Sada Digital

Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Sada Digital Un espacio para mostrar Sada y la actualidad a través de los medios y otras fuentes Acerca de la página:

Espacio de entretenimiento e información sobre Sada.

No se aprueba el uso de fotografías de este sitio para ser utilizadas con otros fines que no sean divulgar Sada y los eventos que se desarrollan en este municipio. No se aprueban contenidos o comentarios que afecten al honor, la intimidad o menoscabo de terceros

Feliz Día del Pilar!!!Felicidades a todas las Pilares!!! 🥰
12/10/2026

Feliz Día del Pilar!!!
Felicidades a todas las Pilares!!! 🥰

08/09/2026

🔶CORTE DE LUZ NO BARRIO DA TENENCIA🔶
A empresa UFD (Unión Fenosa Distribución), responsable da rede de distribución eléctrica, realizará traballos de mantemento e mellora na rede eléctrica que farán necesario un corte temporal da subministración eléctrica na zona da Tenencia.

A interrupción do servizo está prevista para este xoves, 10 de setembro, entre as 9:00 e as 10:00 horas, cunha duración aproximada de 30 minutos.

Os traballos executaranse na rúa da Igrexa, aínda que o corte afectará tamén ás rúas da contorna.
Segundo indican desde a compañía, estes traballos teñen como obxectivo garantir o correcto funcionamento e mellorar a rede eléctrica. Por este motivo, recoméndase á veciñanza tomar as medidas oportunas durante a interrupción, así como nos momentos previos á mesma.

O corte de luz afectará tamén ao edificio do Concello, polo que o normal funcionamento dos servizos municipais poderá verse afectado durante o tempo que dure a interrupción e ata o restablecemento da subministración eléctrica.

O Concello prega desculpas polas molestias que esta actuación poida ocasionar e agradece a comprensión e colaboración da veciñanza.

08/09/2026

🔶PRAZO EXTRAORDINARIO MATRICULACIÓN ESCOLA MUNICIPAL MUSICA SADA. CURSO 26-27🔶
A Escola Municipal de Música de Sada abre prazo extraordinario de Mattriculación para as segintes prazas:
- 3 prazas de Música e movemento 1º (5 anos cumpridos)
- 3 prazas de Música e movemento 2º
- 2 prazas de Vento – metal (trompeta / trompa)

O prazo para presentar as solicitudes no rexistro municipal será do 7 ao 11 de setembro (inclusive).

O impreso de solicitude de praza poderá descargarse na paxina web municipal e presentarse no rexistro municipal ben sexa presencialmente ou en sede electrónica.

O alumnado de novo ingreso deberá agardar á publicación da listaxe de admitidos, 17 de setembro, e de agarda na web municipal unha vez finalice o prazo.

08/09/2026

🔶FESTA DOS MAIORES DE SADA🔶
A festa dos maiores terá lugar o sábado 12 de setembro de 2026 entre as 18 e as 22 horas no Pavillón Municipal de Sada. Na primeira parte da tarde disfrutaredes dunha deliciosa merenda que sobre as 20 horas dará paso ao baile e actuación musical a cargo de Xilo.

Para asistir é imprescindible inscribirse previamente. As inscricións realizaranse de xeito presencial na Oficina da Xuventude entre o luns 24 de agosto e o venres 4 de setembro en horario de 9 a 14 horas. O número máximo de prazas dispoñibles por cuestións de aforo é de 450 persoas que serán outorgadas por rigurosa orde de chegada.

O único requisito é estar empadroado/a no Concello de Sada e ser maior de 65 anos (ou cumprilos no que queda de ano 2026). Para verificar ambos aspectos, deberán acudir obrigatoriamente co DNI no momento de realizar a inscrición.
Se algún dos asistentes desexa vir acompañado/a poderá facelo sen problema (máximo 1 por persoa inscrita). O/a acompañante non terá que cumprir os criterios de estar empadroado en Sada nin ser maior de 65 anos

08/09/2026

🔶ACTIVIDADES SOCIOCULTURAIS E DEPORTIVAS NAS PARROQUIAS DE SADA - CURSO 2026-2027🔶
Sada organiza, a través da concellería de Promoción Económica, Turismo e Participación Cidadá, actividades e prácticas deportivas dirixidas á poboación adulta co obxectivo da promoción de hábitos de intervención saudables e terapéuticos ademáis de fomentar a participación social no tempo libre.

