, Maite Bouzo, Eva Garea, Ainhoa, Toña Somoza, Patxipaz, Rebeca, Xerardo Crussat, Marian Briones, Goretti Bello e Pilar Ageitos.