Asociación Lazoiro

Asociación Lazoiro Asociación creada co obxectivo de dinamizar á actividade cultural e deportiva,fomentando a participación cidadá, o emprego da nosa lingua e o ecoloxismo.

Asociación nada En Salvaterra de Miño co obxectivo de dinamizar á actividade socio-cultural e deportiva, poñendo en valor o patrimonio da nosa vila e as nosas parroquias e fomentando valores como a participación cidadá, o emprego da nosa lingua e o ecoloxismo.

Xa vos podedes anotar por WhatsApp:
31/05/2026

Xa vos podedes anotar por WhatsApp:

No ano 2016 o escritor e por aquela entón presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero participou na exposic...
12/02/2026

No ano 2016 o escritor e por aquela entón presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero participou na exposición "A Nosa Memoria", que tivo lugar nas Covas de Dona Urraca, ou tamén coñecidas popularmente como As Minas.

A súa participación foi de vital importancia, debido as súas publicacións relacionadas coa recopilación de cartas de presos galegos condenados polo franquismo, do que precisamente trataba parte da exposición.

Foi un día fermoso, de recoñecemento colectivo, de gran participación. Ese día pechamos unha débeda pendente que tiñamos coa nosa historia e en especial, con aquelas persoas, veciños e veciñas de Salvaterra, que deron a súa vida por defender a democracia.

Dende Lazoiro, aproveitamos a súa presencia en Salvaterra para darlle un pequeno agasallo de recoñecemento.

Hoxe temos que lamentar o seu falecemento.

16/12/2025

Vimos de engadir un número de WhatsApp na nosa páxina de Facebook, onde ademais, se fose preciso, podedes chamarnos. Con isto queremos mellorar a comunicación para que sexa máis eficiente, xa que ata agora usábamos os números persoais das persoas que forman a Xunta Directiva, deste xeito a Asociación terá un número propio.

13/12/2025

📌 PROXECTO 17 PARROQUIAS
🖼️ Exposición do patrimonio e historia de Fornelos da Ribeira e Lourido

Os días 19, 20 e 21 de decembro de 2025, o Centro Cultural A Carballeira de Fornelos da Ribeira acollerá unha exposición dedicada á memoria, ao patrimonio e á historia das parroquias de Fornelos da Ribeira e Lourido.

Unha iniciativa organizada pola Asociación Lazoiro e a Asociación Veciñal e Cultural de Fornelos da Ribeira e Lourido para coñecer, valorar e poñer en valor o noso pasado común, dentro do Proxecto 17 Parroquias.

📍 Entrada libre


Dirección

Salvatierra De Miño

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Asociación Lazoiro publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir