Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

Centro de Interpretación da Lagoa de Antela A Casa da Lagoa ofrece aos visitantes transmitir a relevancia da Lagoa de Antela, así como a histor

A Casa da Lagoa ofrece un amplo conxunto audiovisual que tenta transmitir a relevancia da lagoa de Antela, así como a historia e formas de vida dos habitantes das suas ribeiras.

O Grupo Naturalista Hábitat chama ao 8 de setembro o «Día de Antela». Hoxe cúmprense 68 anos do comezo da desecación da ...
08/09/2026

O Grupo Naturalista Hábitat chama ao 8 de setembro o «Día de Antela». Hoxe cúmprense 68 anos do comezo da desecación da Lagoa de Antela, unha valiosísima zona húmida de 3.600 hectáreas, no corazón da Limia.

Entre as dez medidas máis axeitadas para recuperar o humidal (por ser tecnicamente factibles e economicamente asumibles pola administración), estaría restaurar completamente unha lámina continua de auga estable e de calidade nas 1028 hectáreas que eran de dominio público na antiga Lagoa de Antela.

A día de hoxe, só a Veiga de Gomareite, no extremo norte da antiga lagoa, está parcialmente restaurada, cunhas poucas hectáreas asolagadas.

Hai algún tempo, varias entidades ambientais, entre elas o G. N. Hábitat, puxemos o foco na necesidade da recuperación ambiental parcial da lagoa de Antela e da chaira limiá. Entre as dez medidas máis axeitadas (por ser tecnicamente factibles e economicamente asumibles pola administración), es...

Varias aldeas de Sandiás conservan antigas edificacións de terróns da Lagoa de Antela
04/09/2026

Varias aldeas de Sandiás conservan antigas edificacións de terróns da Lagoa de Antela

Javier Rodríguez e Asunción Encinas, de Barcelona; e Alfonso Lama, de Aguís (Os Blancos), viñeron onte a coñecernos
03/09/2026

Javier Rodríguez e Asunción Encinas, de Barcelona; e Alfonso Lama, de Aguís (Os Blancos), viñeron onte a coñecernos

Tres veciñas de Couso de Limia (Sandiás) visitáronnos hoxe:  Lourdes Souto, Herminia Añel e Elda Prol
02/09/2026

Tres veciñas de Couso de Limia (Sandiás) visitáronnos hoxe: Lourdes Souto, Herminia Añel e Elda Prol

"20 na Limia" é unha mirada que se adentra no territorio e da testemuño dos seus recursos patrimoniais e da súa riqueza ...
01/09/2026

"20 na Limia" é unha mirada que se adentra no territorio e da testemuño dos seus recursos patrimoniais e da súa riqueza natural.

Xeodestino A Limia ( Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, , Sarreaus, Trasmiras e Xinzo de Limia).

🔗 A "20 na Limia":
https://xeodestinoalimia.gal/20-na-limia/


A Limia únese aos actos conmemorativos do Ano Oteriano 2026O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, en Sandiás, e ...
28/08/2026

A Limia únese aos actos conmemorativos do Ano Oteriano 2026

O Centro de Interpretación da Lagoa de Antela, en Sandiás, e o Museo da Limia, de Vilar de Santos, celebrarán os próximos días 5 e 12 de setembro, respectivamente, dous actos en lembranza do Patriarca das Letras Galegas, don Ramón Otero Pedrayo, desde perspectivas complementarias.

Baixo o título “A Limia e a Lagoa de Antela no imaxinario literario e paisaxístico de don Ramón Otero Pedrayo”, os relatores abordarán, no Museo Etnográfico da Limia, a ollada literaria de don Ramón á Limia e á Lagoa de Antela, mentres que no Centro de Interpretación da Lagoa de Antela tratarase a súa visión da xeografía e da paisaxe da Limia e da Lagoa de Antela.

