Touliñapop

Touliñapop FESTIVAL dedicado a la Cultura Rock & Roll, sin olvidar el Garage, Punk, Soul, Power Pop....

28/07/2026

Grazas a todas e todos os que viñestes dalo todo no concerto de The Killing Floors

Así da gusto montar saraos: boa música, bo ambiente e moito rock and roll. 🔥

Vémonos no seguinte! 🫂

🚨 Atención, rapazada!🚨Aquí vos traemos a sorpresa que vos prometéramos... 🤘🔥Directamente dende Los Ángeles, chega a Sada...
29/06/2026

🚨 Atención, rapazada!🚨

Aquí vos traemos a sorpresa que vos prometéramos... 🤘🔥

Directamente dende Los Ángeles, chega a Sada unha das bandas máis potentes do garaxe rock e do rock ‘n’ roll actual: The Killing Floors.

Os Angeles 60’s Chicano R’n’R

Elixidos como un dos 100 mellores grupos en directo pola revista Music Connection, The Killing Floors son unha potente banda de rock ’n’ roll de cinco integrantes con sede nos Ángeles. Unidos polo seu amor compartido pola música dos anos 60 e o garaxe punk, a banda forxou un son distintivo, asentado en riffs contaxiosos de alto voltaxe e nunha marcada actitude vintage.

O seu repertorio encaixa á perfección con xoias descoñecidas do garaxe rock e da psicodelia dos anos 60, ofrecendo cancións que alternan entre o inglés e o castelán, pezas instrumentais e vocais, demostrando un amplo abano dinámico que reflicte tanto a súa creatividade como o seu variado ADN musical.

Sobre o escenario, The Killing Floors son sinxelamente electrizantes. Cada concerto é un remuíño de enerxía pura e ferocidade sonora que arrastra o público directamente ao seu universo.
A música, o estilo, as harmonías, a actitude… todo parece auténticamente vivido, non interpretado.

Cada integrante é unha peza esencial dunha máquina de rock ’n’ roll perfectamente engrenada e abraiante, e xuntos crean unha experiencia en directo imposible de ignorar e difícil de esquecer.

🔥 Non volo perdades!

The Killing Floors
Constan Chao

📍UBICACIÓN: Praza da Peixeria
🕒 HORARIO: 21:00H
😊DE BALDE / GRATIS

www.toulinapop.com

-

⚠️ SAVE THE DATE ⚠️O 25.07 temos unha sorpresa para vós.Se compartistes con nós o espírito do Touliña, estamos seguros d...
17/06/2026

⚠️ SAVE THE DATE ⚠️

O 25.07 temos unha sorpresa para vós.

Se compartistes con nós o espírito do Touliña, estamos seguros de que vos vai gustar.

Moi pronto contaremos máis.

📅 25.07
_

😜😜💪💪👌👌
30/05/2026

😜😜💪💪👌👌

13/05/2026
Aínda estamos coa resaca emocional que deixou a fin de semana.Grazas de corazón a toda a xente que se achegou ao festiva...
12/05/2026

Aínda estamos coa resaca emocional que deixou a fin de semana.

Grazas de corazón a toda a xente que se achegou ao festival e que estivo aí ao pé do escenario a pesar do tempo. Porque sí, choveu… pero nin a choiva puido coas ganas de bailar, da música e do ambiente do Rock & Roll 💥

Foi unha edición que queda para lembrar. Concertos brutais, boa xente e unha enerxía incríble durante todo o día.

Grazas ao Concello de Sada polo apoio e colaboración, e unha mención moi especial para Koke Carpente , organizador do TouliñaPop, por todo o traballo, esforzo e paixón para facer posible este festival.

Agora toca recuperar a voz e gardar amplificadores e vinilos… ata a próxima 🎸🔥

Vémonos no seguinte Touliña Pop!

📸 Frankie Gomez

11/05/2026

Dirección

Sada
15160

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Touliñapop publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Touliñapop:

Atajos

Compartir

Categoría