KaEme Artesanía

KaEme Artesanía Encadernación artesanal con materiais naturais. Artesanía e xoiaría en macramé e pedras semipreciosas

Esta finde pasada tocoulle unha boa posta a punto á nosa carpa vikinga!! 🪚🛠️🔩Por fin, despois de case dous anos no faiad...
01/06/2026

Esta finde pasada tocoulle unha boa posta a punto á nosa carpa vikinga!! 🪚🛠️🔩
Por fin, despois de case dous anos no faiado (dende que nos mudamos), baixámola, arranxámola e limpámola... E, pra qué mentir, pasamos un día enteiro intentando recordar cómo carallo se montaba!! 😂😂 Estivo moi ben facer o croquis cando a construímos... Pero cando non sabes onde deixaches o croquis, a cousa se complica... 😂😂😂😂.

Bueno, a cuestión é que xa está lista pra voltar á acción... É que esta finde temos feira na casa:
A Festa da Cereixa, do Viño e do Aceite de Ribas de Sil!!! 🍒🍇🍷

Así que xa sabedes, vémonos sábado e domingo na praia fluvial de San Clodio!! ✨✨✨✨

Seguimos no taller!! ✨✨Aínda que as actualizacións nas redes non son precisamente o noso (vivimos no medio da montaña po...
19/05/2026

Seguimos no taller!! ✨✨
Aínda que as actualizacións nas redes non son precisamente o noso (vivimos no medio da montaña por algo 😉), estes días andamos a tope no taller!! 🖌️🪡
Xa vos contamos que estamos traballando en novos modelos e materiais para as libretas, e eiquí témo-la mostra: encadernación copta á vista, e cabezadas (na foto) cosidas directamente ó caderno!!! ✨✨
Ademáis, fai un par de días chegounos un pedido de papel moi diferente co que temos moitas ganas de comezar a experimentar!! 🌱🌱

Nesta casa, as cabezas non paran... 🤯🤯 E só quedan dúas semanas para a próxima feira!! Estade atentxs!! 🎪✨

Aquí estamos de volta, e hoxe vos ensinamos o noso modelo triple de pulseira!! ✨✨En concreto a nosa xoia da coroa 👑 dest...
30/04/2026

Aquí estamos de volta, e hoxe vos ensinamos o noso modelo triple de pulseira!! ✨✨
En concreto a nosa xoia da coroa 👑 deste modelo, unha incrible obsidana manto huichol entre dúas fermosísimas ametrinas:
A ametrina é unha pedra pertencente ao grupo dos cuarzos, orixinaria de Bolivia, e formada pola fusión de amatista e citrino, de aí as súas cores moradas e a cor mel.
A obsidiana manto huichol é unha rocha volcánica, rica en sílice, e orixinaria de México. Caracterízase polas súas rechamantes cores á luz, con debuxos imposibles. De feito, díse que debe o seu nome a unha tribo indíxena, que asociaba os debuxos desta pedra ás visións que tiñan ao consumir peiote 🌵.

Tres abraiantes pedras xuntas nunha pulseira única, que de seguro deixará a máis dun coa boca aberta!! ✨✨

22/04/2026

Despois da loucura da semana pasada, esta semana voltamos ao taller!! 💪💪

Por unha banda tócanos repoñer collares e pulseiras de macramé, así que aí está o Miguel engarzando pedras coma un tolo!! 🤪
E, pola outra banda, andamos creando novos deseños de libreta, así que aí está a Andrea experimentando con novos materiais e tipos de encadernación!! 🤯

Xa vedes que o equipo ao completo está a tope, e pronto seguiremos subindo cousiñas e novidades!! ✨✨💪

E imos coa terceira peza desta tanda ✨ ✨ Hoxe presentamos esta pulseira trenzada en macramé, a dúas cores, con peche axu...
12/04/2026

E imos coa terceira peza desta tanda ✨ ✨
Hoxe presentamos esta pulseira trenzada en macramé, a dúas cores, con peche axustable e unha fermosa prehnita engarzada:

A prehnita é un mineral do grupo dos silicatos, con xacementos amplamente esparcidos por todo o mundo (Sudáfrica, India, EE.UU., Alemaña, España...). Caracterízase pola súa cor que vai do verde claro ao amarelo, translúcida, e as súas incrustacións, que adoitan ser de aluminio ou incluso ferro.

Algo máis grande que as anteriores, esta pulseira combina con todo, só lle faltas ti!! ✨✨

Segunda pulseira desta tanda ✨✨Trátase dunha pulseira trenzada en macramé, a dúas cores, con peche axustable, e un ollo ...
11/04/2026

Segunda pulseira desta tanda ✨✨
Trátase dunha pulseira trenzada en macramé, a dúas cores, con peche axustable, e un ollo de tigre como peza central:

O ollo de tigre é unha pedra do grupo dos cuarzos, orixinaria de diversos puntos do globo, coma Sudáfrica, Australia, China, Myanmar.... Debe a súa cor amarela/dourada ao seu alto contido de ferro.

Fermosa, cómoda e elgante pra o día a día ✨✨✨

E velaquí temos a primeira pulseira da colección!!✨✨Pulseira de macramé, con peche axustable, e un precioso xaspe abelló...
10/04/2026

E velaquí temos a primeira pulseira da colección!!✨✨
Pulseira de macramé, con peche axustable, e un precioso xaspe abellón engarzado:

O xaspe abellón (bumblebee jasper) é unha pedra do grupo dos cuarzos, aínda que xeolóxicamente moi distinta ao resto dos xaspes, orixinaria exclusivamente de Australia e Indonesia. A súa cacterística cor amarela alaranxada débese a inscrustacións de azufre e óxido de manganeso.

Unha peza única pra unha pedra única!! ✨✨✨

Hoxe non é que fixera sol, pero as pulseiras quixeron saír igual!! ✨✨Mañán volas iremos presentando unha a unha e faland...
08/04/2026

Hoxe non é que fixera sol, pero as pulseiras quixeron saír igual!! ✨✨

Mañán volas iremos presentando unha a unha e falando de cada unha das pedras, pero mentres ímosvos contando que cada unha das nosas pulseiras é única, con patróns, cores e pedras distintas, e que, coma todas as nosas creacións, son completamente personalizables. 🌱🍄

Non dubidedes en consultarnos pra facer as vosas encargas!! 📨✨✨

Unha máis!! 🌱🍄E con esta imos rematando a colección de animaliños:Caderno de tapa dura, coas tapas forradas de tea de co...
30/03/2026

Unha máis!! 🌱🍄
E con esta imos rematando a colección de animaliños:
Caderno de tapa dura, coas tapas forradas de tea de corcho, gardas de papel lokta, e interior de papel ecolóxico de cana de sucre. Modelo "tartaruga azul", pintado con acrílicos iridiscentes (cambian de cor coa luz).

Cortada, encuadernada, cosida e pintada a man. Tamaño A6. 🌱🍄

Dirección

Ás Portas Do Courel
San Clodio

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando KaEme Artesanía publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a KaEme Artesanía:

Compartir