📍Vilar de Santos – Museo Etnográfico da Limia
📅Sábado, 5 de setembro
🕦11.30 horas
Terá lugar a primeira xuntanza, trala presentación do presidente do Museo da Limia, Delfín Caseiro. Intervirán o escritor e crítico Paco López-Barxas, quen presentará o libro “Ramón Otero Pedrayo, arredor de si”; Patricia Arias Chachero, profesora e secretaria da Fundación Otero Pedrayo, quen disertará sobre os vencellos entre D. Ramón e a Limia; e Xosé Carlos Sierra Rodríguez, ex-director do Museo Etnográfico de Ribadavia, que falará da mirada etnográfica de don Ramón Otero Pedrayo.

📍Sandiás – Centro de Interpretación da Lagoa de Antela
📅Sábado, 12 de setembro
🕖19.00 horas
Nesta segunda quenda de intervencións participará Augusto Pérez Alberti, catedrático de Xeografía na Universidade de Santiago de Compostela, coa intervención “Otero Pedrayo e a paisaxe”.
A continuación, intervirá o escritor e divulgador Xosé Benito Reza, que foi Xefe de Medio Ambiente Natural en Ourense e Director Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, coa análise do texto “A memoria recuperada”.
Pechará o acto a proxección do documental “Ramón Otero Pedrayo, dereito á paisaxe”, da man da catedrática da Universidade de Vigo María José Bravo Bosch e Xosé Eduardo López Pereira, presidente da Fundación Otero Pedrayo.
Estas propostas convértense nunha oportunidade para mirar a paisaxe da Limia, coñecela, comprendela e tamén sentila. O acto rematará cuns petiscos e un momento de convivencia entre os asistentes.

Ámbolos actos e as súas charlas permiten achegarse á riqueza natural, histórica e cultural da comarca da Limia da man do legado de Ramón Otero Pedrayo, inspirándose na obra do escritor, xeógrafo e intelectual ourensán, que converteu este territorio nunha das súas principais fontes de inspiración.

O obxectivo é que a Terra da Limia estea viva no decorrer deste áureo Ano Oteriano 2026. A inspiración achegada polos relatores, que entende o territorio e a paisaxe como un espazo vivo estreitamente ligado á historia das persoas, combinará de xeito interdisciplinar biografía, xeografía, historia, etnografía, literatura e poesía.

Esther Piñeiro, veciña de Valdoviño, e Avelino Penedo, de Ferrol (ambos da provincia da Coruña), viñeron hoxe a coñecern...
27/08/2026

Esther Piñeiro, veciña de Valdoviño, e Avelino Penedo, de Ferrol (ambos da provincia da Coruña), viñeron hoxe a coñecernos

Veciñ@s de Madrid e de Santiago de Compostela viñeron hoxe a coñecernos: Chus Prol, Milagros Carnero, Ana Calderón e Alb...
26/08/2026

Veciñ@s de Madrid e de Santiago de Compostela viñeron hoxe a coñecernos: Chus Prol, Milagros Carnero, Ana Calderón e Alberto Serrano

Manuel Pérez e Clara Fernández, veciños de Santa Ana (Sandiás) e de Neda (A Coruña), visitáronnos hoxe
25/08/2026

Manuel Pérez e Clara Fernández, veciños de Santa Ana (Sandiás) e de Neda (A Coruña), visitáronnos hoxe

Dous veciños da Coruña visitáronnos hoxe: Mariluz Fuentes e Manuel Arenas
23/08/2026

Dous veciños da Coruña visitáronnos hoxe: Mariluz Fuentes e Manuel Arenas

Dirección

Praza Dª. Irene R. Durán. Nº 1
Sandiás
32692

Horario de Apertura

Martes 16:00 - 20:00
Miércoles 16:00 - 20:00
Jueves 16:00 - 20:00
Viernes 16:00 - 20:00
Sábado 16:00 - 20:00
Domingo 16:00 - 20:00

Teléfono

988 46 50 01

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Centro de Interpretación da Lagoa de Antela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Centro de Interpretación da Lagoa de Antela:

Atajos

Compartir