🔹Actividades a realizar nas parroquias: Pilates - Zumba - Ioga - Horto Urbano.
🔹Prazo de inscrición: Ata o 23 de setembro

ℹ MÁIS INFORMACIÓN, BASES DE PARTICIPACIÓN E FORMULARIO DE INSCRICIÓN DAS ACTIVIDADES PARROQUIAS 2026-2027 (ATA O 23 DE SETEMBRO) - https://acortar.link/tPXd1S

08/09/2026

🔶VOLVEN AS SAÍDAS DE SENDEIRISMO AO CONCELLO DE SADA 🔶

Xa está dispoñible a programación do 3º trimestre de 2026, con tres rutas guiadas por expertos en interpretación medioambiental:

📍 20 de setembro – Terra Chá (Outeiro de Rei) - Inscrición do 7 ao 13 de setembro
📍 4 de outubro – Costa de Laxe
📍 15 de novembro – Serra de Forgoselo (As Pontes)

👉 Todas as actividades son de día completo.

📅 Consulta os prazos de inscrición de cada saída e solicita a túa praza en : https://www.sada.gal/

08/09/2026

🔶A BIBLIOTECA MUNICIPAL RECUPERA O SEU HORARIO HABITUAL🔶
Desde esta mesma tarde e ante o inminente inicio do curso escolar, a Biblioteca Municipal volve a abrir en xornada de mañá e tarde.

Deste xeito, a partires do luns 7 de setembro, os/as usuarios/as poderán facer uso das instalacións de luns a venres de 9 a 14h e de 16 a 20 horas. Os sábados permancerá aberta tamén entre as 10 e as 13 horas

08/09/2026

🔶COMEZA A PROGRAMACIÓN DA AULA CEMIT🔶

Dende este mes de setembro
🕣 Horario de apertura: de luns a venres, de 08:30 a 20:00 h.

💻 Acceso libre aos equipos:
🔹 Martes e xoves: 08:30 – 11:30 h
🔹 Luns e mércores: 16:30 – 20:00 h

📚 No resto do horario desenvolveranse as actividades formativas programadas.

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

📍 8 de setembro
🔸 Google e as súas aplicacións (Internet: ocio e operacións dixitais)
🔸 Guía práctica de entrevistas de traballo (Busca de emprego)
🔸 Marketing e captación de clientes (Formación para empresari@s e emprendedor@s)

📍 21 de setembro
📝 Exames presenciais EMA Teleformación.

📍 7 de outubro
📝 Exame presencial COMDIX Nivel Intermedio (edición outubro 2026).

➡️ Consulta a programación completa e inscríbete nas actividades da Aula CeMIT de Sada.- https://cemit.xunta.gal/es/centros/sada

08/09/2026
08/09/2026

🌊 Canto coñecemos do Golfo Ártabro?

O Golfo Ártabro é un territorio cunha gran riqueza natural, onde o mar e a costa crean espazos de gran valor ambiental. Praias, rías, fondos mariños, especies e ecosistemas forman parte dun patrimonio que está moi presente no noso día a día, pero que non sempre coñecemos en profundidade.

A sede do GALP Golfo Ártabro Sur acollerá o próximo 11 de setembro ás 19:00h, a proxección de “Sal e Barro”, da Sociedade Galega de Historia Natural, unha oportunidade para achegarnos ao noso patrimonio natural e coñecer mellor a riqueza do litoral que nos rodea.

Unha proposta para mirar o noso territorio con outros ollos e descubrir a diversidade natural que temos tan preto.

🌿 E o 21 de setembro, continuaremos falando do noso medio natural cunha xornada do Grupo Naturalista Hábitat dedicada ás algas invasoras, para coñecer máis sobre a súa presenza e o impacto que poden ter nos ecosistemas mariños.

📍 Sede do GALP Golfo Ártabro Sur Casa do Mar, Avenida do Porto, 21 Baixo, Sada

Dirección

Sada

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Sada Digital publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Sada Digital:

Atajos

Compartir